4º ESO
Obradoiro sobre cerámica micénica
A profesora titular de universidade Teresa Amado impartirá un obradoiro de cerámica micénica ao alumnado de Cultura Clásica de 3º e 4º de ESO.
Obradoiro de Apoderamento Lingüístico
O alumnado de 4º de ESO C e D recibirán un obradoiro de "apoderamento lingüístico" impartido pola sociedade cooperativa Rexenerando e ofrecido polo Servizo de Normalización do Concello de Betanzos.
Obradoiro de cibervoluntariado
O día 29 de setembro, os grupos de E4B e E4C acudirán a un obradoiro formativo dunha hora sobre o acceso á tecnoloxía, pensado para dinamizar as TIC no medio rural.
A actividade desenvolverase na Sala Xulio Cuns.
Charla sobre sexualidade e diversidade afectivo-sexual
A entidade SEDRA Galicia ofrece aos grupos de 4º de ESO no Salón de Actos unha charla de sexualidade e diversidade afectivo sexual.
Obradoiro de Ciberactivismo
O grupo de E4D ten un obradoiro de ciberactivismo, onde se abordarán as oportunidades que ofrecen as redes para a intervención social do alumnado.
Obradoiro de Ciberactivismo
O grupo de E4B ten un obradoiro de ciberactivismo, onde se abordarán as oportunidades que ofrecen as redes para a intervención social do alumnado.
Visita a Gadisa
O venres 29 o alumnado das materias de Economía e Obradoiro de Iniciativas Empresariais visitarán as instalacións de Gadisa, no polígono de Piadela.
"Fálame da Emigración". Proxecto interxeneracional co Centro de maiores da Fundación Abanca. Encontros co alumnado de 4º de ESO
Este venres finaliza o proxecto de colaboración coa fundación Abanca, no marco do proxecto interxeneracional "Fálame da emigración".
Hoxe será o turno de E4C e 4D.
Charla de Orientación para 4º de ESO
A Orientadora oferece o venres unha charla sobre saídas académicas e profesionais ao alumnado de 4º de ESO.
"Musiqueando" en Betanzos
O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato acudirán ao Cantón Claudino Pita para interpretar pezas músicas.
É unha iniciativa enmarcada na iniciativa "Musiqueando" da COAEM, consistente en concertos escolares nas rúas e prazas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »