4º ESO

Práctica deportiva. Paddle surf en Mera

04/06/2021 07:30
04/06/2021 12:00
Etc/GMT+2

O vindeiro 4 de xuño o alumnado de 4º C sairá a practicar Paddle Surf nas augas do Seixo Branco e Praia de Mera, nunha actividade organizada polo Departamento de Educación Física.

O alumnado poderá relacionar as actividades físicas na natureza coa saúde e a calidade de vida, así como demostrar hábitos e actitudes de conservación ambiental.

Escuelas de paddle surf en Malaga - Surferos.net

Orientación Académica para 4º ESO

03/05/2021 06:45
03/05/2021 07:35
Etc/GMT+2

 

O vindeiro 3 de maio, ás 8:45, os catro grupos de 4º de ESO participarán nunha actividade de orientación ás 8:45, acompañados polos seus e súas titoras.

A actividade consistirá nunha conferencia telemática impartida polo Equipo de Orientación Específica da Consellaría de Educación.

Orientación educativa, una pieza clave en los centros escolares

Obradoiro de intervención socioeducativa nas aulas (VI)

19/04/2021 07:35
19/04/2021 11:25
Etc/GMT+2

Obradoiro de intervención socioeducativa, enfocado na cocaína, a cargo de Juan Carlos Prados, psicólogo da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos.

  • 4º B, de 9:35 a 10:25
  • 4ºC, de 10:25 a 11:15
  • 4ºD de 12:35 ás 13:25

Obradoiro sobre afectividade sexual (Sexpoint Casco)

25/03/2021 06:45
25/03/2021 08:25
Etc/GMT+2

O vindeiro 25 de marzo, das 08:45 ás 10:25, a asociación Sexpoint Casco, da Coruña, impartirá a segunda sesión do seu obradoiro sobre afectividade e doenzas de transmisión sexual.

Obradoiro sobre afectividade sexual (Sexpoint Casco)

15/03/2021 10:35
15/03/2021 12:15
Etc/GMT+2

O vindeiro 15 de marzo, das 12:35 ás 14:15, a associación Sexpoint Casco, da Coruña, impartirá a primeira sesión do seu obradoiro sobre afectividade e doenzas de transmisión sexual.

Meteosimboloxía en debuxo vectorial con Inkscape, deseño de símbolos meteorolóxicos co alumnado de TIC de 4º da ESO

Este curso en TIC de 4º ESO sumámonos ao proxecto ''Meteoescolas'' e deseñamos os nosos conxuntos de símbolos metereolóxicos para ilustrar o tempo no mapa de Galicia.  

Empregamos para as nosas propostas de ''Meteosímbolos'' o software libre de debuxo vectorial ''Inkscape''.

Animarémonos a facer un noticiario metereolóxico coa nosa propia e particular simboloxía? Quén sabe, mentres tanto, facemos aquí público o noso traballo. Cál é o teu favorito?

ticsbeta

Álbum: Curso 2020-2021 -> Meteoescolas febreiro: Meteosímbolos

Lorena Boquete, científica - Semana da Muller e a Nena na Ciencia

Onte mércores, día 10 de febreiro, a científica Lorena Boquete falou ao alumnado do noso centro sobre a "Tecnoloxía CRISPR".

Lorena Boquete é unha investigadora galega en cancro no proxecto Astra - Zeneca do Laboratorio de Bioloxía Molecular asociado á Universidade de Cambridge.

Álbum: Curso 2020-2021 -> Semana da Ciencia da Muller e a Nena

Charlas na Semana da Muller e a Nena na Ciencia

 

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, e concretamente a profesora María Jesús Santamariña, está a organizar unha serie de charlas telemáticas sobre ciencia que teñen como obxectivo espertar vocacións científicas nas nenas e rapazas do noso instituto.

Entre o 10 e o 18 de febreiro celebraremos, pois, a "Semana da Muller e a Ciencia", co fin de promover a cultura científica en feminino e dar recoñecemento ao traballo de mozas científicas galegas, que están a realizar brillantes investigacións no campo das Ciencias Biomédicas e as Ciencias Sociais.

Videocríticas do alumnado de 4ºESO (1ª parte)

Esta é a primeira das videocríticas que o alumnado de 4º da ESO fixo na materia de Lingua Galega e Literatura. Conteñen unha suxerencia lectora para este Nadal: 'O Corazón de Xúpiter' de Ledicia Costas.

Distribuir contido