Documentos do centro e impresos do Alumnado

Apertura do prazo para reserva de praza do alumnado procedente de centros adscritos para o curso 2023/24

O vindeiro luns 16 de xaneiro ábrese a solicitude de reserva (pécahse o 6 de febreiro) para alumnado procedente de centros adscritos ao IES Francisco Aguiar.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude de reserva dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando o documento, cubrilo e presentalo firmado no centro.

Poden descargar a solicitude de reserva, aquí.

O manual de axuda para solicitar a reserva informaticamente, aquí.

Aberto o proceso de admisión de novo alumnado para curso 2024-2025

 

No vindeiro martes, día 1 de marzo, ábrese o prazo para solicitar a admisión do novo alumnado para o próximo curso.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 1 de marzo e remata o 20 de marzo.

Queda ao dispor das persoas interesadas o modelo de solicitude de admisión e mais as instrucións (ver anexos).

 

Plan de Continxencia do IES Francisco Aguiar

Poñemos ao dispor da comunidade educativa o noso Plan de Continxencia (ver anexo), onde se establecen as medidas en caso de suspensión da actividade lectiva, as medidas para facer efectivo o ensino a distancia e os supostos de reactivación da actividade lectiva presencial, de conformidade coas instrucións da autoridade sanitaria.

Transporte Escolar. Autorización especial para uso de transporte e rutas.

Solicitude de autorización especial para o alumnado da ESO que desexa empregar o transporte escolar  cando a distancia entre o domicilio familiar e o IES sexa maior de 1 Km e  menor de 2 Km e para alumnado de BAC.

(enlace)

 

Rutas para o Transporte escolar

(enlace)

Distribuir contido