Música

Musiqueando 2023

27/04/2023 09:45
27/04/2023 11:25
Etc/GMT+2

MUSIQUEANDO 2023

O vindeiro xoves 27 de abril o alumnado de 1ºBAC da Materia de Linguaxe e Práctica Musical e de Música de 4º ESO (da profesora Alba Alonso); participarán nun concerto na praza do campo de Betanzos.

Dito concerto terá lugar ás 12:00, e poderán achegarse familiares, veciñ@s, amig@s, e xente de Betanzos para disfrutar de varias actuacións musicais en directo e ao aire libre.

É unha iniciativa a nivel estatal, a través da cal se pretende dar a coñecer o que se está a facer nas aulas de música (con moito nivel neste Centro, por certo!).

Así pois, o 27 de abril máis de 40.000 alumnos e alumnas de toda España sairán ás rúas máis importantes da súa aldea, villa ou cidade para amosar o que se fai na materia de Música.

O IES Francisco Aguiar, participa (por segundo ano consecutivo) en dita proposta. Non volo perdades, esperámosvos!!"

 

Visita ao Museo das Mariñas

12/04/2023
Etc/GMT+2

O alumnado de 2º de Bacharelato, da materia Historia da Música e da Danza, visita o Museo das Mariñas, onde relacionarán a a historia da música coa arte e e a cultura en xeral.

Asistencia ao ensaio da Sinfónica da Galiza

21/04/2022 07:00
21/04/2022 10:00
Etc/GMT+2

O alumnado de 2º de ESO A e D asistirá ao ao ensaio da Sinfónica da Galiza.

"Musiqueando" en Betanzos

28/04/2022 09:30
28/04/2022 10:35
Etc/GMT+2

 

O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato acudirán ao Cantón Claudino Pita para interpretar pezas músicas.

É unha iniciativa enmarcada na iniciativa "Musiqueando" da COAEM, consistente en concertos escolares nas rúas e prazas.

Picture

A música e a Idade Media (II)

08/06/2021 10:15
08/06/2021 12:00
Etc/GMT+2

O martes 8 de xuño o grupo de 3ºD de ESO fará unha visita guiada á zona vella de Betanzos, co obxectivo de relacionar a música medieval co resto das disciplinas artísticas da época: arquitectura, escultura e tamén coa sociedade medieval.

Exposición sobre las Cantigas y la música medieval en la Biblioteca Fábrica  de Armas – Biblioteca UCLM

A música e a Idade Media

28/05/2021 10:20
28/05/2021 12:00
Etc/GMT+2

O venres 28 de maio o grupo de 3ºE de ESO fará unha visita guiada á zona vella de Betanzos, co obxectivo de relacionar a música medieval co resto das disciplinas artísticas da época: arquitectura, escultura e tamén coa sociedade medieval.

Exposición sobre las Cantigas y la música medieval en la Biblioteca Fábrica  de Armas – Biblioteca UCLM

Un ano máis, danza no Aguiar da man de Estefi e Alba

 

Un ano máis o noso Instituto, ao achegarse as vacacións de Nadal, ten a sorte de introducir ao alumnado de 4º da ESO no mundo da danza.

Un ano máis,  facemos esta viaxe da man de Alba Fernández e Estefanía Gómez que entusiasman e contaxian cada ano aos nosos alumnos coa danza que elas viven con pasión (seica por iso son contaxiosas)

Ao longo da mañá cada grupo de 4º terá unha sesión con Estefi e Alba (4ºB 1ª hora, 4ºA 2ª hora; 4ºC 3ª hora; 4ºD 4ª hora)

E como remate de festa, na última hora da mañá, os grupos xuntos prepararán a súa actuación de remate. 

 

Non nos resistimos a incluir nesta entrada a testemuña do seu labor cos grupos de 4º de hai tres anos. 

Chegou aos nosos oídos...Xoel A. López Méndez premio de fin de grao

 

Chegou aos nosos oídos... que o ex-alumno Xoel Agustín López Méndez da promoción que se graduou en 2º BAC durante o curso 2013-2014,  acadou a máxima nota (8,53) de cantos músicos concurriron á proba de acceso ás Ensinanzas Superiores de Música na especialidade de clarinete no Conservatorio Superior de Música de a Coruña.

Asemade en xuño de 2015 mereceu o premio extraordinario de fin de grao no Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol.

Dende o Aguiar non podemos menos que felicitar a Xoel e  desexárlle o mellor na súa carreira.

Chegou aos nosos oídos ....doble e musical: Say my name e Lilaina, Rubal e Montero

Chegaron aos nosos oídos....as andainas musicais de algunhas ex alumnas do Aguiar. Por unha banda o concerto de presentación do seu primeiro disco do grupo "Say my Name" ( dos que xa temos falado e empregado algúns dos seus temas para ilustrar as crónicas audiovisuais de actividades do insti') A presentación será o 18 de xullo ás 23 h en Coruña no Pub "Puticlú" con "Us in the mirror" como artista invitado. Entrada gratuita! O ritmo en "Say my name" pono, coa súa batería a ex do "Aguiar", Valeria Rubal. 

Por outra banda  o noso querido grupo de cantareiras, "Lilaina", participa no concerto de inauguración do Festival de Ortigueira ,festival que vén sendo dende 1978 referencia do folk galego e atlántico. Será o xoves 16 de xullo, ás 20.00 h. na Praza de Isabel II. Lilaina está formada polas irmás e ex alumnas do Aguiar: Mariana, María e Alejandra Montero

Rap do Bote_John

O "rap do Bote_John" é unha creación de Marcos Rodríguez Vila coa colaboración de Raúl Fernández e Ángel Amenedo para o programa Querote +

Distribuir contido