Bioloxía e Xeoloxía

Visita ao Domus - 4º de ESO

 

O alumnado de 4º de ESO da materia "Cultura Científica" visitou a DOMus o pasado 7 de febreiro, para participar no taller "PCR. Investigamos a escena do crime".

Experimentando coa técnica da PCR, o alumnado simulou a elaboración de perfís de ADN, tal e como se realiza habitualmente nos laboratorios forenses.

Álbum: Curso 22-23 -> Visita ao Domus - 4º de ESO

Saída didáctica á Domus

07/02/2023 06:45
07/02/2023 12:15
Etc/GMT+2

O alumnado de 4º de ESO visita a Domus para facer prácticas de laboratorio.

Saída á Domus

16/01/2023 06:45
16/01/2023 12:15
Etc/GMT+2

O alumnado de B1A e B2A visitará a Domus para facer prácticas de laboratorio.

Visita á Domus

Pódense ver as fotos da visita ao laboratorio da Domus do alumnado de Bioloxía de 2ºBAC para participar no taller de PCR.

Investigamos a escena do crime. Experimentando coa técnica da PCR, o alumnado simulou a elaboración de perfís de ADN tal e como se realiza habitualmente nos laboratorios forenses.

Álbum: Curso 22-23 -> Visita á Domus

Saída didáctica á Domus.

16/12/2022 06:45
16/12/2022 12:15
Etc/GMT+2

O vindeiro venres 16/12 o alumnado de B2C e B2D coa optativa de Bioloxía visitará a Domus, na Coruña, onde terán ocasión de facer prácticas de laboratorio.

 

Foto

Itinerario Didáctico pola Serra de Forgoselo

A serra do Forgoselo, no concello de San Sadurniño, atópase no extremo sur do proxecto de xeoparque Cabo Ortegal. Os fenómenos graníticos como pedras cabaleiras e abaladoiras, birlos, pías e cacholas obsérvanse en todo o macizo, onde tamén se atopan lagoas e turbeiras naturais. Está declarado Lugar de Interés Comunitario.

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> Serra do Forgoselo

Roteiro pola serra de Forgoselo

03/05/2022 06:45
03/05/2022 16:00
Etc/GMT+2

A saída pretende realizar un estudo da modelaxe granítica, traballar cun mapa topográfico e completar un estudo medioambiental da zona: gandaría extensiva, impacto da enerxía eólica e a rexeneración da mina das Pontes.

Club de Ciencias - "Creando ecosistemas"

 

O luns 30 de novembro e mércores 1 de decembro no club de ciencia do Aguiar estivemos creando ecosistemas: un estanque no xardín e pequenos terrarios en botes de cristal.

Un estanque, por pequeno que sexa, é un mundo acuático rebosante de vida materializada nas formas máis diversas que se poida imaxinar. Estraños insectos, anfibios de complexos ciclos vitais, minúsculos microorganismos planctónicos son algúns dos seus habitantes. Desde o punto de vista didáctico, ofrece a ocasión de gozar observando o asombroso equilibrio ecolóxico que se desenvolve neles.

Álbum: Club de Ciencia 21-22 -> Creando ecosistemas

Conferencia de Sonia Villapol

 

No día de onte, martes 17 de novembro, Sonia Villapol deu unha conferencia no noso centro sobre a pandemia de COVID.

Esta videoconferencia é promovida por IGACIENCIA (Institución Galega de Ciencia) con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galego 2021, que se celebra todos os anos no mes de Novembro.
 
 
 

A investigadora lucense Sonia Villapol (Bretoña, 1977) estudou  o bacharelato no instituto de Meira, licenciouse en Bioloxía na especialidade de Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (2003) e doutorouse na especialidade de Neurociencias na Univesitat Atónoma de Barcelona. Na actualidade traballa no Texas Medical Center de Houston como investigadora principal e profesora. Forma parte do  Equipo de Investigación Internacional da COVID-19, COV-irt.org, no que coordina o equipo de neurocientíficos que analiza como afecta o coronavirus ao cerebro.

Distribuir contido