Bioloxía e Xeoloxía

O Aguiar colaborando na loita contra as velutinas.

Os alumnos de 1º ESO D Sofía Marcote,Nerea Sandá e Daniel Feijoo colgando unha trampa para velutinas nunha camelia do instituto.
Esta trampa forma parte da campaña do concello de Betanzos para a captura de raíñas  de velutinas e foinos cedida polo profesor José Antonio Varela García.

Trampa para velutinas feita polas alumnas de 1ºeso D Sofía Marcote de Bernardo e Nerea Sandá Faraldo

5ª DÍA DA SEMANA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA. Prometemos reincidir!

O certo é que ..., xa comezabamos a acostumbrarnos ao rebumbio científico desta semana que remata enchendo cada recuncho do Aguiar. Máis o venres, como remate,  a traca final.

Un venres para seguir afondando no papel das mulleres na ciencia e na tecnoloxía,

para seguir asombrándonos coa tecnoloxía das placas de Arduino ou Raspberry.

Un venres para seguir xogando co ciencia trivial au cos xogos da saltarina monxa Kenneth,

ou para seguir imaxinando outros mundos, ou estes, mentres construimos hipercubos. 

Venres para afinar o funcionamento de máquinas electropneumáticas ,

ou para volvernos birollos co rotar dos campos magnéticos xiratorios.

Un venres para soñar e desexar a VIIIª Semana da Ciencia e da Tecnoloxía.

 

PROMETEMOS REINCIDIR!

 

 

 

2º XORNADA DA VIIª Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Coa inercia collida, arranca a segunda xornada da VIIª Semana da Ciencia e da Tecnoloxía no Aguiar. 

Moita ciencia nos corridores.

Andares, aulas e laboratorios tomados pola tecnoloxía.

Bibliotecas cheas de alumnos en frenética procura científica

Patios como lugar de xogos...matemáticos. 

Eche o que hai!

Científicos en xerme

 

Sen ningún xénero de dúbidas, a actividade foi todo un éxito de aproveitamento didáctico.

Un somero análise das imaxes e, sobre todo, una consulta aos protagonistas (tanto alumnado como profesoras) da actividade que tivo lugar o pasado 14 de marzo ao laboratoria da DOMUS en A Coruña, revela un grao altísimo de satisfacción coa experiencia.

"Vestirse" de verde_quirófano para facer de investigadores/as e  estudar a eficacia  dalgunhas vacunas contra o VIH; probar o pulso á hora de inocular preparacións en minúsculos recipientes; mirar e observar con atención ;  preguntar aos expertos...

No é posible unha clase mellor da mellor ciencia ( e, hai que dicilo, cuns monitores de "dez" que guiaron a actividade admirablemente)

Laboratorio aberto na Domus de a Coruña

enlace á oferta de laboratorios científicos abertos da DOMUS

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do noso Instituto, neste caso baixo a coordenación da profesora  Chus Santamariña, participarán nos laboratorios abertos que ofrece a DOMUS de A Coruña a escolares. 

A primeira visita, o mércores 14 de marzo,  terá como protagonista ao alumnado de BAC 1º A. 

Celebrando, anticipado o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A nosa humilde ( non por ilo menos entusiasta) participación no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, consitíu  por parte de futuras científicas, na presentación ao resto dos seus compañeiros e compañeiras de pequenos experimentos científicos. 

Convivindo con música e máscaras de antroido,  a experiencia tivo lugar na Biblioteca durante os recreos do día 9 de febreiro e acompañouse cunha pequena exposición de publicacións alusivas ao tema da muller e a ciencia. Estiveron animadas e coordinadas pola nosa compañeira Chus Santamariña.

Premios de fin trimestre

Co remate de trimestre, e no festival que se celebrará no Salón de Actos do noso instituto o xoves 21 de decembro, entréganse tamén varios premios.

É a pequena recompensa polo traballo creativo ou investigador realiazo polo alumnado no primeiro trimestre.

 

Xa demos conta dos premios relativos aos "haikus contra a violencia de xénero"(enlace) e a Carta a un maltratador(enlace). Hoxe recibirán o merecido galardón

Tamén terán a súa recompensa no citado festival

  • Nerea Viqueira Pena. Como gañadora do concurso de Ciencia na biblioteca do mes de novembro recibirá como premio unha película de tema científico.

 

  • Asemade farase entrega dos premios aos Christmas Cards gañadores:
    • 1º premio para Tomás Mahía Vázquez ("from Betanzos to the world... merry Christmas")
    • 2º premio para Alba Roca  Maceira ( flores de papel de nadal)
    • 3º Premio para Etienne Sánchez Porta ( co seu reno cantor)

Memoria da VI Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Por fin, a MEMORIA  da VI Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Xoves da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Continúa a avalancha de actividades da ciencia e tecnoloxía.

Segue a traballar no corridor de entrada a impresora en 3 D

Seguemos a calcular as aúreas proporcións do noso alumnado

...

incorpórase unha actividade útil e interesante...nocións básicas sobre SOPORTE VITAL

Martes da VIª Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Continúa a tolemia científico-tecnolóxica no Aguiar cun programa que abarca dende o clima ata a impresión en 3D,  pasando por campos magnéticos e os coches segueliñas ou pola reflexión sobre o consumo de azucre....e hoxe, moi especialmente, un interese especial no asunto do turismo,  posto que este ano 2017 foi declarado pola ONU Ano Internacional do Turismo Sostible 

Distribuir contido