Bioloxía e Xeoloxía

Observacións de aves no Pazo de Mariñán

O martes 25 de febreiro o intrépido alumnado de 3º D ,desprazarase nas horas da tarde ata o Pazo de Mariñán. Alí , dirixidos polo seu arriscado e aventureiro  profesor  de Ámbito Científico, Emilio Duque,van  participar nunha actividade de observación de  aves.

Agardamos que á volta nos conten a experiencia e traian algunhas fotos da mesma ...e que non lles ocorra como ao neno da imaxe inferior.

"Invasións Biolóxicas" Conferencia de Mª Inmaculada Romero Buján

O luns 10 de febreiro, no marco do programa  "A Ponte" da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar no "Aguiar" unha nova conferencia impartida por unha profesora universitaria.  Nesta ocación contaremos coa presenza de Dna. Mª Inmaculada Romero Buján,  docente no Departamento de Botánica en dita Universidade, que disertará sobre "Invasións Biolóxicas".

A esta conferencia estarán invitados alumnos e alumnas  de 2º BAC da materia Ciencia da Terra e oalumnado de 1º BAC que cursan a materia de bioloxía.  Terá lugar no Salón de Actos do noso Instituto ás 11.45.

O Uso dos Bosques. Conferencia de Dn. Emilio Carral Vilariño

Novamente no marco do Programa "A Ponte" da USC docentes universitarios desprázanse ata o "Aguiar" para impartir docencia.

Nesta ocasión, o Departamento de Ciencias Naturais, Bioloxía e Xeoloxía,  traenos a Dn. Emilio Carral Vilariño, profesor de Bioloxía Celular e Ecoloxía na Escola Politécnica Superior de Lugo.

A súa conferencia versará sobre os "Usos dos Bosques" Terá lugar no Salón de Actos do noso Instituto a partir das 11.45 hs.

SEGUNDA SEMANA DA CIENCIA E A TECNOLOXÍA

II Semana da Ciencia e a Tecnoloxía

Celebrada do 29 de abril ao 3 de maio de 2013


Por segundo ano consecutivo celebrouse no Instituto esta Semana, coa que se quere fomentar a cultura científica dos nosos alumnos e motivalos na aprendizaxe das ciencias e a tecnoloxía.

Cartel

Esta actividade foi organizada polos profesores Luísa Muíño (Departamento de Física e Química) e Juan Neira (Departamento de Tecnoloxía), colaborando Emilio Duque ( Departamento de Bioloxía e Xeoloxía) e na elaboración do cartel os alumnos de María del Carmen Núñez Faraldo (Departamento de Tecnoloxía).

Preparamos nas semanas anteriores a alumnos voluntarios que actuaron como monitores e foron os auténticos protagonistas destas xornadas, tanto na realización como na explicación dunha serie de proxectos e experimentos aos compañeiros doutros niveles, facendo que a semana fora amena e educativa á vez. As experiencias resultaron atractivas tanto para os alumnos/as que as realizaron como para os que as recibiron.

Todo este traballo completouse con dúas conferencias. Na primeira, con Paulino Gasalla, responsable do área de Astronomía e Contaminación Lumínica da “Sociedade Galega de Historia Natural” de Ferrol, efectuamos unha imaxinativa viaxe espacial. Saíndo da Terra nunha hipotética nave percorremos o Sistema Solar, visitando todos os planetas, os seus satélites, asteroides, planetoides, cometas, etc, para despois entrar na Vía Láctea onde visitamos estrelas, nebulosas, supernovas, novas, cúmulos abertos, cúmulos pechados, nacemento de estrelas, galaxias satélites, galaxias do Grupo Local, e penetramos no Espazo Profundo, onde atopamos grandes galaxias, choques galácticos, cúmulos de galaxias, cuasares e así ata chegar aos confíns do Universo Coñecido.

Na segunda, Antonio Sanduende Otero, responsable do Departamento de Servizos Enerxéticos na empresa Punto de Solucións de Enxeñería Galega, S.L.L. e Consultor de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética, falou da enerxía solar térmica e fotovoltaica e as súas aplicacións prácticas.


Os proxectos e ensaios realizados podedes velos resumidos brevemente no seguinte arquivo:

II Semana da Ciencia e a Tecnoloxía

Cartel

Do 29 de Abril ao 3 de Maio de 2013

Por segundo ano consecutivo vaise a celebrar no Centro a Semana da Ciencia e a Tecnoloxía, organizada polos profesores Mª Luisa Muíño, Juan Neira e Emilio Duque.

Levaranse a cabo demostracións do funcionamiento de distintos proxectos de Tecnoloxía e de fornos solares,  experimentos nos laboratorios de Física e Bioloxía, e as conferencias “Unha viaxe espacial” por Paulino Gasalla e "A enerxía solar e as súas aplicacións prácticas" por Antonio Sanduende.

Pódese consultar o programa no ficheiro adxunto.

 

 

Saída a Chelo

mandeo23 de Maio de 2012

Organizada por Gonzalo Tizón do Departamento de Ciencias Naturais, excursión a Chelo e visita á Aula da Natureza de Chelo para alumn@s de 1º de ESO.

Pdf da aula da natureza de Chelo.

 

 

Fotografía www.riomandeo.com/

Visita ao Muncyt da Coruña

6-Xuño-2012

Os presentamos a Marilú, la compañera de Pepexán en la sala E... on Twitpic

 

O alumnado de 3º C da ESO acompañado dos profesores Emilio Duque do departamento de Bioloxía e Carmen Núñez do departamento de Tecnoloxía visita o recentemente inaugurado Museo Coruñés.

Pola miña parte, estou deseando coñecer a Marilú (na foto).

Fotografía na galería de Twitpic do @Muncyt

Visita ao Museo das Brañas de Valga en Mesía

museo brañas de valga

11 e 16 de Maio de 2012

Organizado por Juan Neira do departamento de Tecnoloxía e por  Gonzalo Tizón do departamento de Bioloxía e Xeoloxía. O alumnado de 2º de ESO visitará a Aula da Natureza e Museo Etnográfico das brañas de Valga. foto http://aulanatureza.concellodemesia.es/

Charla sobre transplantes

14-decembro-2011

transplantesDestinada ao alumnado de 2º de Bacharelato e organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. De 11:30 a 13:00 no salón de actos do edificio principal.

Para máis información preme na imaxe ou no enlace.

 

.

Visita ao CHUAC

logo chuac

20 de Xuño de 2011

Visita ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) do alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato.

chuac

Distribuir contido