Animación á lectura, Recomendámosche, Os nosos blogs, Blog da Biblioteca "Alto Risco"

HORA DE LER #DÍA DE ROSALÍA

18/02/2024 10:33
Europe/Andorra
 
Nesta semana na que se conmemora o día de Rosalía, convidamos a ler unha escolma dos seus poemas e o relato de Xosé Neira Cruz, A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro.
 
E por que non viaxar da man de Larraitz Urruzola!!!!
 
 
 
 
 
 

A viaxe de Rosalía de Larraitz Urruzola.  

 

AELG

HORA DE LER

04/02/2024 15:10
Europe/Andorra

 

 

 

Preámbulo de entroido...

Entroido, antroido, entroito... son nomes que proceden do termo latino Introitus: entrada. O termo carnaval procede de expresión Carne vale (adeus á carne).
 
   No Libro de Buen Amor, un texto do século XIV aparecen mencionados por primeira vez, nunha obra literaria, Don Carnal e Doña Cuaresma. Este episodio é unha alegoría que representa ás Carnestolendas como Don Carnal, un home mundano e amante dos praceres, e do outro lado a Cuaresma como Doña Cuaresma, muller recta e pura.
   Ademáis desta proposta informativa para disfrazarmos con fundamento neste tempo, tamén quedan a disposición do lector un relato de Carlos Casares, un relato de Clarice Lispector e unha antoloxía de poesía amorosa de Jorge Reichman.
 
 
 

HORA DE LER

28/01/2024 17:54
Europe/Andorra

A muller que pintou Edward Hooper está a ler (a Biblia?). 

O cadro leva o título Habitación de hotel [1931].

A muller que está sentada na sala 45 do Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, aínda que sexa na pantalla do seu móbil, probablemente estea a facer o mesmo: por que non pensar que estea a ler o que se di do pintor da soidade.

Entre as suxestións de lectura desta semana, dous textos nos que a literatura dialoga coa arte.

HORA DE LER

09/12/2023 22:00
Europe/Andorra

 

Que á calor da lareira recobren vida as travesas da tarima. 

O soño da madeira: volver a ser árbore. 

Aprenderemos iso, e tantas cousas máis, lendo os relatos de Lina Meruane e Carlos Casares. 

O poder da palabra. 

HORA DE LER

26/11/2023 12:17
Europe/Andorra

Chaves que abren portas. 

Atravesar o limiar lendo a Yolanda Castaño ou a María Dueñas para acubillarmos ao abrigo das súas palabras.

ENCONTRO CON BRAIS LAMELA

26/11/2023 09:48
Europe/Andorra
 
 
Cando o lector de Ninguén queda remata o preámbulo da obra, xa queda advertido da singularidade da peza. Esta é a ladaína: Barcela, A Barqueira, Colomba, Lorizo, Pena de Nogueira. Os nomes das aldeas asolagadas: os abelorios dun rosario que alguén deixou durmido, sobre as sabas revoltas da cama sen fazer dun estudante estranxeiro.
 
Traspasado en silencio o limiar, o barullo das moitas voces da cidade de Nova York, o estrondo do tráfico, e mesmo o estremecemento dos edificios sostidos por andamios voluntariosos, envisgan a melodía do Allegro deconstruído dunha Raphsodia in blue, pulsada, na boca do metro, polo clarinetista que espera xuntar as moedas necesarias para pillar algo no Deli.
 
Arthur Tannenbaum existe. As cidades bombardeadas, lamentablemente, tamén existen. A memoria esnaquizada dos desposuídos, dos exiliados, merece ser preservada, reconstruída, na procura da xusticia, ou cando menos, para alivio do loito, porque «as cousas teñen o seu sitio e cando as cambias de lugar, poden aguantar pero o máis seguro é que non dean aguantado».
 
E a continuación, o estudante retornado se deixa acompañar na súa viaxe a Ernes polo Lamento de Marcial del Adalid. A serenidade que ofrece o Largo non deixa de suliñar unha evidencia: a muller fotografada por Ulric Benman non é outra que Leonita Portela. No faiado da casa comunitaria pelexa coa couza o museo etnográfico de Ernes.
 
Esa e a melodía que atravesa Os que marchan e Os que volven
 
E así quedamos nós, os netos dos famentos comedores de patacas, os fillos da clase media, esperando a que o rider chegue axiña á casa co noso pedido: dous ou tres cartóns de pringles cos que contentar a nosa bulímica cegueira.
 
Ou non...
 
Porque cando no fío musical de calquera ascensor da cidade de Nova York asome A house is not a home, Brais Lamela deberá recordar as sabias palabras de Blas Lamela: «...ti sempre dis non queda ninguén ou non queda nada pero algunha cousa paréceme a min que queda».
 
Francisco Rodríguez Coloma [Texto]
&
 Ana Tomé [Fotografías]

HORA DE LER

28/10/2023 17:05
Europe/Andorra

 

Death Reading from a Human Lectern, Congregation in Background.
Así consta referenciado na Biblioteca Museo Morgan (NYC) este singular debuxo do pintor romántico Eugenio Lucas Velázquez (Madrid, 1817-1870).
Con esta ambientación, resulta fácil comprender que, nesta semana de defuntos, unha axeitada proposta de lectura debe incluír unha antoloxía de microrrelatos de terror e relatos como estes de Edgar Allan Poe e Ramón Otero Pedraio.
 

HORA DE LER

30/09/2023 19:58
Europe/Andorra

 

Son moitos os motivos polos que achegarmos á plataforma 9 ¾™ da estación de King's Cross. Probablemente os nosos lectores viaxeiros no estean a ler no xornal ningunha nova sobre o encontro de Harry coa familia Weasley ou sobre a maldición de Voldemort. 

Tampouco algún dos relatos londinenses de Doris Lessing ou un dos relatos de Xesús Fraga recollidos do seu particular A-Z.

Ou si?

HORA DE LER

24/09/2023 10:36
Europe/Andorra

No cumio da rolda de actividades posibles que imaxinou Cinta Vidal, quedou a hora de ler.

Entre as suxestións de lectura, os relatos de Maggie O'Farrell e Medos Romero.

HORA DE LER

15/09/2023 16:53
Europe/Andorra

 

 

Basta pechar os ollos

para que o ulido do iodo e das algas

rolde o nariz.

Aínda recorda a bronceada pel o tacto da area,

pero outros tempos,

 

os da nostalxia?,

 

son chegados...

 

 

Distribuir contido