Articles
Estadía en Manzaneda
Hoxe cediño iniciouse a aventura "Estadía en Manzaneda" con alumnado de 1º da ESO... e xa podedes ver nas fotos que non perderon o tempo! Levan toda a tarde facendo diferentes actividades e recoñecendo os espazos.
Visita de Andrea Maceiras
O alumnado de E1 puido gozar da visita da escritoria Andrea Maceiras.
Día das Letras Galegas - Meteoscolas
Co gallo do Día das Letras Galegas, o alumnado de Proxecto Competencial de 1º ESO D/E plasmou algúns dos refráns e ditos populares relacionados co tempo que foron recollidos na Fase I de "Refráns Meteorolóxicos" de Meteoscolas. Toda a comunidade educativa participou ao longo do curso aportando refráns dos seus lugares, primando a zona de Betanzos e das Mariñas. Mestúranse así aportacións do alumnado de todos os niveis con algúns do profesorado, de administración e de conserxería. Proximamente, procederase á Fase II de gravación dos mesmos na Radio do instituto por parte do alumnado e dos familiares que se queiran achegar a gravar.
Carreira Solidaria
O alumnado de E1 participa na Carreira Solidaria por Betanzos organizada polo CEIP Vales Villamarín.
Contacontos - Día das Letras Galegas 2024
O alumnado de E1 asistíu a unha actividade de Normalización sobre Luísa Villalta da man de Polo Correo do Vento, organizada polo concello de Betanzos e o Equipo de Dinamización Lingüística.
Charla sobre os perigos do alcohol e do tabaco
Lucía Fernández, enfermeira exalumna do instituto, xunto con Javier Viaño, compañeiro de profesión, viñeron hoxe ao centro a impartir unhas charlas sobre os perigos do alcohol e do tabaco para o alumnado de 1º da ESO.
Cinema in English
O alumnado de 1º da ESO foi ao Teatro Alfonsetti a ver unha película en inglés subtitulada en español. A actividade, organizada polo departamento de inglés, tenta poñer en valor este tipo de visionado, xa que é unha maneira sinxela de afacer o oído aos sons estranxeiros e aprender vocabulario.
Plan Director: TIC/Ciberseguridade, Acoso/Ciberacoso
Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos
Dentro deste plan, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, alumnado de 1º da ESO asiste a charlas sobre TIC/Ciberseguridade e Acoso/Ciberacoso.