Articles

Procedementos de reclamación

 

PROCEDEMENTOS DE RECLAMACIÓN

Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.

Obradoiro de dobraxe

26/09/2024
Etc/GMT+1

Hoxe tivemos o pracer de contar con Manuel Pombal e Suso Pando, grandes actores, locutores, realizadores, directores, guionistas, dobradores... Ofreceron un espectáculo para o alumnado de 1º de Bac no que aprenderon, de maneira lúdica, como funciona a dobraxe. Moitísimas grazas ao Concello de Betanzos por ofrecernos este obradoiro!

 



n/d

Horario de chegada de Manzaneda

25/09/2024
Etc/GMT+1

Estadía en Manzaneda

23/09/2024
Etc/GMT+1

Hoxe cediño iniciouse a aventura "Estadía en Manzaneda" con alumnado de 1º da ESO... e xa podedes ver nas fotos que non perderon o tempo! Levan toda a tarde facendo diferentes actividades e recoñecendo os espazos.

Comezamos o intercambio EduMob!

17/09/2024
Etc/GMT+1

A nosa alumna de 1º de Bacharelato, Sofía Suárez Sánchez, xa está en Metz no marco do intercambio do programa Edumob de @edu.xunta . Pasará aló un mes coa súa correspondante do Lycée de la Communication, que pouco tempo despois virá a Betanzos a convivir un mes máis con nós.
Gran experiencia e un lugar idílico para gozala!

 


 

Reunión Estadía en Manzaneda

11/09/2024
Etc/GMT+1

Creamos palabras - Fundamentos léxicos

01/07/2024
Etc/GMT+1

Nun mundo globalizado, e no que os avances científicos son constantes, é importante ter mecanismos para crear novos termos que sexan duradeiros no tempo. Por iso, acudimos ao léxico do grego clásico. O alumnado de Fundamentos Léxico xogou a crear novos termos que ben poderían xurdir nun futuro.

 

Radio Ciencia na nube

 O alumnado de Cultura científica de 1º de Bacharelato iniciou  este ano o noso programa de radio de divulgación científica: ¨Ciencia na nube¨. A continuación tedes os tres primeiros programas de radio que esperamos que sexan dunha longa serie que se continúe nos vindeiros cursos.

No primeiro episodio Aaron, Alonso, Marcos e Murilo achégannos aos misterios do enigmático Universo facendo un repaso das películas de cienciaficción que se recrean nos seus misterios. Enlace ao podcast

 
No segundo capítulo Héctor, Javier, Lucas, Marcos e Santiago fan unha reflexión científica sobre as fobias. Enlace ao podcast

 
Por último no terceiro episodio Celia, Cristina, Héctor, Lúa e Nadia axúdannos a diferenciar a ciencia da pseudo ciencia.  Enlace ao podcast

 

 

Na aplicación iivox podedes atopar estes e outros episodios do programa:

 

Catalogación das árbores do instituto

19/06/2024
Etc/GMT+1

O alumnado de 3 ESO de proxecto competencial estivo a catalogar as numerosas árbores (cerca de 200!) que temos no no noso instituto. Abundan os plátanos e os chopos, destacan os catro cedros, gustan as froiteiras... e protexen os do sol os castaños de indias. Ademais, loureiros, aligustres, carballos e freixos confiren un vizoso aspecto ao noso fermoso patio. Só nos faltan os bancos de Teka para sentirnos en Hyde Park!

Para complementar a catalogación, a técnica de Turismo do Concello de Betanzos explicounos cousas curiosas relacionadas cos espazos verdes de Betanzos: que o parque actual ía ser un complexo deportivo; que a praza do concello tiña Magnolios (só queda o da foto) e que a Praza do Campo, onde se facía o mercado (e se fai), estaba tamén arborada.