Articles

Colaboración co CEIP Vales Villamarín: CURTAS MUSICADAS

21/11/2023
Etc/GMT+1

Hoxe será a primeira de 5 sesións nas que o alumnado de Música de 4º da ESO de Alba Alonso acollerá a diferentes clases de infantil do CEIP Vales Villamarín e lles amosará o seu traballo: o musicado dunha curta!

Ao final de cada sesión, serán os pequenos e pequenas os que farán iso mesmo, con instrumentos sinxelos de percusión.

O lugar elixido, a biblioteca!

@bescolaresgal

Música de terror

O pasado mes de octubro, aproveitando a festividade do Samaín, o alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Linguaxe e Práctica Musical estivo traballando en clase sobre as características e recursos musicais empregados nas películas de terror. Como proxecto final fixeron e interpretaron as súas propias composicións de música de terror. Este é o resultado. Consello: non escoitar a escuras porque lograron dabondo o obxectivo!

    1   

    2   

    3   

    4   

    5   

Resumo 2ª reunión Andorra

Achegamos información sobre a 2ª reunión da viaxe á neve a Andorra prevista para xaneiro de 2024 para todos aqueles que non puideron asistir (pinchando na imaxe, accédese á presentación).

Día internacional da filosofía.


(Pincha na imaxe para acceder á galería)

O día 16 de novembro celebramos o Día Internacional da Filosofía reinterpretando o "Símil da caverna" de Platón.

 

 

Repensando a sexualidade

29/11/2023
Etc/GMT+1

Obradoiro sobre igualdade ofertado polo Concello de Betanzos, co gallo do 25N.

XOGADE

24/11/2023
Etc/GMT+1

O IES Francisco Aguiar presentou equipo feminino e masculino en categoría cadete (2009-2010) para participar no Cross. Ambos os dous equipos clasificáronse para a fase provincial, que se disputará en Noia no mes de marzo. Os vencedores da proba foron Xiana Seijo e Ángel López. Parabéns!

Charla sobre o Banco de Alimentos

15/11/2023
Etc/GMT+1

César de la Fuente, voluntario do Banco de Alimentos Rías Altas e Coordinador de Centros Educativos, acode a noso instituto para falarlle ao alumnado de 4º da ESO do traballo que realiza o Banco, da importancia da soliedariedade e da campaña Gran Recollida de Alimentos.

2ª Reunión Viaxe a Andorra

21/11/2023 17:15
Etc/GMT+1

 

Unha vez recibidas todas as solicitudes de participación na viaxe á neve (Andorra) de alumnado de 3º da ESO, convócase aos proxenitores a unha segunda reunión para revisar a información e aclarar dúbidas.

 

 

Visita a Sotavento

15/02/2024
Etc/GMT+1

Visita organizada polo departamento de Tecnoloxía para alumnado de ESO2.

O bo tempo non acompañou, polo que a visita centrouse nun percorrido polo interior das instalacións do parque.

Alí, o alumnado puido coñecer de primeira man como funcionan os xeradores eólicos, os distintos tipos de placas fotovoltaicas e que fontes de enerxía están involucradas na xeración de electricidade en España. Ademais, experimentaron con pequenos paneis solares para facer uns circuítos nos que se acendía unha pequena lámpada con enerxía xerada pola luz solar.

Por outra banda, tamén puideron visitar unha casa bioclimática na que o aproveitamento dos recursos (electricidade, auga e calor) é máxima, xa que está pensada para minimizar o gasto e optimizar tanto a radiación solar incidente coma o uso da auga nos aseos. Comprobaron que utilizando o o sentido común e con pequenos xestos cotiáns, unha familia pode reducir o consumo enerxético de forma considerable.

Agora toca aplicar o aprendido na casa!

Visita a Sotavento

18/01/2024
Etc/GMT+1

O xoves 18 de xaneiro o alumnado de 2º ESO C e D visitou o parque eólico experimental de Sotavento, situado na Serra da Loba, entre os termos municipais de Xermade (Lugo) e Monfero (A Coruña).
Alí os rapaces e rapazas, ademais de comprender como funcionan os aeroxeradores dos parques eólicos,
puideron coñecer as diferentes fontes de enerxía que se utilizan para producir electricidade no noso país, destacando a importancia das fontes de enerxía renovables.
A última parte da saída estivo enfocada á eficiencia e ao aforro enerxético coa visita a unha vivenda bioclimática, onde lles ensinaron diferentes técnicas para aproveitar ao máximo os recursos naturais dos que dispoñemos na nosa contorna, reducindo deste modo o impacto ambiental e contribuíndo a un desenvolvemento sostible.