Articles
Procedementos de reclamación
PROCEDEMENTOS DE RECLAMACIÓN
Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.
- Enlace á Instrución 10/2023 - PROCEDEMENTO E DATAS 2024
- Enlace á Orde de 2 de marzo de 2021
- Modelos reclamación á cualificación: (premer na palabra a cor)
- Ao centro editable Ao centro para cubrir a man
- Á Xefatura Territorial editable Á Xefatura Territorial para cubrir a man
Torneo de Xadrez . Final de curso 202/23
Enviado por Anónimo o Xov, 22/06/2023 - 12:33
O último día de clase celebrouse no patio do instituto un Campionato de Xadrez onde participaron 20 alumnos e alumnas do centro, seleccionados de entre os mellores de cada aula. Tras varias eliminatorias moi competidas acadaron os 4 primeiros postos os seguintes alumnos:
1º Mario Fernández Vázquez 3º C
2º José Acón Fragoso 2º B
3º Pedro Rafael de Farias Alves 2º C
4 º Samuel Edreira Pita 2º C
Todos os participantes recibiron como agasallo un libro de xadrez cedido pola Federación Galega.
O Concello de Betanzos regalou os trofeos para os gañadores.
METEOESCOLAS: PAPAVENTOS
O alumnado de proxecto competencial está a indagar sobre a construción dos papaventos. Como resultado do seu proxecto, fixeron os seguintes podcast na radio do IES Francisco Aguiar onde poñen en relación a construción dos papaventos e a meteoroloxía, e que podemos escoitar a continuación:
Podcast 1: https://www.ivoox.com/cometas-audios-mp3_rf_110306535_1.html
O alumnado de 3ºESO ofrécevos unha alternativa para esta finde... voar un papaventos. Pero como se manteñen no aire?
Eles explícannolo.
Podcast 2: https://www.ivoox.com/segundo-podcast-sobre-cometas-audios-mp3_rf_110306762_1.html
Despois de teren traballado todo o curso cos papaventos chegou o momento, temos que voalas... pero onde?
O alumnado de 1ºB fixo ese traballo de investigación por vos.
Podcast 3: https://www.ivoox.com/cometas-3-audios-mp3_rf_110306931_1.html
Os nosos compañeiros/as de 1A tentaron saír a volar os seus papaventos feitos en proxecto competencial.
Ainda que tiñan o lugar, grazas ao noso segundo podcast sucedeu o inimaxinable...
As condicións metereolóxicas non nos acompañaron. Isto fíxolles reflexionar sobre o tempo e as catástrofes que este provoca co que decidiron facer este último podcast.
Última convocatoria do Club de Lecturas e obradoiros
Rematamos o club de lectura! Non te perdas os últimos obradoiros deste curso. Poderás anotarte nas follas que están no encerado branco á entrada da Biblio. Esperámoste!
AXUDA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/24
Veñen de ser publicada a convocatoria de AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR do próximo curso académico.
Poden consultar toda a información no seguinte enlace.
"bd. ban-de". Revista de Banda Deseñada do IES Francisco Aguiar nº 15
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Francisco Aguiar publicou, un ano máis (e van 15!), a súa revista de banda deseñada, Ban-De, que ten como eixe temático o Parque enciclopédico do Pasatempo.
(Podedes acceder á revista picando no enlace)
Festival das Letras Galegas
Con motivo do Día das Letras, o día previo organizamos un festival de música, canto e baile de tradición galega, para a etapa da ESO, na última hora da mañá e da tarde.
Charla de Orientación Académica para 4º de ESO
Este mércores os grupos de 4º teñen unha charla de orientación académica, que corre a cargo do Equipo de Orientación Específico.
Obradoiros na biblioteca
Enviado por Anónimo o Mér, 26/04/2023 - 11:01
Xa están funcionando os Obradoiros de celebración do día do libro! O venres xoves estrenámonos con origami, o venres lettering e o luns radio.
Lembrade que non tedes que anotarvos antes, só tedes que acudir á Biblio no recreo e solicitar o material do Obradoiro que queirades facer (lettering, origami, ioga e meditación, chapas, radio e creación de libros pop-up).
Aquí tedes unha mostra do feito e tamén unha foto da Biblio no recreo. Dá gusto ver a Biblio con tanta xente!!
Sodes todos e todas moi ben benvid@s!!