Actividades e Concursos

Coñece a túa biblioteca

                 O alumnado novo xa visitou "oficialmente" a biblioteca. Desenvolveuse o pasado martes día 3 de outubro a xornada de presentación para cada un dos grupos de 1º da ESO.

            En primeiro lugar, foron informados dos servizos que presta a biblioteca do centro, das súas normas de funcionamento e mais da organización e colocación dos fondos. Ao final da sesión, eles mesmos tiveron que atopar un libro dos que se lles proporcionaban os datos precisos, cos que previamente foran familiarizados.

            Pola súa parte, o alumnado de bacharelato de novo ingreso no centro, recibiu xa na semana anterior, a derradeira de setembro, a Guía da biblioteca 2017 / 2018

"Romeo y Julieta" no IES Castelao

      Tivemos a sorte de poder asistir o mércores día 21 de xuño á representación dunha adaptación de Romeo e Xulieta de William Shakespeare a cargo dun grupo de rapaces do Instituto República Oriental do Uruguai.

       Baixo a dirección da súa profesora Estela Lago, este grupiño de actores noveis, "Arte nuevo", demostrou o que se pode conseguir con ganas e esforzo e nós como espectadores puidemos comprobar o resultado: un traballo moi ben feito que merece todos os nosos parabéns.

VI Xincana na Biblioteca

          Nestas últimas semanas do curso desenvolvéronse na biblioteca unhas probas nas que o alumnado de 1º da ESO tivo que demostrar a súa capacidade para manexarse dentro da biblioteca na busca de información en libros (ou sobre libros) e revistas, no ordenador, ...

"Libremos" o instituto

Libremos o instituto !

       Para celebrar o Día do Libro convidamos a adornar o instituto coas portadas dos nosos libros favoritos.

Ponlle o título ao teu e decórao, se queres. Recórtao ben, sobre todo nos vértices superior esquerdo e inferior dereito e…

Pégao na ringleira de azulexos escuros dalgún corredor.

23 de Abril: Día do Libro

           O día 23 de abril foi escollido como Día do Libro por coincidir nel o falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e mais o Inca Garcilaso de la Vega, no ano 1616.

"As palabras poden axudar a cambiar a vida e a cambiar o mundo"

          Iso pensaba Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947-Vigo, 2016), a quen queremos recordar especialmente na HORA DE LER desta semana de abril tan próxima ao 2 de abril, Día do Libro Infantil e Xuvenil.

          Porque Agustín Fernández Paz é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no conxunto do Estado. É autor de máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros están traducidos a outras linguas: castelán, catalán, éuscaro, portugués, coreano, búlgaro, inglés, chinés, árabe francés e italiano.

Sorteo do segundo trimestre entre os lectores da Biblioteca

          O pasado venres 31 de marzo celebramos o sorteo correspondente ao segundo trimestre entre os lectores da biblioteca do centro. Unha man inocente de 4º C procedeu a extraer da urna na que se depositan as fichas dos libros devoltos en prazo a que resultou nesta ocasión tocada pola fortuna, que  foi a de...

Danna Pombo Artiles de 1º Bac-A

Parabéns!

2 de abril: Día do Libro Infantil e Xuvenil

 


          Desde 1967, o día 2 de abril celébrase este Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. A celebración é promovida polo IBBY (International Board on Books for Young People) coa finalidade de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e de promover a lectura entre os máis novos.

     Podes ler a continuación a explicación que dá o escritor ruso Sergei Makhotin do lema desta edición do Día:

Medremos co libro!

28 de marzo: 75º aniversario da morte de Miguel Hernández

                                                                                                                                                                                

     Continuamos recordando a Miguel Hernández; nesta ocasión podemos ver exposto no vestíbulo parte do traballo sobre esta figura da literatura española levado a cabo por un grupo de alumnas de 4º A.

     A súa tarefa tamén incluía o comentario das famosas "Nanas de la cebolla", que ofreceron na clase aos seus compañeiros -ao expoñeren o traballo- na versión musicada por Serrat.

27 de marzo: Día do Teatro

      Dado que o 27 de marzo se celebra o Día do Teatro (así como o día 21 foi o Día da Poesía), desde a biblioteca non queremos deixar pasar a ocasión sen dedicarlle unha atención especial  con estas pouquiñas sesións de lecturas:

      Grazas a unha iniciativa da UNESCO este día foi creado en 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (ITI), organización internacional non gobernamental no dominio das artes escénicas.
     Fíxase o 27 de marzo porque era o día no que se inauguraba en París o festival “Teatro das Nacións, ITI, UNESCO” que reúne a representantes de todos os países do mundo.   


     O teatro emociona, alumea, incomoda, perturba, alporiza, revela, provoca, transgrede. É unha conversa compartida coa sociedade. O teatro é a primeira das artes en se confrontar coa nada, coas sombras e mais co silencio para que xurdan a palabra, o movemento, as luces e a vida.


     Tense anunciado desde sempre a morte do teatro, especialmente despois de apareceren o cine, a televisión e os novos medios. Mais…

      O teatro sempre estivo e sempre permanecerá [Anatoli Vassiliev, Rusia]

Distribuir contido