23 de Abril: Día do Libro

           O día 23 de abril foi escollido como Día do Libro por coincidir nel o falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e mais o Inca Garcilaso de la Vega, no ano 1616.

          Celébrase internacionalmente desde  2001 e por iniciativa de UNESCO escóllese cada ano unha Capital Mundial do Libro, honra que lle ten correspondido a cidades como Madrid (a primeira), Montreal, Nova Delhi, Alexandría ou Bangkok. Este ano é Conakry, capital de Guinea, polo seu investimento na alfabetización.

          Pero en España celébrase xa desde 1930. Este Día ten como finalidade fomentar a lectura e modernamente, tamén a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor.

          Para celebrar esta festa desenvólvense unha chea de actividades relacionadas co libro e a lectura, desde as institucións e nos centros de ensino. Nós tamén o celebraremos, como non, lendo.

          E para que poidamos empezar xa, propoñémosvos desde a Biblioteca para a  HORA DE LER deste 20 de abril do 2017:

- Un fragmento do famoso discurso de Don Quixote aos cabreiros sobre a idade de ouro

- O comezo de Sin noticias de Gurb de Eduardo Mendoza, escritor galardoado este ano co Premio Cervantes

          Pasádeo ben, porque, como dixo Mario Vargas Llosa no seu discurso de recepción do Premio Nobel de Literatura 2010, cómpre que sigamos lendo (e escribindo),"la más eficaz manera que hayamos encontrado de aliviar nuestra condición perecedera, de derrotar a la carcoma del tiempo y de convertir en posible lo imposible".