Actividades e Concursos

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

 

  O 18 de decembro de 2017 o alumnado de 3º ESO A reuniuse no recreo para falar sobre unha das obras  escollidas para este curso no Club de Lectura: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, editado por Xerais e gañadora do Premio Lazarillo 2015.

A novela conta unha historia fantástica no Vigo do 1884: O escritor Verne, xa famoso grazas ás súas novelas, volta a Vigo para coñecer persoalmente o novo invento de Antonio Sanjurjo Badía –un submarino-, que está inspirado no Nautilus co que o capitán Nemo percorría os fondos de Rande en Vinte mil leguas baixo dos mares. Ademais, está moi interesado no enigma sobre mulleres que se converten en plantas.

"Todos deberíamos ser feministas" de Chimamanda Ngozi Adichie

    O pasado venres 19 de xaneiro de 2018 xuntámonos no recreo para comentar este libriño.
    Valoración unánime: “Encantoume”. A uns porque nos reafirmou no que xa pensabamos, a outros porque nos axudou a ver as cousas de maneira máis clara, porque afonda na cuestión de forma moi comprensible,  tamén porque presenta a situación dunha maneira cómica ou desenfadada, sen acritude…
    Hai quen ataca as feministas por non defender tamén os dereitos dos homes pero estes, en comparación, téñenos bastante ben consolidados.
    Valoramos moi positivamente esta lectura e todos os participantes nesta sesión consideramos que segue habendo moitos prexuízos na sociedade, herdeira dun modelo absolutamente patriarcal.

HORA DE LER - Jules VERNE, "Vinte mil leguas baixo dos mares" (capítulos XXIII e XXIV). Fin da primeira parte da novela

   
   Un cemiterio de coral
(Do 10 ao 20 de xaneiro de 1868)
           [Jules VERNE, Vinte mil leguas baixo dos mares, XXIII-XXIV. Fin da 1ª parte]


AEGRI SOMNIA
    O 10 de xaneiro, o Nautilus continuou a súa travesía cunha gran velocidade que calculei en non menos de trinta e cinco millas por hora.
    Navegabamos directamente cara ao oeste e o 11 de xaneiro dobramos o cabo Wessel. Os arrecifes aínda era numerosos, pero xa máis dispersos. O 13 de xaneiro, o capitán Nemo chegou ao mar de Timor e á illa deste nome, que está gobernada por raxás. Estes príncipes din que son fillos de crocodilos. Os seus escamosos antergos abundan nos ríos da illa. Mais o Nautilus non tivo ningunha relación con estes desagradables animais. Timor só foi visible por un instante.
    A partir de aquí o Nautilus enfiou cara ao sudoeste. A proa púxose rumbo ao Océano Índico. Onde nos levaría a fantasía do capitán Nemo? Subiría de novo cara ás costas de Asia? Achegaríase ás costas de Europa? O futuro xa nolo diría.

Sorteo do primeiro trimestre entre os lectores da Biblioteca

          Como xa vén sendo habitual, á fin de cada trimestre unha man inocente saca da urna unha das fichas dos libros prestados que foron devoltos EN PRAZO. Desta maneira pretendemos incentivar que todo o mundo se afaga a non incumprir as normas do servizo de préstamo de libros no tocante ao prazo de devolución, en beneficio de TODOS.

          Á volta das vacacións de Nadal, polo tanto, extraeuse unha desas fichas, no sorteo correspondente ao primeiro trimestre, e resultou nesta ocasión a gañadora do VALE de 25 € para a compra dun libro Svetlana, alumna de 2º ESO-A.

          Parabéns e a seguir lendo a ese ritmo!

Na procura dos libros prohibidos. Novas fotos

Subimos á galería máis fotos da actividade "Na procura dos libros prohibidos"

Álbum: Curso 2017/2018 -> Libros prohibidos

Nadal na Biblioteca

         Chegando estas datas, sempre resulta agradable a lectura de textos ambientados nas festas desta época ou ben no inverno sen máis. Con ese motivo reunimos na biblioteca ao alumnado de 1º da ESO e levamos adiante unha serie de lecturas colectivas en voz alta, nalgúns casos de textos en forma dramatizada, de maneira que todos os alumnos participan.

 

Álbum: Curso 2017/2018 -> Nadal na biblioteca

Jules VERNE, "Vinte mil leguas baixo dos mares", capítulos XX-XXII

Paso do estreito de Torres. Uns días en terra
(Do 4 ao 9 de xaneiro de 1868)


    Durante a noite do 27 ao 28 de decembro, o Nautilus abandonou os mares de Vanikoro a toda velocidade.  O 1 de xaneiro de 1868 Conseil reuniuse comigo na plataforma.
    - Señor –díxome o valoroso rapaz-, permíteme que lle desexe un bo ano?
    - Por suposto, Conseil! Como se estivese en París no meu despacho do Xardín de Plantas. Só che preguntarei que entendes por “un bo ano”: é o ano que porá remate ao noso cativerio ou o ano en que continuaremos esta estraña viaxe?
    - Abofé que non sei que dicirlle ao señor! Estamos a ver cousas moi curiosas e a última marabilla sempre é a máis sorprendente; se esta progresión se mantén, non sei como acabará isto. Nunca máis volveremos ter unha oportunidade semellante.
    - Xamais, Conseil.
    - Ademais, o señor Nemo, que xustifica ben o seu nome latino, non é máis molesto que se non existise.

Nadal na Biblioteca

              Chegando estas datas, sempre resulta agradable a lectura de textos ambientados nas festas desta época ou ben no inverno sen máis. Con ese motivo reunimos na biblioteca ao alumnado de 1º da ESO e levamos adiante unha serie de lecturas colectivas en voz alta, nalgúns casos de textos en forma dramatizada, de maneira que todos os alumnos participan.

           Neste curso escollemos para estas LECTURAS DE NADAL algúns clásicos da literatura universal como “Vanka” de A. Chéjov, “El regalo” de Ray Bradbury ou adaptacións teatrais en galego de “A vendedora de mistos” de H. C. Andersen e “O príncipe feliz” de Oscar Wilde; tamén lemos a historia que Agustín Fernández Paz sitúa nesta época titulada “Un conto de Nadal”, que aparecera nun xornal galego o 23 de decembro do 2012.

Premios do II Concurso de microrrelatos fantásticos e de terror

          Nesta segunda convocatoria o Concurso de microrrelatos fantásticos e de terror contou con trece participantes, aos que felicitamos en xeral polos seus traballos.

          Pódense ler a continuación o microrrelato premiado e mais outro que obtivo unha mención especial pero non resultou premiado por non axustarse a todos os requisitos da convocatoria.

          Parabéns a todos e a seguir aterrorizando lectores!!!

Distribuir contido