Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

 

  O 18 de decembro de 2017 o alumnado de 3º ESO A reuniuse no recreo para falar sobre unha das obras  escollidas para este curso no Club de Lectura: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, editado por Xerais e gañadora do Premio Lazarillo 2015.

A novela conta unha historia fantástica no Vigo do 1884: O escritor Verne, xa famoso grazas ás súas novelas, volta a Vigo para coñecer persoalmente o novo invento de Antonio Sanjurjo Badía –un submarino-, que está inspirado no Nautilus co que o capitán Nemo percorría os fondos de Rande en Vinte mil leguas baixo dos mares. Ademais, está moi interesado no enigma sobre mulleres que se converten en plantas.

O alumnado destaca a orixinalidade da obra pola súa fantasía: a existencia das mulleres planta como novos  seres mitolóxicos no mundo oceánico das illas Cíes, no que Galicia se converte no centro do mundo do mar.

Aos alumnos gustoulles tamén a ambientación  da novela en Vigo, cidade que  presenta como mariñeira,  marítima e centrada no comercio xa no século XIX.

Así mesmo poñen de relevo a presenza de Jules Verne na nosa cidade e a súa relación con Sanjujo Badía.

Outros alumnos botaron de menos saber algo máis da vida actual de Lila, a bisneta de Violeta e narradora da historia.

A novela gustoules moito aos alumnos pola historia chea de fantasía que nos conta  e pola ambientación na nosa cidade.

Resultado de imagen de jules verne e a vida secreta das mulleres planta