Actividades e Concursos

Galeón

     Interpretación dun galeón da batalla de Rande dos que o capitán Nemo obtiña recursos e que visitou o 18 de febreiro.  Cumpríanse 150 anos da súa visita.

Viaxando pola ría de Vigo

     Cando os tripulantes do Nautilus chegaron hai 150 anos á nosa ría verían algo semellante a isto: a biodiversidade da ría de Vigo presentada polos rapaces dos primeiros da ESO.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Viaxando pola ría de Vigo

Menús

     Ao longo da viaxe coñecemos algúns dos alimentos, non só mariños, que consomen os tripulantes do Nautilus. O alumnado, tanto de Bioloxía como de Educación Física, analizou os valores nutritivos dalgúns menús.

Caderno de bitácora

     Nesta sección imos percorrendo o itinerario do Nautilus e marcámolo no mapamundi que temos no vestíbulo.  Na vitrina expoñemos obxectos e elementos referidos ao lugar correspondente.  A viaxe submarina iníciase o 8 de novembro a 300 millas do Xapón.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Caderno de bitácora

Día Internacional do Teatro 2018

         

          O 27 de marzo celébrase esta festa, a dunha das artes máis antigas e que sobrevive ao empuxe do cine, da televisión e doutros medios existentes na actualidade. Fanse en todo o mundo representacións conmemorativas desta data.

HORA DE LER - Jules VERNE: "A conquista do Polo Sur" ("Vinte mil leguas baixo dos mares", capítulos XIII-XIV, 2ª parte)

A conquista do Polo Sur

(21 de marzo de 1868)

      O Nautilus retomara a súa imperturbable dirección cara ao sur. Quería chegar ata o Polo? Non o cría, xa que ata entón todas as tentativas de alcanzar ese punto do globo fracasaran.

      O 14 de marzo albisquei xeos flotantes, simples restos pálidos de vinte a vinte e cinco pés, formando escollos sobre os que batía o mar. O Nautilus mantíñase na superficie do océano. Ned Land, que pescara nos mares antárticos, estaba familiarizado co espectáculo daqueles icebergs. Conseil e mais eu admirabámolos por primeira vez.

HORA DE LER - Jules VERNE: "Cachalotes e baleas" ("Vinte mil leguas baixo dos mares", capítulos X-XII, 2ª parte)

      

                                 Cachalotes e baleas

                                (14 de marzo de 1868)

    Do 23 de febreiro ao 12 de marzo, o Nautilus, sen deixar o medio do Atlántico, transportounos a unha velocidade constante de cen leguas diarias. O capitán Nemo quería, evidentemente, cumprir o seu programa submarino, e eu non dubidaba que el desexaba, tras dobrar o cabo de Hornos, volver aos mares austrais do Pacífico.
    Ned Land tiña, polo tanto, razón para o seu receo. Non se podía intentar abandonar o barco nin existía ningún medio para se opoñer  á vontade do capitán Nemo. A única opción era a de someterse, mais a min gustábame pensar que poderiamos obter a través da persuasión o que non se consegue nin con forza nin con maña. Unha vez rematada a viaxe, non consentiría o capitán Nemo en devolvernos a liberdade baixo o xuramento de non revelar xamais a súa existencia?

A señorita Bubble

                                       A señorita Bubble  

 Ledicia Costas

 

A señorita Bubble chegara á vila 15 anos atrás e dende o primeiro momento os veciños non a quixeron. Dixeron que ocupara unha mansión que non era súa, o que era falso; que ía vestida de xeito raro, que era estranxeira, que tiña un singular xeito de vivir, que  inventaba cousas raras…, ata chegaron a dicir que secuestraba nenos e que era meiga. Pero no interior da mansión da señorita Bubble sucedían cousas marabillosas…

Distribuir contido