Actividades e Concursos

Traballando sobre os menús de "Vinte mil leguas baixo dos mares"

          Como traballo voluntario, o departamento de Educación Física propuxo ao alumnado de Anatomía Aplicada, de 1º de bacharelato, a análise nutritiva de polo menos catro dos menús inxeridos durante a viaxe do Nautilus, incorporándose así ao proxecto impulsado desde a Biblioteca.

         A continuación pódense ver os requisitos esixidos para o traballo e o labor levado a cabo por dous alumnos en cadanseu adxunto.

David SÁNCHEZ, El bailarín de fuego

      Algo insólito: un rapaz de 16 anos publica unha novela. E estuda no IES Castelao.
     Por iso, o pasado venres, dentro das celebracións organizadas arredor do Día do Libro, David Sánchez presentou o seu libro na Biblioteca do centro para algúns alumnos de 4º de ESO, que puideron satisfacer a súa curiosidade facéndolle preguntas a este autor novel, a quen felicitamos de corazón.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Presentación do libro de David Sánchez

Jules Verne: Os límites da imaxinación

     Con este título pódese visitar –se un non é obxector á actual forma de xestión do MARCO, onde se atopa-  unha exposición que contempla desde diferentes ópticas a proxección do escritor no mundo e os mundos que creou ou nos que se inspirou.

      O pasado mércores 25 de abril visitámola cos tres grupos de 1o da ESO e mais con 2º ESO-C.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Jules Verne: Os límites da imaxinación

Hora de ler

 

A lura xigante
(20 de abril de 1868)
[Jules VERNE, Vinte mil leguas baixo dos mares, XV-XVIII, 2ª parte]


     O 22 de marzo comezaron os preparativos da partida do Polo Sur. Tivemos que sortear grandes dificultades pois o Nautilus encallou de novo. Desta vez non foi un incidente como no Estreito de Torres, senón un auténtico accidente xa que un enorme iceberg virou sobre si mesmo e nos pechou toda saída.
    Bloqueados deste xeito, houbemos quedar sen aire. Pero por fin puidemos emerxer e encher de aire puro o Nautilus. Debía ser 28 de marzo.
     O Nautilus navegaba a vertixinosa velocidade.
     - Por certo –dixo Conseil-, imos en boa dirección?
     - Imos –respondín-, porque imos cara ao sol, e aquí o sol é o norte.
    - Sen dúbida –seguiu Ned Land-. Mais falta saber se imos para o Pacífico ou para o Atlántico, é dicir, a mares frecuentados ou desertos.

O IES Castelao nos Encontros PLAMBE do venres 13 de abril

     O Ies Castelao estivo representado o pasado venres nos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2017/2018 celebrados no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela entre as 10 da mañá e as 8 (máis ben 8:30 da tarde).

Antes da viaxe submarina

Lectura e estudo da causa que orixina a expedición na que nos atoparemos co Nautilus.

Peixes na rede

Interpretación da fauna submarina polos alumnos de 4º e de 1º da ESO.

Flora e fauna Papuxanas

     Cando o Nautilus encalla no estreito de Torres e algúns tripulantes van a terra, o alumnado estuda a flora e a fauna da zona.

Distribuir contido