Actividades e Concursos

2 de abril: Día do Libro Infantil e Xuvenil

 


          Desde 1967, o día 2 de abril celébrase este Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. A celebración é promovida polo IBBY (International Board on Books for Young People) coa finalidade de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e de promover a lectura entre os máis novos.

     Podes ler a continuación a explicación que dá o escritor ruso Sergei Makhotin do lema desta edición do Día:

Medremos co libro!

28 de marzo: 75º aniversario da morte de Miguel Hernández

                                                                                                                                                                                

     Continuamos recordando a Miguel Hernández; nesta ocasión podemos ver exposto no vestíbulo parte do traballo sobre esta figura da literatura española levado a cabo por un grupo de alumnas de 4º A.

     A súa tarefa tamén incluía o comentario das famosas "Nanas de la cebolla", que ofreceron na clase aos seus compañeiros -ao expoñeren o traballo- na versión musicada por Serrat.

27 de marzo: Día do Teatro

      Dado que o 27 de marzo se celebra o Día do Teatro (así como o día 21 foi o Día da Poesía), desde a biblioteca non queremos deixar pasar a ocasión sen dedicarlle unha atención especial  con estas pouquiñas sesións de lecturas:

      Grazas a unha iniciativa da UNESCO este día foi creado en 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (ITI), organización internacional non gobernamental no dominio das artes escénicas.
     Fíxase o 27 de marzo porque era o día no que se inauguraba en París o festival “Teatro das Nacións, ITI, UNESCO” que reúne a representantes de todos os países do mundo.   


     O teatro emociona, alumea, incomoda, perturba, alporiza, revela, provoca, transgrede. É unha conversa compartida coa sociedade. O teatro é a primeira das artes en se confrontar coa nada, coas sombras e mais co silencio para que xurdan a palabra, o movemento, as luces e a vida.


     Tense anunciado desde sempre a morte do teatro, especialmente despois de apareceren o cine, a televisión e os novos medios. Mais…

      O teatro sempre estivo e sempre permanecerá [Anatoli Vassiliev, Rusia]

21 de marzo: Día da Poesía

           Gloria Fuertes naceu o 28 de xullo de 1917. Celébrase este ano o centenario do nacemento desta poeta, que foi moito máis que poeta para nenos: vanguardista, rebelde,  impulsora da palabra e da poesía, defensora da cultura e da alfabetización, loitadora contra a discriminación e a inxustiza, poeta social... poeta "de guardia" como se chamou a si mesma.


                                           21 de marzo: Día da Poesía

AUTOBIOGRAFÍA

Gloria Fuertes nació en Madrid
a los dos días de edad,
pues fue muy laborioso el parto de mi madre
que si se descuida muere por vivirme.

8 de marzo: Día Internacional da Muller

         

          UN POUCO DE HISTORIA

          O 8 de marzo celébrase en todo o mundo desde 1977 o Día Internacional da Muller. Conmemórase tamén desde as Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países.
          O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita plurisecular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.

[Clica aquí para seguir lendo]

Sorteo de San Valentín

         
          Lucía Pereira resultou a afortunada.

          Dado que este ano se cumpren 75 da morte de MIGUEL HERNÁNDEZ, quixemos empezar a recordalo con algúns dos seus poemas de amor con motivo do día de San Valentín, o 14 de febreiro.

O poema máis votado

          Ao redor de San Valentín organizouse unha votación para escoller un poema de amor de Miguel Hernández.

          O resultado foi o seguinte:

          A xuízo dos 36 participantes, sacando os 9 votos que foron nulos (por non teren nome ou xustificación razoada ou por non indicaren ningún poema entre os posibles), estes resultaron os poemas con máis aceptación:

7 votos: Me tiraste un limón, y tan amargo

Día da Ilustración: Miguelanxo Prado

                                      

            Entre os ilustradores actuais destaca sen dúbida a man de Miguelanxo Prado.

          Expóñense no vestíbulo con motivo do Día da Ilustración algunhas obras súas, libros ilustrados por el e mais algunha información arredor do seu traballo.

Ilustrámonos sobre Castelao

         

          O día 30 de xaneiro de 1886 nacía en Rianxo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

          Desde 2014 celébrase en Galicia nesa data, cada 30 de xaneiro, o Día da Ilustración, recordando o seu nacemento.

        Xa que o noso instituto leva o seu nome, desde a biblioteca adicamos uns días a coñecelo un pouco mellor, sobre todo o alumnado novo no centro.

Aniversario do pasamento de Camilo José Cela

 

          Hai quince anos, o 17 de xaneiro do ano 2002, falecía en Madrid Camilo José Cela Trulock.

          Foi escritor (novelista, poeta, dramaturgo, articulista  -colaborador predilecto de ABC-), pintor, actor, viaxeiro-vagabundo, axitador cultural...

          Naceu en Iria Flavia (Padrón) o 11 de maio de 1916.

          Continúa lendo para ver a súa biografía ou clica aquí se queres ler algún texto.

Distribuir contido