27 de marzo: Día do Teatro

      Dado que o 27 de marzo se celebra o Día do Teatro (así como o día 21 foi o Día da Poesía), desde a biblioteca non queremos deixar pasar a ocasión sen dedicarlle unha atención especial  con estas pouquiñas sesións de lecturas:

      Grazas a unha iniciativa da UNESCO este día foi creado en 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (ITI), organización internacional non gobernamental no dominio das artes escénicas.
     Fíxase o 27 de marzo porque era o día no que se inauguraba en París o festival “Teatro das Nacións, ITI, UNESCO” que reúne a representantes de todos os países do mundo.   


     O teatro emociona, alumea, incomoda, perturba, alporiza, revela, provoca, transgrede. É unha conversa compartida coa sociedade. O teatro é a primeira das artes en se confrontar coa nada, coas sombras e mais co silencio para que xurdan a palabra, o movemento, as luces e a vida.


     Tense anunciado desde sempre a morte do teatro, especialmente despois de apareceren o cine, a televisión e os novos medios. Mais…

      O teatro sempre estivo e sempre permanecerá [Anatoli Vassiliev, Rusia]