Nestas últimas semanas do curso desenvolvéronse na biblioteca unhas probas nas que o alumnado de 1º da ESO tivo que demostrar a súa capacidade para manexarse dentro da biblioteca na busca de información en libros (ou sobre libros) e revistas, no ordenador, ...
Participaron, repartidos en grupos de cinco ou seis alumnos os tres grupos de 1º e estes foron os tres equipos finalistas:
1º ESO A: María, Carla, Fátima, Salah e Diego
1º B: Alejandro, Iván, Adelina, Iago, Lucía e Samuel
1º C: Daniel, Daniela, Carlos, Lucía e Miguel
Eles foron os máis rápidos dos seus respectivos cursos en resolver estas oitos probas que se lles propuxeron:
1- En varias linguas
2- Literatura
3- Cómics
4- Dicionarios de galego
5- Dicionarios de castelán
6- "Tangram"
7- National Geographic
8- Rematamos en verso
Como gañadores, participaron na GRAN FINAL do día 21 de xuño.