Educación física de primaria

ACTIVIDADES NA CLASE

 Con constancia e esforzo acadamos bos resultados. Aquí temos a mostra, mirade que chulos quedamos practicando o morcego nas cordas.

 

 

 

 

 

 

A dor nas mans queda esquecida grazas á satisfacción da tarefa ben desenvolvida. Non si? 

SODES UNS AUTÉNTICOS CAMPIÓNS!!

 

CHEGA O NADAL

 E co nadal chega unha época de ilusión e xogos. Aquí estamos representando o trineo de Papá Noel, con renos e todo!

 

 

 

Que disfrutedes tod@s destas fantásticas festas!

 

XOGAMOS A BALONCESTO

Hoxe, @s alumn@s de 5º e 6º estivemos con Finso e Fruqui, monitores do clube de baloncesto Río Ulla de Pontecesures. Ao igual que o curso pasado, presentáronnos este deporte e animáronnos a practicalo con eles no seu clube.

Velaquí distintos momentos durante a sesión:

 

 

 

E agora.... TOD@S A XOGAR A BALONCESTO!!

5º PRACTICA PIRAGÜISMO

 Hoxe si!!!!. Aquí temos ao alumnado de 5º na súa experiencia co remo...

Primeiro visitamos as instalacións :

 

 

Vimos os diferentes tipos de embarcacións 

Velaquí o grupo listo para a actividade 

As primeiras nocións sobre o deporte: como collemos e manexamos a pá. 

Expertos non, pero cáseque. Mirade que ben posamos para a foto.

 E despois da ducha e a merecida merenda, rematamos cun bonito paseo ata as Torres.

 Reiteramos o noso agradecemeto ao clube As Torres Romería Vikinga de Catoira por ofrecernos a posibilidade de disfrutar desta magnífica experiencia. 

E lembrade que os que queirades practicar este deporte non tendes máis que poñervos en contacto co clube. Estanvos agardando!

6º PRACTICA PIRAGÜISMO

 Hoxe fomos ao río Ulla co clube As Torres de Catoira para unha toma de contacto cun deporte acuático: o piragüismo.

 

 

 

Foi unha xornada agradable disfrutando do deporte ao aire libre.

 

E ata nos deu tempo de facer un pequeno paseo ata as Torres.

 

Finalmente fixemos unha foto en plan "Vikingo" cos drakkar de fondo

 

Pasámolo moi ben! Agradecemos ao clube a súa disponibilidade.

Mañá volveremos co alumnado de 5º.

CONTINUAMOS COS DESAFÍOS COOPERATIVOS

 Ao longo das últimas sesións de E.F. continuamos vendo a importancia da cooperación no grupo traballando cos desafíos físicos cooperativos.

Vemos algúns exemplos:

 

 

 

 

RECUPERAMOS XOGOS TRADICIONAIS

Nas últimas sesións de E.F. recuperamos os xogos tradicionais, que ademáis de mellorar o compoñente motriz nos axudan a traballar valores como a colaboración, o respecto, a tolerancia,...

 

 

Os máis pequenos disfrutamos descubrindo as diferentes combinacións que nos ofrece o xogo da goma.

DESAFÍOS FÍSICOS COOPERATIVOS

 Non hai nada imposible

 

 

 

 

Coa axuda dos compañeir@s somos quen de superar todos os retos. Non hai máis que ver as caras de satisfacción cando superamos o desafío.

Ánimo chic@s!!

DEBUXOS

  É un gustazo publicar os debuxos d@s alumn@s. Grazas chic@s!! 

 

 

O ENTROIDO CHEGA DE NOVO

O entroido chega de novo outro ano máis, e con el os nosos amigos Papafilloas, Trotón e Galopín. Imos xogaaaaaar!!

 E, como mandan as consignas, hoxe viñemos deportivos: futbolistas, ciclistas, piragüistas,... VIVA O DEPORTE!!

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet