Educación física de primaria

10 RAZÓNS PARA PRACTICAR DEPORTE

Comparto convosco un enlace dunha nova publicada hoxe en A Voz de Galicia no que podemos ver os beneficios da práctica habitual do deporte. Lede a nova e.... A PRACTICAAAAAAAAR!!!

XOGAMOS LIBREMENTE

Xogamos libremente co material do que dispoñemos, sempre coidándoo e compartíndoo:

 

 

 

  

 E despois destas sesións de xogos non nos queda máis que desexarvos a tod@s que pasedes un bo nadal!!

Teremos tempo para descansar, ler, xogar, estar coa familia,... e recuperar enerxías para a volta.

  BOAS VACACIÓNS PARA TOD@S!!

 

XOGAMOS CON XORNAIS

O papel de xornal préstase para xogos psicomotrices. Neste caso facemos unha representación das árbores no outono: como caen, como quedan as nosas prazas e alamedas, o vento toleirón que revolve todo, o traballo dos varredores...

 

 

 

 

AS LEONAS EN DUBAI

Mirade no enlace a selección española de rugbi femenino, onde temos á nosa amiga Vanessa, preparándose para competir en Dubai.

Está en selección 7 feminino.

FOTOS RUGBI

Aquí vos deixo unha presentación con imaxes recollidas durante a actividade. Agardo que vos gusten.

RUGBI FEMENINO

Onte quedámonos coas gañas de ver a Vanessa Rial, veciña de Boiro e xogadora na selección nacional de rugbi. Aceptara o compromiso de visitarnos pero cruzouse Dubai no seu camiño. E é que Vanessa está feita unha VIAXEIRA: Agora mesmo está en Dubai e de alí viaxará a Tokio, Hong Kong, Pekín, As Vegas, Canadá, Arxentina,... competindo e preparándose para afrontar as próximas Olimpiadas en Brasil. 

Aquí vos deixo o enlace do vídeo promocional de rugbi femenino no que ela tamén participa.

 

 

CLUBE RUGBI BARBANZA

Déixovos a información sobre o clube para @s que esteades interesad@s:

 

 

APRENDEMOS A XOGAR AO RUGBI

Onte achegáronse ao noso CPIP Hadrián e máis Siso, membros do Clube de Rugbi Barbanza. Con eles aprendemos un montón sobre este deporte. Antes de nada vimos unha presentación na pizarra dixital da aula:

 

Plantexamos todas as dúbidas que se nos ocurrían e a continuación baixamos ao pavillón para practicaaaaaarrrr!

 

 

 

 

 

As placaxes, o ensaio, o touch, os pases,... tan só nos faltou a melé e o 3º tempo!!!

Moitas grazas ao clube por presentarnos este deporte!!!

e xa sabedes que, se vos gusta entrenar, van iniciar unha escola deportiva en Rianxo.

              ÁNIMO E A XOGAR AO RUGBI!!!

PROTOCOLO DAFIS

Ao longo desta semana estamos a pesarnos, medir a altura e o perímetro de cintura e cadeira. 

Se picas no enlace poderás ver os protocolos e informarte sobre o proxecto.  

XOGAMOS CON CASTAÑAS

Preparamos as actividades a desenvolver no magosto:

 

 

 

 

 

 

O come-castañas, as carreiras, a raia,... AS CASTAÑAS DAN MOITO XOGO!!

Verémonos o xoves no magosto!! e despois de xogar... A COMEEEEEEER!!!

Powered by Drupal - Design by artinet