Educación física de primaria

A través do espello

Podemos observar o noso corpo e o dos demáis, percibir o espazo, comunicarnos cos outros ao través do espello. Unha mirada diferente.

 

Aquí podedes ver as fotos da actividade.

Os Trompos

Ao longo deste primeiro trimestre, dentro do proxecto INTERXERAMOS, adicamos moito tempo aos xogos tradicionais e, dentro destes, o trompo ocupa un lugar de honor. Non tanto polo xoguete en si como polos momentos compartidos cos avó/as, nais/pais... Velaquí demostracións entre a leña, na cociña, no corredor, no garaxe, na eira... calquer lugar é bo para a práctica deste xogo e as posibilidades son infinitas.
Agradecemos ás familias a colaboración prestada para que este proxecta vaia adiante.
Deixamos unha presentación cos videos presentados.

Última semana

A última semana antes das vacacións de nadal adicámola a xogar libremente compartindo materiais, espazos, tempo e ledicia.
Os carriños de rodas dan moito xogo pero tamén hai quen aproveita para practicar o seu deporte favorito ou a coreografía do festival.

Trompos ao camiño

O alumnado de Primaria segue a tope cos trompos. Cada día máis membros no clube e un truco novo. Ánimo, chicxs! A seguir practicando!

Enlace ao vídeo da actividade.

Exploramos o papel como recurso en EF.

Cos máis pequenos exploramos o papel de xornal na sesión de EF. Coordinación, habilidade manual, puntería, arrastres,... diversión!

 
 
 
 

Desprazamentos

Exploramos diferentes formas de desprazamentos. Traballo en grupo, creatividade, respecto, movemento, ...

Enlace ás fotos: https://drive.google.com/drive/folders/1-N03otoW7V19CNIErFnuhETwMbh76CTD?usp=sharing_eil_se_dm&ts=63752233

 

QUENTANDO MOTORES PARA O SAMAGOSTO

Ao longo da semana previa ao samagosto nas clases de EF xogamos con castañas. Come-castañas, camiños, a raia, xogos de puntería,... pasámolo ben mentras practicamos! E o venres... teremos que comelas!

  

 

XOGOS TRADICIONAIS

Lembrades a cantiga?
"Chinita unha.
Chinita dúas.
Chinita tres.
Chinita catro.
E a que sobra, para o meu gato."

Mentres traballamos a habilidade manual.

 

E quen non xogou a pase-misí?

Xogos de parellas e de gran grupo que enriquecen.

 

 

 

XOGOS CON CAROZOS

Aproveitamos o tempo da colleita para traer a clase carozos de millo e damos renda solta á creatividade. Creacións individuais, en pequeno e gran grupo. A imaxinación non ten límites. Quedan máis sesións con este material que nos permitirá desprazarnos, saltar, facer malabarismos,... É que os carozos, dan moito xogo!

 
 

LIGA DE TROMPOS

Xs alumnxs de sexto pegamos nun cartel os nosos cromos para participar na liga de trompos. Animamos a todo o cole a participar!


Powered by Drupal - Design by artinet