Lingua Galega

A CONTRALUZ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Aquí tedes a nova obra de arte do noso alumnado. Esta vez foron os alumnos e alumnas de 4º de ESO, coa colaboración dos seus compañeiros de secundaria e guiados polo profesorado dos departamentos de música, plástica e galego así como o equipo de normalización lingüística, os que realizaron este magnífico vídeo para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia Cara Ás Mulleres que se celebra o 25 de novembro. Con este vídeo, alumnos e profesores tratan de sensibilizar á comunidade educativa e a todos aqueles aos que lles chegue a gravación sobre a necesidade de educar en igualdade e de que sexan os homes tamén quen se levanten contra esta lacra que ameaza a practicamente todas as sociedades do mundo.

GRAN TRABALLO RAPACES, RAPAZAS E PROFESORADO!!!!!

ENLACE AO VÍDEO

Hoxe, ademais, realizamos un fermoso acto abrindo a nosa porta violeta...a porta foi construida e decorada polo alumnado de 4º de ESO na materia de Tecnoloxía. Léronse fragmentos de poesías e pegamos as fotos de todos, profes,a lumnos/as e persoal non docente. E AO ENTRAR, LIBEREIME. ESe é o lema deste acto, na espera de que poidamos liberarnos destas actitudes sexistas e da violencia de xénero. Un ano máis traballamos en pro da igualdade.

Os artistas que construiron a porta..


Algúns momentos do acto

Lectura de poemas


 

  

O visonado do vídeo foi parte tamén desta conmemoración....

 

 

ENLACE Á NOVA NO XORNAL

GALERÍA DE FOTOS

SAÍDA 3º e 4º de ESO

O martes 13 de novembro o alumnado de 3º e 4º de ESO realizou unha saída ao Plató 1000, á Alameda en santiago de Compostela e á Cidade da Cultura.

Visitaron as instalacións da TVG, no Plató 1000 para acadar información xa que dentro do proxecto de centro, o alumnado de 3º terá que elaborar, en Tecnoloxía,  a maqueta dun plató de cine. Visitamos varios platós e recibimos unha moi instructiva charla sobre o proceso de grabación, edición e producción dos programas que se fan neste centro.

 

Despois nos desprazamos a Santiago, á Alameda para facer unha práctica de identificación de árbores e saimos pitando para o Gaiás onde puidemos desfrutar dunha visita guiada á exposición "Castelao Maxistral"...como "maxistral" foi a explicación do guía que nos trasladou á época da represión franquista e fixo un relato exquisito da relación da obra de Castelao nese momento histórico e político.


 


GALERÍA DE FOTOS

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17-18

O martes día 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas cun acto no que se realizaron diferentes actividades. O alumnado de 1º de primaria fixo un repaso pola vida da autora homenaxeada María Victoria Moreno, 2º de primaria cantaron cantigas populares e pandeiradas, 4º, 5º e 6º cantaron cancións populares coa letra adaptada para a ocasión, como non, sobre María Victoria e  tocaron o himno galego, 6º de primaria relatou o conto "A Volta de Fina" e  o alumnado de 2º de ESO tocou o  blues  do "Pantrigo meu amigo" con letras da obra da autora que trataban de imitar a estrutura das cantigas de amigo.

Os alumnos e alumnas de 3º de primaria representaron unha obra con títeres titulada "So coma un can", obra adaptada dun conto en castelán que fala sobre o maltrato animal e trata de sensibilizar ao respecto do tema da adopción, para a que realizaron os diálogos e recibiron a axuda dos seus compañeiros e compañeiras de 5º de primaria que elaboraron as marionetas e repararon o teatrillo. Quedou xenial!!!

E todo isto coa inestimable axuda dos nosos presentadores Xulia e Iago de 4º de ESO.

 

GALERÍA DE FOTOS DOS TÍTERES

FOTOS DO FESTIVAL NO ENLACE

GALIÑEIRO DE 2º

O luns día 7 de maio, o alumnado de 2º de ESO interpretou a obra "Arboriña de nadal", da que xa desfrutaramos no festival deste ano de Nadal, pero esta vez fíxoo de xeito "profesional": no Teatro Principal de Santiago de Compostela dentro do Certame Teatro Intercentros. Toda unha experiencia!!!. Deixaron o pavillón moi alto porque son uns artistas.

NORABOA GALIÑEIRO!!!!!!!

VISITA DE FRAN GODÓN

Na tarde de onte, día 11 de abril, os do "Galiñeiro de 2°ESO" tivemos a inmensa sorte e o pracer de contar no noso ensaio teatreiro co director e actor Fran Godón, que nos ensinou un montón de técnicas para traballar a voz e a expresión corporal. A ver se somos quen de aplicalas o 7 de maio no Teatro Principal (lembrade: ás 12.30. Non faltedes)

Moitas grazas, Fran. Volve cando queiras!
 
 

DÍA DE ROSALÍA E DÍA DA LINGUA MATERNA

 

O día de Rosalía fixemos un acto e desfrutamos das "rapeiras" Antía Méndez e María Rodríguez que recitaron versos da autora padronesa a ritmo de rap. Despois tocoulle o turno aos diferentes grupos que elaboraron centóns e os recitaron para o resto do alumnado e profesorado.

No enlace podedes ver o VÍDEO realizado polos departamentos de Galego e Debuxo.

Ademais de celebrarmos o Día de Rosalía, quixemos facer reflexionar o noso alumnado sobre a importancia da transmisión xeracional da lingua con motivo da declaración do día 21 de febreiro como “Día Internacional da Lingua Materna”.

Desde o EDL quixemos facer unha especie de “performance” de maneira que a actividade deseñada se fose construíndo pouquiño a pouco coa colaboración de todos. Así, o luns desa semana colocamos no Taboleiro de Dinamización: “DÍA INTERNACIONAL DA”. Enseguidiña comezaron as preguntas e as ocorrencias varias, ata a descuberta do final: LINGUA MATERNA. A partir de aí todo o alumnado foi recollendo nas súas casas e entorno familiar e veciñal palabras e expresións do galego que fosen importantes para eles desde o punto de vista afectivo. Por suposto, para que a cousa fose ben vistosa e colorida, recollemos toda esa riqueza verbal en post –its de cores en forma de corazón.

E que hai do profesorado? Pois é ben doado supoñer o que pasou: “Pero esta actividade é só para alumnos ou tamén podemos participar os profes?” Por suposto, A LINGUA É UN BEN DE TODOS!

Feito o mural e á luz dos últimos datos publicados en relación coa perda de falantes da nosa lingua a causa da falta da súa transmisión xeracional (http://www.crtvg.es/informativos/a-rag-advirte-dunha-quebra-na-transmision-do-galego-as-xeracions-mais-novas-3654310) cumpría unha fonda reflexión:

“Quedou BEN BONITO o mural, non si?  Pois LEMBRA que as palabras, as LINGUAS, NON VIVEN en papeliños de cores.”

E que hai das nais e pais, avoas e avós, irmás, tíos... ? Por suposto, tamén podedes participar desta actividade. O único que debedes facer é entrardes no Facebook de Dinamización (o noso “Eusebio”) e deixarnos nos comentarios da publicación as vosas palabras e expresións.

QUE CONTINÚE A SEMENTEIRA!

 

Nos enlaces poderedes ver fotos das dúas actividades:

DÍA DE ROSALÍA

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

 

HISTORIAS SOBRE O MONTE

O pasado venres 16 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a unha sesión celebrada no Auditorio de  Padrón da man do gran contador (ademais de actor e director de teatro) Quico Cadaval que nos deleitou con historias novas e antigas das que desfrutamos xunto co alumnado de 3º e 4º de ESO do IES Camilo José Cela desta mesma localidade.

A actividade foi organizada polo Departamento de Dinamización da Lingua Galega.

Foi unha hora e media (case dúas) de risas e aprendizaxe. Gracias Quico pola túa arte e por ternos adicado ese tempo a todos nós!!

 

 

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS 2017

Aquí tedes un VÍDEO da versión adaptada do conto de Carlos Casares  "A Galiña Azul" interpretada polo alumnado de 1º de ESO......Esperamos que vos guste!!!

MANGUIN DO GALEGO

IMAXINA ....que espertases o día de mañá e NINGUÉN ao teu redor falase galego.....

O vídeo realizado pola coordinadora de Normalización Lingüística co alumnado de primaria.

ENLACE AO VÍDEO

 

DÍA DE ROSALÍA

No ENLACE podedes ver o vídeo feito no noso centro para conmemorar o Día de Rosalía e que leva por título "A Sombra de Rosalía".

NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES  E AO EQUIPO DE PROFESORADO RESPONSABLE  DO MESMO

Esperamos que vos guste!!!

Powered by Drupal - Design by artinet