Dirán algunhas persoas que a lectura e a escritura en Infantil -e máis se se trata de alumn@s de 3 anos - é algo moi difícil de acadar.Pero esquecen o impacto que as novas tecnoloxías provoca nestas idades tan temperás.
Aprender a escribir o noso propio nome empeza por recoñecer as letras que o compoñen,por ler esas letras,sinalalas,facer o trazo no aire...Se a todo iso lle poñemos unha música atractiva que che vaia estimulando os acertos nunha pizarra dixital como a desta aula,só queda practicar !
E lembrade que o reforzo nas familias é fundamental para el@s !