Skip to Content

Abril 2023

Feo! - Caramuxo Teatro

Feo! é un espectáculo teatral (Caramuxo Teatro) inspirado no famoso conto de Hans Christian Andersen, O parrulo feo.

Hai unha pequena fábrica de parrulos de goma... 

 

 

 

Kamishibai: El señor Nimbo y la máquina de nubes

No marco das celebracións do Día do Libro, o venres 21 de abril, na biblioteca do centro, as alumnas de prácticas léronnos o conto "El señor Nimbo y la máquina de nubes", utilizando o recurso do Kamishibai, que, en xaponés, quere dicir "teatro de papel".

Despois de rematar o conto, algúns nenos/as de 5 anos atrevéronse a ler un anaquiño do mesmo.

ARDE LUCUS - A raíña Boudica

O venres 21 de abril, a Asociación LUCUS ICENAS MILIATORE trouxo o Arde Lucus ao noso cole, para os nenos e nenas de 5 anos. Representaron a historia da raíña dos icenos, Boudica, que loitou contra a ocupación romana de Britania.

Ao final da actuación, pintáronnos a cara, para que nos sentíramos un pouco guerreiros.

O vindeiro venres 28, farán o mesmo para o alumnado de 3 e 4 anos. Seguiremos publicando fotos deles.

Visita de xogadores do Club Deportivo Lugo

Na mañá do 19 de abril, xogadores do C.D. Lugo visitaron o noso centro e falaron con nós no campo do recreo. Agasalláronnos, tamén, con invitacións para ir velos no partido do domingo 23.

Faltoulles facer algún regate; quizás pensaron que éramos moi novos...



by Dr. Radut