Skip to Content

Septiembre 2017

PLAN PROXECTA curso 2017/2018

PLAN PROXECTA

Durante o curso 2017/2018, no noso centro CEIP PARADAI, participaremos no Plan Proxecta Etnografía e Medio Ambiente en Lugo, baseándonos no Proxecto didáctico Antonio Fraguas.

 

¿ Qué é Plan Proxecta?

É unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos Centros.

O Proxecto didáctico Antonio Fraguas, desenrólase no ámbito de normalización lingüística e patrimonio, e a súa definición, é fomentar a investigación sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico do contorno do centro CEIP PARADAI.

Ditos traballos están orientados á educación patrimonial, ao coñecemento da lingua e do medio e á valorización dos máis diversos elementos do noso acervo cultural.

O programa desenvolverase ao longo de todo o curso e estarán implicados todos os alumnos e alumnas dende 4º de Infantil ata 6º de Primaria.

O material é realizado integramente polos rapaces e rapazas, a través de proxectos de investigación.

Con base a todo isto, nace a idea de chamar ao noso proxecto "ABRIMOS AS PORTAS AO NOSO", donde os alumnos investigan toda a provincia de Lugo ó longo do curso

Empezaremos dicindo que este proxecto abrangue moitas áreas do currículo: Sociais (situación xeográfica das bisbarras correspondentes e a súa historia), Plástica, Lingua (expresión fundamentalmente escrita) mais tamén contribúe a dinamizar e a normalizar a Lingua Galega no eido do ensino urbano así como as TIC.

Unha vez organizado o traballo por trimestres e distribuídas en dez áreas delimitadas:

  • ULLOA
  • COUREL/ANCARES
  • TERRA CHÁ
  • FONSAGRADA
  • RIBEIRA SACRA
  • LUGO E CONTORNO
  • MARIÑA
  • LUGO
  • GUITIRIZ
  • SARRIA

 

De cada área, estudiarase os seguintes apartados:

                                            - Feiras.

                                            - Orixes.

                                            - Lendas e refráns.

                                            - Oficios e tradicións.

Debido á dificultade, o alumnado de educación infantil traballou todo o curso OFICIOS E TRADICIÓNS.

 

 
 


by Dr. Radut