Dentro dos contrato programa aquí vos deixamos unha pequena actividade dentro do Inclúe-T. Unha iniciativa do @enki_proyecto (Fundación Abrente) que contou co apoio de CaixaBank e Fundación “A Caixa" (plan Falamos xogando).
A actividade consistía en plasmar nun taboeiro que quedou no centro, a diversidade funcional mediante a lingua de signos ou o alfabeto Braille.
Un equipo de voluntarios, dirixido pola artista Branca Escrigas, estivo traballando na escola para deixar plasmados nese mural as diferentes linguaxes e que así o alumando poda coñecelo.
Cada letra leva tres formatos: Unha primeira que é a base. A segunda define as luces e sombras para darlle volume e movemento. E a terceira é a que define os contornos.
Parte da obra foi feita con material de refugallo que trouxo o alumnado.
En conmemoración a o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, o pasado 8 de marzo, os nenos e nenas do Ceip Paradai, fixeron a súa propia chapa, con menxases apropiados do día de celebración.
Durante a SAME e para a Campaña Mundial pola educación, o alumnado de 3º e 4º de primaria, participaron neste vídeo reivindicando a importancia do profesorado e o dereito á educación.