Skip to Content

Abril 2019

INFANTIL 3 anos: ACTIVIDADES MUNDO ACUÁTICO

Os nenos de tres anos estamos estudando algún dos animais que viven no mar: A orca, a quenlla, o golfiño, a balea, ...

Aprendemos as principais semellanzas e diferenzas, como respiran, como se reproducen, de que se alimentan... 

 Observámolos en imaxes:

Palpámolos

 

 

- Palpámolos:

- Situámolos nun mapa mundi:



- Descubrimos a súa anatomía:





 

Canto aprendemos?

 

 

22 de MARZO: DÍA DA AUGA

Do 18 ao 22 de marzo, celebramos no centro a Semana da Auga, con diferentes actividades, co fin de concienciarnos da importancia da auga e do seu bo uso. 

Nas aulas leuse o libro "A camiñada de Pin e Gas".

 

 

Na aula 5ºA de INFANTIL fixeron un fanelograma para contar a historia:

As escaleiras da entrada do centro: A INCLUSIÓN.

Seguimos traballando nunha contorna máis inclusiva, desde agora, cada día o noso alumnado pode ler estas frases ao subir á súa aula:
- O imposible é o que non se intenta.
- Todo será máis doado se sabemos convivir co do lado.
- Respetamos aos compañeiros.
- Ser bo amigo e compartir.
- Se non pelexamos todo é mellor.
- Axudamos e compartimos.
- Xuntos somos felices.
- Se non pelexamos é mellor. (Texto escrito a man alzada por unha compañeira)


E tamén en castelán:


- Ayúdame y te ayudaré.
- Por favor & gracias.
- El ❤️no entiende de colores.
- Si me sonríes te sonrío.
- Convivir es admitir las diferencias.
- Compartiendo no hay problema.
- Debemos impedir que las diferencias nos separen.
- Respétame y te respetaré.


 

Momentos entre afillados e padriños

Onte compartimos un momento de lectura cos nosos afillados, tempo de ler contos entre o alumnado de 4ºB PRIMARIA e 1ºB PRIMARIA:

Obradoiro de xadrez en 2ºA

A clase de 2ºA gozou dun taller de xadrez, co que conseguimos que o alumnado  desenvolva:

  • Conceptos espaciais.
  • Conceptos de figuras e formas.
  • Concepto de simetría.
  • Resolución de problemas e procura de solucións.

 

 

 

Obra de teatro O RESTAURANTE FARRUCO de 5ºA

O 29 de marzo, o alumnado de 5ºA, representou a obra O RESTAURANTE FARRUCO da autora Chus Pereiro na residencia da terceira idade. 

Un gran éxito que provocou moitas risas e aplausos. 

 

Obradoiro de xadrez en 3ºA

O día 2 de abril, tivemos un taller de xadrez.Pasámolo pipa!

O xadrez axúdanos a mellorar a capacidade de concentación e tamén o razoamento lóxico e a axilidade mental.

 

ACTIVIDADE NUTRICOLES INFANTIL

Hai uns días realizamos unha actividade co alumnado de Educación Infantil que dirixiu Natalia Hospido, Dietista- Nutricionista.

Seguindo un dos obxectivos do centro de fomentar o consumo de froitas e verduras, esta vez traballamos cos sentidos: olfacto e tacto para dar a coñecer froitas e/ou verduras de tempada.

 

Saída de 3º e 4º a Xanceda

A granxa Xanceda ten moito que ofrecer,por eso o profesorado de 3º e 4º decidiu ir alí cos nen@s e así  poder coñecer un pouco máis o medio rural ,disfrutando dos animais no seu hábitat.

Todo empezou cunha pequena explicación mentres nos ensinaban a finca...

Comezamos polas pitas,e como nos deixaban darlles de comer,démoslle uns graos de millo que picotearon nas nosas maos deseguida !

Despois chegou o momento dos burros,as vacas ...

ponis , ovellas...e os cans que todo o controlaban !

 Tod@s queriamos acariñar os animais ademais de alimentalos !

Pero sen dúbida o que esperabamos con máis ganas era darlle o biberón aos xatos! Puxémonos maos á obra e notamos que  mamaban con moita ansia ...porque nós tamén o faciamos moi ben! Ah,e tamén nos explicaron o proceso de muxir as vacas !

Rematamos a visita pasando pola antesala da produción de iogures,onde estaban as diferentes variedades que comercializan . Antes de marchar tiveron o detalle de agasallarnos cun imán para cada un de nós e ...iogures,claro ! 

                                 Quedamos encantad@s !

                           Moitas grazas á Granxa Xanceda !

 

 



by Dr. Radut