Neste curso 2019/2020 todo o Centro traballaremos nun proxecto común que denominamos SALVANDO A MARTEA ( salvando o mar, a terra e o aire) no que investigaremos as maneiras de protexer o medioambiente, o impacto da sociedade de consumo no noso planeta e as distintas formas de reciclaxe.
Cada curso encargarase dun tema diferente:
En EDUCACIÓN INFANTIL, aproveitando a súa implicación no proxecto ‘STOP PLÁSTICOS’ de Voz Natura, traballaremos os plásticos e as distintas formas de reutilizalos.
No PRIMEIRO e SEGUNDO CURSO de PRIMARIA investigaremos sobre o papel.
No TERCEIRO e CUARTO de PRIMARIA estudiaremos o impacto da gandería e a agricultura intensivas e os beneficios da gandería e a agricultura sostibles.
No QUINTO e SEXTO CURSO de PRIMARIA trataremos o impacto da industria e as diferentes enerxías renovables na nosa vida cotiá
Con este proxecto aprenderemos a coidar ao noso planeta e comezaremos a ser conscientes do impacto que temos nel no noso día a día.