Skip to Content

Marzo 2023

Saída Os Trollos en Bóveda

O pasado 22 de marzo, o alumando de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria tiveron unha saída a Os Trollos, en Bóveda, con motivo da celebración do Día da Árbore.

Visitaron o laboratorio, deron un paseo, plantaron unha árbore e gozaron do xantar na natureza.

 

I xornada de inclusión cultural e convivencia 6º EP

O luns 20 de marzo,  tocou a segunda parte da I xornada de inclusión cultural e convivencia. Leváronnos a unha granxa e emocionámonos moito porque puidemos tocalas e darlles de comer. Ao chegar ao CEIP Aquilino Iglesia tiñamos unha benvida cun montón de manxares riquísimos e para terminar a xornada, unha búsqueda do tesouro cos que nos divertimos moitísimo. Moitas grazas polo gran día que pasamos! Pasámolo de marabilla!

Actividade de 1º EP

O alumnado de 1º EP representamos decenas e unidades con material contable na nosa pizarra.

 

 

8 M Lazo

Que é o 8M para nós? Cada nenx simbolizou neste fermoso lazo violeta este día tan significativo. Podemos encontrar debuxos de mulleres, os seus nomes, adxectivos, mensaxes, símbolos de protesta…. VAI POR ELAS!

 

Velaí unha escolma dos momentos nos que o alumnado de Infantil participou na creación do lazo:

 

 

Cas mulleres que nos viñeron visitar, e que tiñan profesións relacionadas dalgún xeito ca auga: mergulladoras, axentes forestais, waterpolista, natación sincronizada, policía costeira, etc.

 

8 M

Un video resumo do día de 8 de Marzo,  Día internacional de La Mujer:

 

1º Xornada de inclusión cultural e convivencia

Resumo da experiencia do pasado martes 7 de marzo, onde o alumnado de 6º de EP, na 1º Xornada de inclusión cultural e convivencia co CEIP Aquilino Iglesias Alvariño de Abadin.

Visita do Club Deportivo Lugo

O alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria tivo unha vosita moi especial… viñeron os xogadores do Club deportivo Lugo!!!! @cdeportivolugo

Esperamos que os ánimos dados polo noso alumnado vos acuden no partido que tedes o domingo! Queda pendente outra visita pois os peques do cole queixaronse por q eles non vos viron!!! 

 

Entroido

Mostrámosvos o vídeo do desfile do noso Entroido. Que disfraces máis orixinais, todos relacionados co proxecto deste ano no centro, a AUGA.



by Dr. Radut