Skip to Content

Enero 2018

BALONCESTO

 Unha das propostas das nosas profesoras de E.F. é achegar os deportes ao alumnado do Centro.Nesta ocasión,as xogadoras do equipo de baloncesto Ensino Durán compartiron unhas horas co alumnado de Primaria.Que bo rato pasamos !

 

LÁCTEOS NO CENTRO,5º B

Empezan a chegarnos fotos do noso alumnado disfrutando do leite que se distribúe no tempo de recreo.Este grupo de 5º B tómao moi en serio e ata brindan con el !

Lembrade que este leite @s intolerantes á lactosa tamén o poden beber sen problemas

FESTIVAL DE NADAL. VISITA DO APALPADOR

A Anpa do Centro tróuxonos ao persoeiro galego do Inverno máis querido polos nen@s e maiores. Trátase do Apalpador, que pasou un bo anaco co nós para contar a súa orixe ...

 

 Ademais, veu cargado de agasallos que foi repartindo empezando

polos máis pequen@s de Infantil,1º e 2º :

E por se fora pouco, contounos unha historia na que tod@s participamos con moitos risas e ... boa memoriaMesmo nos amosou os xoguetes que el fixo nas montañas do Courel e algúns instrumentos musicais, todos de madeira

 

                                              Grazas,Apalpador!

                                             Grazas,ANPA!

 

   

     

 

 

                        

 

VENRES LÚDICOS

Chega outro xeito de xogar coas palabras na aula  da man dos pícar@s de 5 anos A e B :

 

Mais tamén hai tempo para o tradicional :

 

 ou o sempre divertido Twister!

 

 

 Botádelle un ollo premendo AQUÍ

 

Venres Lúdicos 6º B

Empezamos o ano 2018 xogando con algúns dos agasallos que nos deixou o Apalpador,entre eles varios xogos de mesa.Unha xornada tranquila...

 

Plan Proxecta : Lácteos na escola

 

 Esperando concienciar da importancia dunha alimentación sa e variada,a partir da vindeira semana comezará o reparto de leite en envases pequenos nos recreos .Confiamos na participación de todo o alumnado ,xa que tamén se distribuirá leite sen lactosa para quen teña intolerancia á mesma.

 



by Dr. Radut