Skip to Content

Blogue de rosana

Visita da ilustradora Patricia Padulles en Infantil

O pasado 18 de abril os nenos e nenas de educación infantil, gozaron da visita da ilustradora Estefanía Padulles que  nos presentou o seu último traballo:

Aprender a ler é unha das tarefas máis emocionantes na vida dun neno.

Aprender é abrirse ao mundo e os nenos aprenden vivindo e experimentando.

 Hai que insistir na necesidade de mostrar aos nenos pequenos non só imaxes senón tamén boas ilustracións que os estimulen.

Cando se inicia na aventura de ler, os nenos descobren un mundo moitísimo máis amplo, con infinitas posibilidades de vivencias e de información que motivan a súa imaxinación e os seus desexos de aprender e onde o actor é el mesmo e non os adultos. 

 Cando empezan a interpretar as letras e os seus debuxos a súa imaxinación voa con liberdade observando minúsculos detalles que probablemente a vista do adulto pasa por alto.

 Cando un neno abre un libro sente atracción polas súas ilustracións xa que comprende as súas mensaxes antes que ningún outro idioma.

O texto e a imaxe compleméntanse para facilitar ao neno a mellor comprensión da lectura.

 

Traballamos a Igualdade en 3ºA

 

 

Os alumnos de 3º A traballaron a igualdade, e sobre a Declaración Universal dos Dereitos Humanos:

Todo o traballo quedou representado nun mural:

De forma conxunta crearon diferentes cancelos (#):

#EsinxeloVeroErroAlleo

#QuedaMoitoPorFacer

 

 

Practicando Parkour en 5º e 6º

 Os alumnos e alumnas de 5º e 6º tiveron a oportunidade de coñecer mellor o parkour e todos os seus beneficios, os cales podemos aproveitar para a nosa vida diaria. 

 A pesar de que o parkour practícase de maneira individual, a forma de traballo é maiormente cooperativa.

 “Eu axúdoche a ti, e ti axúdasme a min”, porque non existe competición, existe unha meta que é a aprendizaxe, non o gañar ou o perder.

 Se non o consegues, téntao de novo. Repetir a tarefa de novo non é malo, aprender do erro é necesario.

Grazas ao parkour temos como consecuencia: humildade, creatividade, autosuperación, autocontrol, amizade...

O parkour non é perigoso, perigosa é a desinformación que existe.

 

Visita da ilustradora Estefanía Padulles en Primaria

O pasado 18 de abril tivemos a visita da ilustradora Estefanía Padulles, tivemos o privilexio de poder escoitala todos os cursos do centro.

 

 

 

Con ela aprendemos, que toda ilustración é un debuxo, pero non todos os debuxos son ilustracións. 

 

Explicounos todo o proceso que se leva a cabo para ilustrar un libro:

E presentounos o seu último traballo:

Unha ilustración é un debuxo ou imaxe que nos comunica algo, resolvendo así, problemas de comunicación.

Unha ilustración, está pensada e creada para denotar algo importante ou para simplificar un tema nunha imaxe.

Ás veces as ilustracións poden contar historias sen necesidade de apoiarse nos textos. 

Aínda que os nenos non saiban ler, séntense atraídos polas imaxes e as fotografías dos libros.  

Entendendo esta linguaxe visual, que enriquece ao texto, conectarán có conto e permanecerán inmersos no mundo da fantasía.

Ao final da xornada Estefanía dedicou todos os seus debuxos ao noso centro CEIP Paradai.

 

 

"Rompendo estereotipos" en Educación Infantil

Hai uns días celebramos o día da muller co lema ROMPENDO ESTEREOTIPOS, onde os nenos de infantil puideron ver que "bailar" profesionalmente non só fano as mozas.
O 8 de marzo puidemos contar coa axuda dos bailaríns de 
Gravity, e os nenos pasáronllo xenial aprendendo un BAILE, vese no seguinte vídeo:

 

 

" Os Indios"

Emmarcado dentro do proxecto "OS INDIOS", os nenos e nenas de 5 anos completaron a súa experiencia construíndo un poboado indio, un gran "tipi" e unhas bolsiñas.

 

Para iso foron recolectando paiños, terra, musgo, follas... e demais materiais que foron atopando na natureza.

Compuxeron o seu propio "tipi" decorándoo con pinturas de distintas cores e motivos alusivos.

 

 

Así mesmo elaboraron "Totems" con materiais de refugallo:

Este é o resultado final:

 

 

 

Día do libro en 5ºA

Para celebrar o día do libro, os alumnos e alumnas de 5ºA inventaron un conto tendo en conta as ideas que cada un deles ía achegando.

18-04-23-11-36-00-201_deco.jpg

Aproveitando que o pasado 18 de abril a ilustradora Estefanía Padulles, visitou o noso colexio, acompañaron o conto con diferentes ilustracións elaboradas por eles mesmos, tendo en conta todos os consellos de Estefanía.

 

18-04-23-11-35-11-999_deco.jpg

18-04-23-11-36-26-953_deco.jpg

 Tras un gran traballo colaborativo, onde que cada un deles achegou as súas ideas o resultado foi o seguinte : Harry Po Potter en la Selva.

 

30848416_10156201606869020_645455893359458850_o.jpg

Terra Chá

No mes de Decembro os alumnos e alumnas do noso centro seguiron traballando sobre o Plan Proxecta Etnografía e Medio Ambiente en Lugo, investigando a comarca de Terra Chá "moito que ver..."
 
 
 
 
 
 
Os alumnos de 3ºA abordamos as orixes da comarca da Terra Cha. Traballaron sobre as orixes de todas as localidades que conforman a comarca (vilalba, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Begonte, Muras, Xermade, Guitiriz, Cospeito e Pastoriaza) a súa bandeira, os lugares de interese... así como as orixes da Mancomunidade de Municipios da Terra Cha.
 
 
 
Un mural, onde buscaron información sobre os seus dez concellos, destacando un lugar interesante para visitar de cada concello:
 
 
 
 
 
 
 
 
E de cada concello, as súas parroquias, onde está situado, a súa historia...

No referente a festas, os alumnos de 6B achegaron información da FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA.

 
 
E sobre LENDAS E TRADICIÓNS, traballaron AS TRES BESTAS FERIDAS os alumnos de 1ºB:
 
 
 
 
 
Ao aproximarse o entroido e vinculado coa comarca os alumnos de 3ºA fixemos un 
estudio do entroido máis popular , o de Val de Francos, no Concello de Castro de Rei:
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Visita guiada a pé polo Lugo romano en 6º curso

O venres 6 de Abril, os alumnos de 6º de Primaria visitaron os principais vestixios do Lugo Romano, acompañados polo arqueólogo, que previamente impartira no centro unha charla sobre este tema. Ao longo de toda a mañá puideron apreciar diversos restos como: o Acueduto Romano na Rúa de San Marcos, a Piscina Romana na Praza de Santa María, o Templo Romano no Círculo das Artes, a Casa dos Mosaicos en Doutor Castro, a fascinante Domus do Mitreo e algunhas das catro portas romanas que aínda conserva a muralla hoxe en día. Ademáis na Sala de exposicións Porta Miñá viron moitos obxectos dos que se atoparon en diferentes excavacións, algúns deles con gafas tridimensionais! Foi unha mañá verdadeiramente intensa e emocionante!

 

 

Día do libro alumnos de 2ºA e 6ºA

Este ano polo Día do libro, o alumnado de 6º acudiu ás aulas de 2º para contarlles un resumo do libro Don Quijote de la Mancha.

Don Quijote de la Mancha é unha novela escrita polo español Miguel de Cervantes Saavedra. 

Este libro foi e é unha referencia permanente na literatura. 

Por outra banda, os alumnos de 2º non quedaron atrás, recitaron as estrofas que conforman un poema precioso que podemos atopar no libro Pola rúa dos versos de Ana María Fernández.  A continuación podedes ler un pequeno fragmento de dita poesía.

Encontrei unha princesa

nun gran pazo de cristal

e un castelo con cen torres

e tellados de metal.

 

Unha osa prateada

que sabía cociñar,

un león cunha coroa

que aprendeu a gobernar.

 

Encontrei catro xigantes

que gustaban devorar

nenos de cabelos loiros

cociñados no xantar.

...

 

 

 

 

 

 

Visita a Santa Eulalia de Bóveda de 5º Primaria

Continuando co Plan Proxecta, Etnografía e Medio Ambiente en Lugo, os alumnos e alumnas de 5 de Primaria, fixeron unha visita neste mes de abril a Santa Eulalia de Bóveda.

Santa Eulalia de Bóveda, é un santuario tardo-romano do século III construído a 14 quilómetros da Antiga Lucus Augusti. É un dos lugares máxicos de Galicia e único en toda Europa . Descóbrese en 1926 e en 1931 declárase Monumento Artístico Nacional. Hoxe cualifícase como Ben de Interese Cultural, baixo titularidade da Xunta de Galicia. 

31072896_10156189224534020_8129414818984529777_n_0.jpg

Non contamos con outro edificio das mesmas características en todo o territorio ocupado polo Imperio Romano. Consérvanse unhas pinturas murais romanas extraordinarias e de gran realismo con colorido impresionante nas que se representan diversas aves como pavos reais, pombas ou faisanes.

31036950_10156189224759020_559175025920794265_n.jpg

 TERMAS ROMANAS

Aproveitamos a saída para visitar as Termas Romanas e a Ponte Romana da nosa cidade.

31091856_10156189224054020_959374372923658308_n.jpg

As Termas Romanas é un dos monumentos mais representativos do legado cultural romano.

31124632_10156189223919020_7061013443384066855_n.jpg

 Para cruzar o río, os romanos construíron unha gran ponte de granito , da que se conservan partes de fábrica orixinal romana en varios dos seus alicerces.

31052357_10156189224169020_7482710690897389394_n.jpg

Coñecendo as sementes. O xirasol

O primeiro contacto dos alumnos/as de 6º de Educación Infantil co "Horto Escolar" foi a sementa da planta do Xirasol.

O horto escolar é fonte inestimable de recursos, permitindo abordar unha serie de contidos encamiñados ao desenvolvemento das capacidades dos nenos.

Trátase dunha experiencia que axuda a desenvolver a socialización e o traballo en equipo organizado e  secuenciado, favorecendo a valoración do propio esforzo e a súa relación co aprecio aos produtos conseguidos.


Ademais, xera situacións que posibilitan o traballo da 
lateralidade, a orientación espazo-temporal,  motricidade fina, exploración cos sentidos, desenvolvemento de estratexias de investigación, observación de ser vivos e, interrelación de conceptos de diversas  árelas.

O horto é un marco idóneo para traballar as liñas transversais, especialmente a educación ambiental, con temas como o consumo, a alimentación ou a saúde, unindo a cultura escolar-científica e a vida cotiá; a través desta experiencia facilítanse aprendizaxes útiles para o desenvolvemento social dos nenos dentro e fóra do marco educativo.

Os nosos alumnos tiveron a oportunidade de tocar a terra, e facer a súa propia sementeira.

Traballamos por equipos, e mentres esperaban os demais alumnos, a súa quenda, coñecían a planta do xirasol, pintando un debuxo:

 

O final da actividade, os nenos/as levaron a súa plantiña para casa.

Xadrez

No noso CEIP PARADAI APRENDEMOS O XADREZ e moitas veces escoitamos a opinión entre a relación xadrez e intelixencia. Podemos facernos esta pregunta: O xadrez axuda a pensar?
 

 
A resposta vén da man da psicoloxía: ferramentas que favorecen o desenvolvemento da parte cognitiva de nenos e nenas.Aí está o xadrez, tanto no deportivo como no intelectual.

 

1. Capacidade para organizar e planificar a información, primeiro mentalmente e logo manual.

2. Orientación espacial en 2-D e 3-D, que permítelles  identificar a relación entre pezas e  casillas.

3. Percepción e definición dun problema, facilitándolles a búsqueda de respostas a través do razoamento lóxico, e  xustificando as súas decisións.

4. Reforzar a memoria a curto e longo prazo e a la memoria operativa, habilidades transferibles a escola.

5. Favorece o desenvolvemento de aspectos cognitivos como a atención, a percepción, a discriminación, pensamento lógico-matemático, concentración, agudeza visual, etc…

6. Aceptar normas de xogo establecidas e a importancia do respeto as quendas.

7. Asimilar tanto a vitoria como a  derrota.

8. Fomentar o respeto hacia compañeiros/as e aceptalos/as como rivais.

9. Recoñecer os progresos e erros para cimentar a autoconfianza.

10. Plantearse problemas da vida diaria e resolvelos de xeio creativo.
 

 

 

Comezamos cos ensaios do CIRCO

Como cada ano e coa chegada do bo tempo, comezamos ilusionados cos ensaios de cada disciplina do CIRCO:

 

 

 

 

Os nenos e nenas de 5º Educación Infantil inventamos contos

 

Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil inventaron un conto a través dunhas caixas de zapatos e despois contaronlle os alumnos/as de 5º e 6 º de primaria.

Podedes ver todo o relato do conto, neste video:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut