Skip to Content

Blogue de rosana

Visita do mago Dami

O pasado mes de decembro tivemos a visita do MAGO DEIMI, os nenos e nenas do centro, dende Infantil ata Primaria, disfrutaron da súa actuación:

Traballamos o Nadal en Infantil

En Infantil vivimos con ilusión a chegada do Nadal:
- Decoramos os corredores:

 

 

 - Facemos manualidades:

 

- E tamén postais: 

 

 

Visita a exposición Héroes ocultos. Inventos geniales, objetos cotidianos de 6º A e B de PRIMARIA

O mércores, 5 de decembro, o alumnado de 6°visitou unha exposición, situada na praza Horta de Seminario, sobre os " heroes ocultos", é decir, obxectos cotidiáns que facilitan a vida diaria e que permaneceron inalterables durante décadas ou incluso siglos.
Ao rematar foron felicitados polo seu comportamento.

De regreso ao colexio aproveitamos para  ver dende algunhas das xanelas arquitectónicas da cidade, vestixios do  pobo romano.

 

Menú xaneiro

Adxuntamos os menús de BASAL e ALMORZO do mes de Xaneiro.

Traballamos os DEREITOS DA INFANCIA.

No centro traballamos os DEREITOS DA INFANCIA dunha forma diferente neste curso, decorando cada aula unha bóla de Nadal, cómo quixesen.

Se hai algo que teñen en común todos os nenos e nenasdo mundo, sen excepción, son os seus dereitos. Nacesen onde nacesen, teñan a cor de pel que teñan e sexa cal for a súa condición económica ou sexual, todos os nenos do mundo teñen os mesmos dereitos.

 Así quedaron as bolas:

 

Celebrando o Nadal

O CEIP PARADAI xa está preparado para a chegada do novo ano!

Celebración do XVIII anversario da Muralla e visita da cidade de Lugo dos nenos de 5º Primaria

O pasado 30 de novembro, ademais de acudir a exposición de HÉROES OCULTOS, tivemos a oportunidade de visitar o centro da cidade de Lugo e recibir unha breve explicación das titoras de cada monumento que visitabamos.

Entramos por unha porta da muralla (que non era unha das orixinais e agora sabemos o porqué), as piscinas romanas, a catedral... un paseo por encima da muralla, algúns de nós non tiveramos a oportunidade ata agora!

E por último visitamos unha exposición no edificio da administración central da XUNTA DE GALICIA de cadros pintados por mulleres, e o seu punto de vista do Día contra a Violencia de Xénero.

ESCOLA DE PAIS E NAIS: Educar en positivo.

Estimadas familias:

Informámoslles que o vindeiro xoves 13 de decembro ás 16:30 horas, tendremos unha nova charla, co tema: EDUCAR EN POSITIVO.

Charla a cargo de Dra. Carlos Vila (Doctor en Psicología, Profesor Asociado en Universidad de Santiago de Compostela).

A charla será na sala de usos multiples, na primeira planta do centro.

Agardamos a vosa asistencia.

Decoración do taboleiro

Estimadas familias:

Para a decoración do taboleiro da entrada do Centro solicitamos a vosa colaboración, por iso precisamos que nos enviedes imaxes / debuxos / fotos... da familia do alumno/a ( o tamaño máximo será medio folio).

O último día para entregarllas ao titor/a será o martes 11 de decembro de 2018.

Un Saúdo 

Visita a exposición "INVENTOS GENIALES, HÉROES OCULTOS" de 5º PRIMARIA

 O pasado 30 de novembro, as dúas clases de 5 de primaria, visitaron a exposición de CAIXAFORUM de HEROES OCULTOS, pódese ver máis información da exposición ticando aquí: 

HEROES OCULTOS

Para ir á exposición fomos todos xuntos en bus urbano, foi toda unha aventura!

 

 

Os nenos descubriron dunha forma guiada, cousas sorprendentes por exemplo, como se comezaron a fabricar as famosas pezas de LEGO, moitos non sabían que o seu comezos eran de madeira!


Obxectos cotiáns como as latas, o velcro, os lapis, os bolígrafos, as pinzas da roupa, ... e que non era tan afastado a invención da fregona.


Entre xogos descubriron que obxectos cotiáns eran inventos españois.






Robótica en INFANTIL

Os nenos e nenas de 6ºB de INFANTIL, practican robótica na aula, dáselles moi ben!

 

 

 

Traballamos contra a Violencia de Xénero

Do 19 ao 23 de novembro no centro, celebramos de diferentes maneiras o DÍA CONTRA A VILOENCIA DE XÉNERO.

Unha delas, foi compartir na hora de lecer dos alumnos e alumnas a "MOCHILA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" cunha coidadosa selección de títulos, propios do centro, da NODAL e prestados polas profesoras do centro.

Aquí algúns títulos da mochila:

En todas as aulas contouse o conto de ARTURO Y CLEMENTINA.

E unha mestra do centro debuxou uns preciosos posters sobre o tema, e os máis pequenos decorárono, e quedaron así de bonitos:

 

 

MENÚ DECEMBRO

Adxuntamos os menús de BASAL e ALMORZO do mes de decembro.

30 de novembro: XVIII Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O curso de 5º de PRIMARIA do noso centro, tuvo a ocasión de participar no acto institucional que se celebrou na Mosqueira para celebrar o décimo oitavo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade, e cantaron todos xunto o Cumpleanos feliz.

Preme na imaxe seguinte no periódico da Voz de Galicia:

 

 

E na seguinte imaxe podese ver o video e o ben que o fixeron:

 

 

Algúns alumnos de 5 anos fixémonos eco da noticia sobre a celebración da maioría de idade da nosa muralla. E para iso, para a sección de Novas do noso corcho, cada un de nós debuxamos a tarta xigante de chocolate. Qué mágoa non poder catala!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día contra a Violencia de Xénero

Hoxe celebramos todos os alumnos, alumnas e profesorado, o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, e para representalo, pintamos de violeta unas das portas principais de entrada ao centro. 

Cada un dos cursos preparou un panel en color violeta, referente ó tema e tamén inspirado na canción de Rozalén "La Puerta Violeta".

Os nenos e nenas de 5ºA de primaria montaron o mural e así quedou:

Xuntáronse os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º, e cada curso con representante explicaron aos demais compañeiros que significaba o seu traballo. Remataron a actividade cantando a canción de Rozalen "La Puerta Violeta".

 

 Aquí un fragmento, onde se pode ver o ben que o fixeron:

 

 E o mesmo fixeron os pequenos e pequenas de Educación Infantil, 1º e 2º.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut