Skip to Content

Blogue de rosana

Recomendacións dende a BIBLIOTECA

Na BIBLIOTECA do centro podedes atopar unha seleción de libros para disfrutar este outono e Samaín, e continuar co RETO LECTOR.

 


E no noso PARADAI POST, temos as últimas novas:

Onde se ven as investigacións do novo proxecto do centro: CURIOSIDADES DOS ANIMAIS.

 

 

Sanmaín e a chegada do Outono

 Estimadas familias:

Solicitamos a vosa colaboración para levar a cabo as seguintesactividades para conmemorar o Samaín e a chegada do Outono:

1-Elaboración a partires de material de refugallo ( rolo de papel cociña, botes, botellas, rolo de papel hixiénico...) de vasoiras. ( Entregarase á /ó titor@ na semana do 22 ao 26 de outubro)

2-Traer un puñado de castañas asinadas. (Entregarase á/ó titor@ o 29 ou  30 de outubro).

Atentamente:

 

 

    

Ficha de inscripción do comedor para o curso escolar 18/19

Estimadas familias:

Adxuntamos o arquivo .pdf da ficha de inscripción do comedor para o curso escolar 18/19.

Como novidade é necesario firmar en dous sitios (a 1ª  e 3ª páxina) e entregala no Rexistro do Concello de Lugo. Aqueles usuarios que queiran facer uso do comedor no mes de setembro deberán entreagala antes do 31 de agosto.

Para o resto de meses, antes do 25 do mes anterior o que queiran comenzar.

Oficios en EI: Mariñeiros

O oficio de mariñeiros deu moito de si:

Os nenos de 6º EI, fixeron a súa propia cana de pescar:

E se disfrazaron no entroido de mariñeiros:

Os alumnos/as fixeron unha charca con peixes:

 

OFICIOS E.I: COSTUREIRAS E XASTRES

Os alumnos/as de Educación Infantil tiveron a oportunidade de coñecer o oficio de costureras e xastres, como traballan, as ferramentas que utilizan...

No entroido fixeron o seu propio traxe de costureros e xastres, co seu alfiletero, tesoira, pano...

 

Os nenas e nenos de 4 EI, traballaron nun mural para coñecer as diferentes texturas:

 

Oficios E.I: Menciñeiros

On nenos e nenas de 4 EI traballaron as diferentes plantas medicinais:

En 6 EI pescudaron sobre a arnica:

Oficios en EI: Apicultores

En Educación Infantil, os nenos/as tiveron a oportunidade de coñecer o oficio de apicultor, contamos coa colaboracion dunha nai, explicando como se traballa na apicultura:

Os nenos de 6ºEI fixeron un mural das propiedades da mel:

 

Os nenos de 5º de Educación Infantil fixeron unha colmena e as abellas:

 

 

 

 

Os alumnos de 4º EI fixeron un panel de abellas:

E no entroido disfrazaronse de apicultores:

 

Exposición Día das Letras Galegas : aparellos de oficios tradicionais galegos.

Como actividade do Día das Letras Galegas, fixose unha exposición co material aportado polo profesorado e por familias do Centro de aparellos de oficios tradicionais galegos.
Pódese ver a exposición nesta pequena revista:
 


 
 
Moitas gracias a todos por participar!

Visita de 6º primaria ao Castro de Viladonga

Os alumnos de 6º de primaria visitaron o Castro de Viladonga:

 O primeiro en coñecer foi o MUSEO ARQUEOLÓXICO:

 Onde comezamos cun video explicativo do Castro:

 E despois unha competición de descubrimentos arqueolóxicos:

 

A continuación fixemos unha visita ao Castro, onde nos informaron dunha breve historia do descubrimento recente do Castro de Viladonga,  onde a excavación comezou no ano 1971, cando un agricultor atopou un "torque":

 

 

 

Tivemos a oportunidade de pasear pola muralla, que era defensiva e de protección cunha altura duns 5 metros de alto pola cara interior...

E de 12 metros na parte exterior...

Recentemente, próximo a muralla exterior, descubriuse espazos onde albergaban os animais máis grandes.

Tamén nos contaron que se descubriron xa 70.000 pedazos de cerámica:

Como cociñaban antigamente

E tivemos o privilexio de ver uns  líquenes fluorescentes que son unha especie en perigo de extinción:


 

Pasámolo moi ben!

Xogos romanos en 2º Primaria

No noso centro temos a oportunidade de aprender a xogar aos xogos romanos, e encántanos!

 

.

AVISOS IMPORTANTES

 

(ORDE DO 9 de maio de 2018 (DOG Nº95 de 21 de maio)

AXUDAS, FONDO LIBROS E MATERIAIS)

 

O prazo de solicitude remata o día 22 de xuño

 

1) RECOLLIDA DE LIBROS PRESTADOS EN FONDO 

2017/18:

OS DÍAS 19 ( 3º e 4º EP) e 20 (5º e 6º de EP) DE XUÑO

 

2) FONDO DE LIBROS/MATERIAL (3º, 4º, 5º e 6º):

- Listaxe provisional o día 3 de xullo

- Listaxe definitiva o día 6 de xullo

(Entrega dos LIBROS a primeira semana lectiva de setembro)

 

3) AXUDAS DE LIBROS E DE MATERIAL (1º e 2º):

-Entrega de VALES os días 4, 5 e 6 de xullo

 

.

Menús XUÑO

Menú XUÑO (pulsar na imaxe para ampliar)

XANTAR

Día das Letras Galegas.

O 16 de maio celebramos no centro o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, este ano adicado a María Victoria Moreno.

Comezamos cun recital dos alumnos de 3º sobre a autora:

 

 


E como sorpresa, descubrimos que o noso orientador Francisco Prado, foi alumno de María Victoria Moreno, a quen se lle addica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

A continuación, disfrutamos dunha obra de teatro titulada "CLÍNICA: TODO É UN CONTO", dos alumnos e alumnas de 6º.

 

A sorpresa para os rapaces, foi que ... tiñamos a actuación do MAGO DEIMI!!!

 

Aquí uns poucos voluntarios:

E como remate final do día de celebracións, tivemos contancontos simultáneos, que eran dos propios pais e nais dos nosos alumnos,  en diferentes instalacións do centro:

- No patio azul, os alumnos de infantil:

 

- Na biblioteca, os nenos de 1º e 2º:

 - Os alumnos/as de 3º e 4º , na aula de música:

 - Os alumnos de 5º e 6º na sala de multiusos:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut