Skip to Content

Blogue de rosana

Menú Marzo

Adxuntamos os menús de BASAL e ALMORZO do mes de Marzo.

 

Aberto o plazo de admisión

Para consultar horario de secretaria ticar aquí.

Xogos no patio exterior

Entre as melloras do centro este curso, atópanse os xogos no patio exterior, que axudan a mellorar a convivencia entre o alumnado.

Saímos na PRENSA: A humanización nos tempos de lecer

O luns 25 de febreiro saímos no xornal "El Progreso", falando sobre a libre elección dos nosos tempos de lecer no  cole.

E tamén na prensa dixital do Progreso (ticar na imaxe para ver o vídeo):

 

Literatura con Marica Campo

Queremos recomendarvos un libro dunha autora luguesa,Marica Campo,a quen tivemos a sorte de recibir no cole para charlar sobre  "Unha misión para Clara", que previamente leramos na aula.Gostamos moito !

i

Como trata moitos temas e de moita actualidade,como o dos eucaliptos ,e mestura fantasía e realidade,quixemos saber en que se inspirara á hora de escribilo  e fixemos bastantes preguntas.Ela contestaba encantada !

Foi unha actividade que aproveitamos moi ben e da que nos pareceu que debería haber máis .Moitas grazas a Marica Campo por vir ao noso Centro e tamén por escribir para nen@s !

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS PÚBLICOS EN GALICIA PARA O CURSO 2019-2020 (Aberto do 1 ao 20 de Marzo)

Abrese o plazo de solicitude de admisión (alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil/alumnado primaria) do 1 ao 20 de marzo. 

Presentarase no centro o formulario de solicitude, que se facilitará  na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo II).

A solicitude de admisión poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": 

www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.

Xornada de portas abertas

Estimadas familias:

Informámoslles que o vindeiro xoves 28 de febreiro, en dúas quendas:

Ás 11:00 h da mañá e ás 17:00 horas da tarde.

Teremos unha XORNADA DE PORTAS ABERTAS, na que se terá a oportunidade de visitar o noso centro e as diferentes instalacións. Tamén teremos a oportunidade de coñecer os diferentes aspectos educativos.

Patio exterior: Rede de vóleibol.

Seguimos con melloras no centro, e fai tres semanas estreamos a rede de vóleibol, instalada no patio. E xa nos estamos facendo uns expertos neste xogo!

Entroido

 

Estimadas familias:

Solicitamos a vosa colaboración para facer unha exposición no Entroido en referencia ao proxecto do Centro deste curso:

-Elaboración a partires de material de refugallo ( rolo de papel cociña, botes, botellas, rolo de papel hixiénico, pratos plástico,...)  de ANIMAIS ( carautas,antefaces,……). Entregarase á /ó titor@ na semana do 18  ao 22  de FEBREIRO)

 

Grazas pola vosa colaboración

Estimadas familias:

Solicitamos vuestra colaboración para hacer una exposición en el Carnaval en referencia al proyeccto de Centro de este curso:

-Elaboración a partir de material de deshecho ( rollo papel cocina, botellas, botes, rollo papel higiénico, platos plástico, corcho…) de ANIMALES ( caretas, antifaces,…). Se entregará al tutor@ en la semana del 18 al 22 de febrero.

 

Gracias por vuestra colaboración.

 

Ciencia lúdica e sen fronteiras e teatro de maiores

Onte 13 de febreiro saímos en prensa por partida dobre:

 

 

Visita do alumnado de 6*B a residencia de persoas maiores A Milagrosa

O alumnado de 6*B, o pasado mes de xaneiro visitaron a residencia de persoas maiores A Milagrosa. Leron un poema de José Saramago adicado aos maiores e representaron unha  obriña  de teatro sobre as boas decisións titulada “Aquí todos cabemos” , da que se deduce un ensino de que todos, nenos, adultos e maiores somos importantes.

Foi unha experiencia moi gratificante para o alumnado e as persoas maiores.Estamos desexando que veñan  visitarnos!

 

 

 

Menú Febreiro

Adxuntamos os menús de BASAL e ALMORZO do mes de Febreiro.

Actuación do Día da Paz


Empezamos a celebración do Día da Paz coa lectura do novo lema do colexio: "Se aceptamos a xente como é, comezamos con bo pé" nos diferentes idiomas que conviven no centro escolar. Pódese ver o vídeo aquí.

O seguinte foi a lectura dos poemas elixidos para decorar as pombas que se colgaron na entrada do colexio;pódense ver en detalle pulsando aquí.

 

E por último, a marabillosa actuación interpretando a canción de Queen para todo o alumnado do centro e o profesorado.

Deixámosvos este vídeo da actuación dos grupos de 6º polo Día da Paz: voces,teclado,percusión...e unha letra adaptada ao noso Centro nada menos que coa música  do grupo de rock "Queen"!

Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós!

 

Parabéns a todos @s participantes e à mestra de Música do cole en particular!

 

As pombas do Día da Paz

Aquí van algúns dos traballos elaborados nas clases cos titor@s  que logo pasaron a formar parte da decoración do Centro polo día da Paz.

Os textos podíamos elexilos do libriño de Poesías pacifistas que o equipo de Biblioteca confeccionou con motivo desta celebración ou inventalos nós,como fixeron algúns cursos

 

Vedes que ben quedaron?

Pois non vos perdades o recital que publicaremos en breve ! 

 

 

Visita ao centro do IES MURALLA ROMANA

Esta mañá viñeron ao Centro o director  e a orientadora do IES Muralla Romana,o instituto ao que está adscrito o noso cole.Déronnos  moita e moi útil  información e resolveron as dúbidas do alumnado de 6º,que non paraban de facer preguntas !

O horario,as taquillas...pódese levar móbil ? Curiosidades e cousas tamén moi interesantes:sabedes que no recreo fan Campionatos de tenis de mesa ? Ou que a biblioteca está aberta ata as 11 da noite ? O da axenda pareceulles unha idea estupenda e xa están desexando que chegue Maio para devolverlles a visita !

                           Moitas grazas por vir !

Distribuir contido


by Dr. Radut