Actividades
Actividades sobre o Día da Paz
Achégase o 30 de xaneiro no que conmemoramos o día mundial pola Paz. Este ano realizaremos coa colaboración de todos un mercadillo solidario de xoguetes usados. Coa recadación axudaremos á ONG Miradas al Mundo a construir unha nova escola para os nenos da aldea de Dembanje en Guinea Bissau. Tamén conmemoraremos este día cunha actividade no patio todos xuntos. Deixamos tamén dúas actividades interactivas para que practiquedes os vosos coñecementos relacionados con esta conmemnoración. Picade nas imaxes.
Recitando a Celso Emilio Ferreiro
O alumnado de 4ºEP realizou unha lectura pública do coñecido poema Deitado frente ao mar, participando nesta actividade proposta para toda Galicia o 12/12/12.
NO DÉCIMO ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO
Carlos Casares
1941- 2002
..Pois Lorenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita.
É unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de colores. Xa puxo dous marelos, un rosa e tres verde mar. Ademais non di cacaracá, senón cocorocó. E isto ten moi preocupadas as autoridades.
Festival das Letras Galegas
O venres 25 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas 2012, e como colofón ás diferentes actividades realizadas nos días anteriores, celebramos un festival no que participou o alumnado con cancións, bailes e poesía. Grazas a todos polo voso traballo. FOTOS DO FESTIVAL
Valentín Paz Andrade
O xoves 17 de maio celebramos un ano máis o Día das Letras Galegas. Este ano, como sabedes, conmemoramos ademáis o 50º aniversario desta celebración. O 2012 está adicado a Valentín Paz Andrade, escritor polifacético do século XX.
Facendo clic na imaxe podedes descargar o díptico elaborado polo Equipo de Dinamización da Língua Galega deste Colexio, no que atoparedes resumida información sobre o autor e a súa obra. Tamén podedes traballar con máis profundidade a figura de Paz Andrade seguindo o seguinte link http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas cheo de información e actividades.
50 anos de Letras Galegas
Este ano cúmprense 50 anos da conmemoración do Día das Letras Galegas. No Colexio quixemos contribuir cunha actividade especial de lectura das obras dos diferentes autores homenaxeados, por parte de alumnas-os de primaria. Nos diferentes vídeos podedes ver e escoitar o traballo dos rapaces.
http://www.youtube.com/watch?v=2z0g2cbO6RQ - 2ºEP
http://www.youtube.com/watch?v=W6EPDBhtXhw -3ºEP
http://www.youtube.com/watch?v=dtyz6OG1q38 - 4ºEP
http://www.youtube.com/watch?v=NtSVe2Pw5rI - 5ºEP
http://www.youtube.com/watch?v=XOY7JurC_HY&feature=relmfu - 6ºB
TELEXORNAL PAZ ANDRADE
Telexornal realizado polo alumnado do CEIP de Dices (Rois) sobre a figura de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Un traballo estupendo. A nosa noraboa e o noso agradecemento pola súa labor e xenerosidade ao compartilo cos demais.
CENTENARIO DO NACEMENTO DE CUNQUEIRO
Celebramos o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, aínda que un pouco atrasado, cunha exposición sobre a súa vida e obra, que está exposta na entrada do Colexio. Tamén escoitaremos, pola magafonía, algúns dos seus poemas musicados por Amancio Prada.
Se queredes ver a exposición dende a vosa casa,clicade na imaxe.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- seguinte ›
- última »