Actividades
MEMORIAS DUN NENO LABREGO
Celebramos o 50 aniversario da publicación do libro de Xosé Neira Vilas "Memorias dun neno labrego"
O día 26 de outubro recibiremos a visita do autor, mentres podemos coñecer a Balbino con estes carteis e actividades.
Tamén podemos xogar e aprender sobre o libro facendo clic na imaxe.
PREMIOS CONTOS COMPARTIDOS
PREMIO EDUCACIÓN INFANTIL
Lucas Cerqueiro Espinosa e Irene Cerqueiro Espinosa
PREMIO 1º CICLO DE PRIMARIA
Xoán López Castro e Mª José Castro Pampín
PREMIO 3º CICLO DE PRIMARIA
Ana Mª García Novo e Carmela Novo Garea
Festival das Letras Galegas 2011
Durante a mañá do venres 27 de maio conmemoramos a festividade das Letras Galegas coa realización de dous festivais, un para os máis pequenos, e o outro para o alumnado de 2º a 6º de primaria. Houbo un pouco de todo, cancións, teatro, música, e a actuación estelar do grupo musical de Pablo Díaz. Neste ALBUM podedes ver as imaxes. Grazas a todos os que colaboraron para que unha vez máis tivésemos un estupendo festival.
- APIs de Blogue
Conmemoración do Día da Paz
O venres 28 de xaneiro conmemoramos o Día da paz. Nesta ocasión levaremos a cabo unha carreira solidaria en colaboración coa ONG Save de children "Kilómetros de solidaridade". Básicamente consistirá en que cada alumno buscará padriños entre os seus familiares que lle darán X euros por cada kilómetro que recorran na carreira. Todo o diñeiro recaudado o enviaremos a esta ONG para axudar á infancia de HAITÍ.
Tamén deixamos unhas actividades elaboradas no Colexio para traballar dun xeito lúdico a paz a través da lectura.
No seguinte enlace podedes xogar con outra actividade para o 2º e 3º ciclo de primaria http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfernandezlatorre/node/294
Tamén dende a Biblioteca do cole nos deixan unha recopilación de videos e cancións relacionados co día da paz
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
POSTAIS GAÑADORAS
|
|
|
|
TEXTO GAÑADOR
Reis Magos e Papá Noel,
coidado con ese cartel,
que di que en Galicia
comemos con moita ledicia:
uvas e champán.
Polo Nadal, que vas facer Pillabán?
Os agasallos xa chegarán.
Carla, 6º A
CELEBRAMOS O 125 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE ROSALÍA
Has de cantar,
Canta, meniña,
Canta, meniña,
Papiñas con leite
Patacas asadas |
No taboleiro da entrada, do Colexio, temos unha pequena exposición sobre a vida e obra de Rosalía, tamén a podedes ver clicando aquí
Cancións para Antía
O grupo "Fol do Vento" presentounos o seu traballo Cancións para Antía no Salón de Actos do Centro para todo o alumnado de infantil.
Como podedes ver nos vídeos disfrutamos moito neste concerto tan divertido, onde ademáis os participantes amosaron coñecer as letras de todas as cancións
CADA COUSA CO SEU NOME
Con motivo da celebración do “Día das Letras Galegas” realizamos variadas actividades coas que o alumnado puido percibir que o galego ten unha utilidade xeralizada na nosa vida cotiá e que non só sirve para ocupar unhas horas das actividades lectivas. Entre estas actividades cabe salientar a entrega de carteis, en peixerías e froiterías do barrio, co nome dos peixes e froitas.
Agradecemos a estes establecementos a colaboración prestada.
|
|
Festival das Letras Galegas
O martes 18 de maio celebramos o festival para conmemorar o Día das Letras Galegas. Fixemos un adicado aos máis pequenos e outro para o resto do alumnado. Como sabedes este ano contamos coa colaboración da cantante do grupo Luar na Lubre e dende aquí dámoslle as gracias pola súa desinteresada participación. A continuación podedes ver imaxes do festival AQUÍ ou nos seguintes videos.
Máis vídeos nos seguintes enlaces:
http://www.youtube.com/watch?v=uVnkRLj1dyY
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- seguinte ›
- última »