Actividades

Letras Galegas 2010 - Uxío Novoneira

Como todolos anos o 17 de maio celebramos en Galicia o día adicado a     nosa língua. Cada ano a Real Academia da Língua Galega elixe un autor recoñecido pola súa traxectoria en prol do galego.

Dende o EDNL do Colexio elaboramos unha serie de documentos divulgativos sobre a figura de Uxío Novoneira. Trátase dun díptico , un marcapáxinas e unha actividade interactiva on line sobre o escritor do Courel.

Para completar a celebración, o martes 18 de maio celebraremos un festival musical e literario onde contaremos cunha invitada moi especial, a cantante do grupo "Luar na Lubre" que actuará acompañada de alumnas de 6º de primaria, sen dúbida todo un luxo.

Xa o venres 21 entregaremos a todos a revista do Centro Aquelarre.

CONCURSO DE CARTEIS

 

ENTROIDO 2010  

Gañadores do concurso de carteis:

1º Ciclo: Clara Gagino

2º Ciclo: Mar Sanjurjo

3º Ciclo: Lucía Mata 

Xoga co Entroido

Xa está aquí o entroido e o ENDL do Centro presenta esta actividade feita en Lim para aprender dun xeito máis divertido

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

HOXE VISITOUNOS O APALPADOR

Quen é o Apalpador?

Este personaxe é un xigante que vive nas montañas do Courel, na noite do 24 ou 31 de decembro, baixa ás aldeas ou ás vilas para apalpar as barriguiñas dos nenos/as e saber se estaban ben mantidos. Se están ben cheos dicíalles:"Así , así sexa todo o ano". No caso contrario, non lles dicía nada, pero lles deixaba as castañas igual.
Hoxe, 21 de decembro,no CEIP "Juan Fernández Latorre", o alumnado de infantil e 1º de Primaria, recibiron a visita do Apalpador que apalpou a barriguiña duns nenos para ver se estaban ben mantidos. Rematando cun conto que se chamaba "Chivo chivóns".

  

Actividade sobre o magosto

Picando na  imaxe da fogata  entraredes na actividade  para xogar e aprender sobre o magosto.

Se ademáis queredes ver as fotos da celebración do magosto facede clic na cámara


Powered by Drupal - Design by artinet