Blog A Pedra
AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES
Enviado por Blanco Rodrígue... o Xov, 26/10/2023 - 20:36Para celebrar o día das BIBLIOTECAS e o ANIVERSARIO DE PAPIRUS os nenos e nenas de 4º curso amadriñaron e apadriñaron aos máis pequenos de 2º curso, foi unha sesión moi bonita, daba gusto observar a conexión lectora que tiñan pequenos e grandes.
GRAZAS, COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS! Premede na imaxe para ver o vídeo.
Ademais, o alumnado agasallou a Papirus cuns bonitos debuxos que están decorando o corredor do Bibliocastelo.
AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES NO ANIVERSARIO DE PAPIRUS
Enviado por Amalia Omil o Xov, 26/10/2023 - 18:34Hoxe foi un deses días que seguro que non esqueceremos. Para celebrar o aniversario de Papirus, o alumnado de cuarto amadriñamos e apadriñamos á rapazada de segundo.
Sabedes en que consiste? Pois ben, xs maiores lémoslle un libro axs pequenxs.
Como preparamos esta actividade? Primero soubemos a quen lle iamos ler. Pensamos que tipo de libro lle gustaría e eliximos un da nosa casa ou da biblio da clase ou do cole. Despois adestramos moito e por fin hoxe fomos buscalos ás súas clases.
Xa no Bibliocastelo buscamos un recunchiño cómodo e a gozar coa lectura e a compañía.
Mirade no vídeo que bo ambiente había no Bibliocastelo. Eu creo que este foi o mellor agasallo que lle poidemos facer ao noso polbiño preferido.
Se clicades nas imaxes poderedes ver vídeos que resumen moi ben esta bonita actividade.
MOVENDO O ESQUELETO CON LINGUA DE SIGNOS
Enviado por Amalia Omil o Mar, 24/10/2023 - 17:45O alumnado de cuarto de primaria estamos levando a cabo un proxecto sobre o corpo humano. Unha das actividades máis chulas que fixemos foi a interpretación da canción do Esqueleto de Migallas en lingua de signos.
Mil grazas a Rosa Louro, a nosa intérprete de signos. No seguinte vídeo poderedes ver o chulo que quedou e o requetebén que o pasamos. Clicade na imaxe.
A BANDA DE MÚSICA DE BUEU VISITA O NOSO COLE
Enviado por Amalia Omil o Mar, 24/10/2023 - 17:21O pasado mércores, 17 de outubro, tivemos o honor de recibir no cole á parte dos integrantes da Banda de música de Bueu.
Fixéronos unha clase maxistral sobre os diditintos instrumentos. Tamén fixeron un miniconcerto e... o máis interesante: deixáronnos tocar!
Clicade na imaxe para comprobar o ben que o pasamos.
Xornada de convivencia Juan XXIII
Enviado por Susi Fernandez o Dom, 22/10/2023 - 19:40O martes 17 de outubro a rapazada dos dous grupos de terceiro fomos visitar o centro Juan XXIII de Cangas nunha xornada de convivencia.
Nun primeiro momento, a directora nos sensibilizou sobre o tema da discapacidade e logo levounos a visitar todo o centro.
Ao remate da visita, repartímonos en 6 grupos e cada un deles participou en dous diferentes talleres, amenizados por todos os traballadores e usuarios do centro.
Os talleres eran os seguintes:
1. OBRADOIRO DE CARPINTERÍA E XOGOS DE MADEIRA
2. OBRADOIRO DE MANIPULADOS e COMUNICACIÓN EN L.S.
3. OBRADOIRO DE MEMORIA e EMOCIÓNS
4. OBRADOIRO DE EUROS E COCIÑA
5. MANTEMENTO FÍSICO e RELAXACIÓN MULTISENSORIAL
6. OBRADOIRO DE MANUALIDADES e BISUTERIA
Ao rematar cada obradoiro, obsequiaronnos cun agasallo: un diploma ou unha manualidade realizada no propio taller.
A merenda foi seguida por un ratiño de xogos no que os rapaces seguiron interactuando cos usuarios do centro e todos o pasamos moi ben!
Para rematar, xuntámonos todos para unha valoración da xornada que foi unánime: a todos nos encantou!
A sensibilización nos parece indispensable para unha sociedade máis inclusiva, respetuosa e chea de valores porque… Todos somos iguais aínda que todos somos diferentes!
DÍA DAS ESCRITORAS
Enviado por Marta Valbuena o Dom, 15/10/2023 - 23:00Hoxe celebramos o DÍA DAS ESCRITORAS na escola con varias actividades: fixemos un pequeno escrito na nosa libreta de aula, investigamos a algunhas escritoras galegas, debuxamos marcapáxinas, visitamos a exposición da Biblioteca e debuxamos a portada de libros escritos por mulleres.
Foi moi interesante porque descubrimos que moitos dos nosos libros favoritos estaban escritos por mulleres!!!
RENOVANDO O RECUNCHO METEOESCOLAS
Enviado por Marta Valbuena o Xov, 12/10/2023 - 23:00No inicio deste curso, renovamos o recuncho de rexistro de datos de Meteoescolas. Retiramos murais en mal estado, restauramos otros, reutilizamos outros con zonas novas e ampliamos a zona de rexistro. Aproveitando os debuxos da nosa mascota Papirus con diferentes meteoros, creamos un xogo de clasificar no seu lugar correspondente as imaxes.
Conseguimos así que todo sexa máis intuitivo e visual para que o alumnado comprenda mellor o rexistro meteorolóxico.
A MALETA
Enviado por Marina Lorenzo o Lun, 09/10/2023 - 23:00Este ano tampouco nos resistimos a facer a dinámica da maleta, para falar un pouco de cada un de nós e así poder coñecernos mellor.
Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo:
1ª saída do curso: FIC BUEU
Enviado por Marta Valbuena o Dom, 01/10/2023 - 16:44O pasado luns 18 de setembro fomos ao FIC Bueu. É unha actividade que levamos facendo moitos anos e nos encanta porque consiste no visionado de curtas que elixe a organización do festival para nós.
Nesta ocasión puidemos ver 6 curtas, algunhas nos gustaron máis e outras menos. Así que, ao chegar a escola fixemos as nosas votacións: a que máis nos gustou foi BELLYSAURUS e a que menos foi META.
Ademais os días anteriores e posteriores, realizamos na clase actividades moi interesantes sobre o cinema e as curtametraxes.
Encántanos esta actividade!!!
TAEKWONDO
Enviado por Goretti Cordeiro o Ven, 29/09/2023 - 10:48Esta última semana de setembro, tivemos a visita de Belén Asensio adestradora Nacional de 5ºDAN e dobre campiona Mundial e de Europa. Coa axuda da súa compañeira Jessica organizou unhas sesións para darnos a coñecer algo máis do deporte que elas practican, o Taekwondo. E así fomos baixando por cursos ao ximnasio, primeiro comezamos cun pequeno quecemento e logo explicounos como realizar as patadas, que tipo de materiais empregan e normas básicas como o saúdo( Kionñe) a posición de combate( Chumbi) o grito (kiap)... A continuación fixemos xogos de iniciación por parellas e para rematar a sesión fomos pasando de un en un para medir a potencia das nosas patadas cun mit electrónico. A verdade é que aprendimos algo máis dun deporte olímpico basado nun arte marcial de orixen coreano, o Taekwondo. Grazas pola vosa visita e o voso tempo. Ata a próxima.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »