CURSO 3ºA 3ºB
Meteoescolas
Enviado por Susi Fernandez o Ven, 21/06/2024 - 16:30O alumnado de 3º, coma cada ano, participamos na recollida de datos meteorolóxicos en dúas semanas do curso escolar.
Fomos ao inicio da xornada á caseta meteorolóxica no patio da escola para recoller a chuvia do pluviómetro e medir a cantidade que había, ademais das temperaturas máximas e mínimas.
Tamén realizamos un recopilatorio de refráns do tempo.
Encántanos convertirnos en meteorólogos e meteorólogas por uns días!
DÍA DA LINGUA DE SIGNOS 2024
Enviado por Ainhoa Suarez o Xov, 20/06/2024 - 10:07O 13 de xuño celébrase o Día Internacional da Lingua de Signos. Con tal motivo a nosa intérprete Rosa gravou este vídeo co alumnado co centro. Grazas tamén á mestra de música Elsa, por deixarnos empregar a súa canción PRESENTIMENTO.
CONTACONTOS
Enviado por Susi Fernandez o Mér, 05/06/2024 - 10:01Onte o avó de Aldán e o seu mono viñeron a visitarnos para un contacontos. Relataron historias que lle pasaron á súa antepasada : Natalia a mataogros, que tamén foi a mata tiburóns. Relatos incribles de tempos pasados.
Mil gracias pola visita, foi un placer recibilo e escoitalo!
ROTEIRO POLO RÍO BISPO
Enviado por Susi Fernandez o Ven, 19/04/2024 - 13:20Para rematar o proxecto das plantas, os terceiros fomos nunha camiñata pola beira do río Bispo. Recollemos un montón de follas e flores para clasificalas na clase.
Ao rematar, merendamos no parque e xogamos un bo rato aproveitando o día solleiro.
Foi unha mañá moi divertida!
Ollade o seguinte vídeo.
A de Astrónomas
Enviado por Susi Fernandez o Sáb, 09/03/2024 - 13:26Con motivo da celebración do día Internacional da Muller (8 de marzo), os terceros realizamos unha visita ao Museo Massó onde ofertaban o taller “Con A de astrónomas”, no que se abordou a importancia da achega de diferentes mulleres astrónomas que foron esquecidas. Desde Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía. Construimos o noso propio planetario para levar para casa!
Tamén realizamos a visita ao museo, onde ademáis de contarnos a historia da factoría conserveira e a actividade pesqueira, explicáronnos a importancia e as desigualdades do traballo das mulleres naqueles tempos. Impactounos ver nenas e menos da nosa idade traballando naquel entonces.
TEATRO AFUNDACIÓN E MUSEO
Enviado por Susi Fernandez o Sáb, 09/03/2024 - 12:58O martes 5 de marzo, a rapazada de segundo ciclo fomos a Pontevedra a ver a obra de teatro “Hugo” no teatro de Afundación.
Gañadora do Premio María Casares ao “Mellor espectáculo para o público infantil e familiar no ano 2022”, Hugo conta a historia dun neno que é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día e gústalle falar e as plantas. Aprenden, cunha chea de sensibilidade e empatía, a interactuar e ser amigos. Hugo fala da diversidade, da convivencia e da beleza de ser diferentes.
Tamén realizamos unha visita ao museo de Pontevedra. Os terceiros xogaron a ser detectives da arte: un cadro desaparecera e debían adiviñar quen fora o culpable. En canto aos de cuarto foron ver a parte da prehistoria no museo e ata luciron os torques daquela época!
Unha mañá moi instrutiva e divertida.
Dando nova vida aos residuos
Enviado por Susi Fernandez o Lun, 26/02/2024 - 23:22Hoxe veu visitarnos Manolo, de PONTE A ZERO, para concienciarnos sobre a importancia das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
Deunos ideas dalgunhas actividades que podemos realizar na nosa casa con material reutilizable como poden ser un teléfono con dous botes de plástico e un fío, decoracións de polispán para o Nadal ou calquera festividade, un amplificador de volume para o móbil…
Despois, realizamos unha manualidade con caixas de galletas e un par de gomas. Unha maneira moi divertida de dar nova vida a eses materiais que se ían a desbotar, iso si, cada un no seu contedor para reciclar.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES EN LSE
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 26/02/2024 - 18:14Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, a intérprete do noso centro, Rosa Louro, foi gravando a tódolos grupos do cole mentres signaban este podema tan coñecido: Adiós ríos, adiós fontes. Grazas Rosa!!!
ILLAS ATLÁNTICAS
Enviado por Susi Fernandez o Lun, 19/02/2024 - 19:54
Hoxe viñeron a traernos as Illas Atlánticas ata as nosas aulas de terceiro.
Comenzaron falándonos da súa situación e dos diferentes tipos de flora e de fauna que se poden atopar nas illas. Despois, xogamos a pescar imaxes de animais e situabámolas segundo onde vivían. Ao final, vimos un vídeo con moitas especies autóctonas no seu hábitat natural.
Encantounos a visita, aprendemos moitísimo xogando!
FESTIVAL DE NADAL 2023
Enviado por Ainhoa Suarez o Mér, 27/12/2023 - 15:34Aquí tendes o Festival de Nadal celebrado nos últimos días de clase. Despois do traballo musical de todo o trimestre, este foi o resultado final. Grazas á profe Elsa pola organización, e ás demais persoas que participaron.
Agardamos que vos guste!!!