CURSO 4ºA 4ºB
LETRAS GALEGAS
Enviado por Susi Fernandez o Mér, 18/05/2022 - 06:36
O venres 13 de maio, despois do recreo, xuntámonos no patio cuberto toda primaria para conmemorar cun pequeno acto o día das Letras Galegas, en honor a Florencio DELGADO GURRIARÁN.
O programa foi o seguinte:
1º.- Lectura de poemas de Florencio Delgado Gurriarán
- 1ºA – O río Farelos
- 1ºB e 2º – Muiñada
- 3º e 4º - Choiva
- 5º - Domadora de serpes
- 6º - Salve
Esta foi a actuación de 3º e 4º, recitando a poesía "CHOIVA"
2º. - Canción do 50 aniversario tamén en lingua de signos.
3º.- Alumnado de 5º interpreta “Son do ar” coa frauta.
4º.- Alumnado de 6º interpreta “Ondiñas veñen” coa frauta.
5º.- Himno galego.
MIGALLAS TEATRO VISITA O NOSO CENTRO
Enviado por Ana Cabaleiro o Mar, 10/05/2022 - 20:44
Grazas ao concurso de "Búscase talento" que celebrou a Deputación de Pontevedra, un dos nosos alumnos, Goro de 3ºA foi premiado con varios agasallos e un deles foi unha representación teatral para os dous cursos de 3º. Pasamos unha sesión moi divertida con MIGALLAS TEATRO, como sempre fixéronnos gozar dos contos, da música e do galego, porque sempre aprendemos algunha palabra nova, que bonito idioma temos!
Ollade que ben o pasamos!
MOITAS GRAZAS, DEICA OUTRA!
SEMENTAMOS OS DE TERCEIRO
Enviado por Susi Fernandez o Ven, 06/05/2022 - 15:29Hoxe, o alumnado de terceiro sementamos leitugas, tomates e pipas para o proxecto das plantas que estamos a traballar neste trimestre. Tamén puxemos aguacates en auga para que lles crezan as raices e despois plantalos no patio.
Estreamos o carriño con rodas e botámoslle turba, as sementes e compost da composteira do cole. Despois regamos todo e... a esperar a ver se crece todo!!
O proxecto das plantas está a dar moito xogo e aprendemos unha morea de cousas, pasándoo ben!
SAÍDA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA AREEIRO 2022
Enviado por Ana Cabaleiro o Mér, 04/05/2022 - 15:55
Co gallo do noso proxecto sobre AS PLANTAS, organizamos unha saída moi completa para ver e tocar o que estamos a estudar!
Comenzamos no Pazo de Lourizán, camiñamos unha horiña polos seus bonitos xardíns e contemplamos as súas árbores de gran tamaño, así como tamén a gran variedade de plantas.
Tras un pequeno descanso e merendar, continuamos a noso roteiro, seguinte parada, a estación fitopatolóxica de Areeiro. Alí estaba Silvia a nosa guía. Con ela pasamos o resto da mañá... cantas curiosidades aprendemos! Que hai máis de 150 variedades de camelias, que se fai té con elas, vimos plantacións de kiwis, aguacates...
Mirade neste vídeo o ben que o pasamos, todo o que sexa saír da aula é máis divertido!
REVITALÍZATE!!
Enviado por Susi Fernandez o Lun, 25/04/2022 - 16:39Esta mañá indagamos sobre a vida no composteiro! Pero... quen vive aí?
A compostaxe é unha cuestión de conciencia, de fomentar hábitos nos nosos rapaces para que adquiran unha conciencia medio-ambiental e iso dende moi pequenos.
Armados dun pincel, dunha lupa e de microscopios rebuscamos no compost na procura de bichiños escondidos. Algúns eran suficientemente grandes para observalos a simple vista, pero necesitamos o microscopio para ver outros, moi pequeniños e fráxiles. Había que aguzar moito a vista e estar moi atentos a calquera movemento!
Atopamos unha morea de animaliños traballando cada quen á súa maneira para producir o abono tan necesario para as plantas.
Pasámolo pipa no noso rol de científicos!
Botádelle un ollo aos seguintes vídeos:
BÚSQUEDA DO TESOURO
Enviado por Susi Fernandez o Dom, 24/04/2022 - 11:19O venres 8 de abril, despois do recreo, a profe Geli preparounos unha búsqueda do tesouro por equipos. Puxémonos un sombreiro cada un e... xa estabamos listos para a aventura!
Tivemos que atopar as pistas por todo o cole que nos conduciron directamente ao tesouro, deliciosos CHOCOLATES!! Mmmmm... co lambóns que somos!!
Encantounos a actividade, moitas grazas, profe Geli!!
CHARLA SOBRE A DIVERSIDADE SEXOXENÉRICA
Enviado por Ana Cabaleiro o Xov, 21/04/2022 - 16:43
O mércores 6 de abril, a mestra Cris agasallounos á nosa aula cunha charla supeeeer interesante na que aprendemos un montón de vocabulario novo e abrimos un pouco máis as nosas mentes!
Empezou cun xogo, repartíu en cada equipo tarxetas con distintos xéneros e cada un tiña que formar unha parella. O resultado foi que todxs fixeron as parellas cun home e unha muller, incluso as persoas que eran de cor as puxeron con outras de cor, as persoas máis grosas tamén as puxeron xuntas...o que son os esterotipos!
E así empezou, cada un comentou a elección das súas parellas e cando remataron decatáronse eles mesmos que non sempre é así. Aprendemos o significado de ser lesbianas, gais, transxénero, queer, bisexual, homosexual, heterosexual...e o máis importante que
CADAQUÉN TEN DEREITO A SER FELIZ E A NAMORARSE DAS PERSOAS!!
Tamén vimos unha curtametraxe moi bonita sobre o AMOR e un contacontos dun año que se sentía porquiño.
Preme na imaxe para poder ver o conto.
Pasamos dúas sesións moi divertidas chea de valores.
MOITAS GRAZAS CRIS! Ai canto te imos botar de menos! Xa es unha gran mestra! ;)
Como despedida todo o alumnado quixo agasallarte cun pequeno vídeo, resumo de todo o que te queremos. Esperamos que vos guste. Premede na imaxe para ver o vídeo.
VISITA DE VITORIA E ANXO
Enviado por Susi Fernandez o Dom, 03/04/2022 - 14:48Este venres recibimos a visita de Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, os avós de Aldán, un compañeiro de 1º. Contáronnos que foron profesores de secundaria, agora están xubilados e dedican o seu tempo libre a viaxar, ao seu neto e á súa páxina de recursos de galego en internet : ogalego.eu ou ogalego.gal.
Nesa páxina, podemos atopar múltiples recursos interesantes para axudarnos co galego: teoría e exercicios de gramática tanto para primaria coma para secundaria, xogos coma o aforcado para repasar o vocabulario, contos, adiviñas, cantigas tradicionais con letra e música...
Tamén participan na redacción da Galipedia, a wikipedia galega, e Ánxo foi o que lle fixo a entrada a Arturo Sánchez Cidrás, avó dunha compañeira nósa.
Premede no seguinte enlace para acceder á súa web: ogalego.eu
Moitas grazas pola vósa dedicación ao ensino da nosa lingua!!!
CONCURSO "BÚSCASE A TALENTO"
Enviado por Susi Fernandez o Dom, 27/03/2022 - 17:34GAÑADOR CONCURSO
"BÚSCASE A TALENTO"
O mércores 23 de marzo, toda a rapazada de 3ºA acompañamos a Goro, o gañador do acésit do concurso "BÚSCASE A TALENTO" ao Pazo da Diputación para recoller o seu premio.
Goro conseguiu un lote de libros para él, outro para o cole e unha representación teatral de MIGALLAS para os dous terceiros. Ademáis todos nos levamos un agasallo da Diputación.
Foi un día moi especial e estamos moi orgullosos de ti, Goro!
Noraboa, eres un verdadeiro artista!
MURAL DE ROSALÍA DE CASTRO
Enviado por Susi Fernandez o Dom, 27/03/2022 - 16:50MURAL DE ROSALÍA DE CASTRO
O 22 de febreiro, Esteban de Tarabelos veu a contarnos un conto de Rosalía : "Vidal o sinventura". En canto chegamos á nosa aula, comezamos a debuxar o que máis nos chamara a atención dese conto e Esteban conseguiu plasmar todas as nosas ideas no muro do patio de baloncesto.
Por mor da choiva, tivemos que esperar uns días para poder pintalo, pero ao fin o momento chegou e foi divertidísimo pintar o muro e algunha pintura tamén caiu sobre nós! Menos mal que trouxeramos roupa vella porque algúns ata se lles caeu no pelo!
Aquí tedes o vídeo:
A que quedou xenial?! Digno dos artistas que somos!! Grazas Esteban, quédanos unha estupenda lembranza dese día!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »