CURSO 4ºA 4ºB
ROSALÍA/22
Enviado por Ana Cabaleiro o Lun, 28/02/2022 - 21:51
Co gallo do nacemento de Rosalía, o 23 de febreiro festexamos o aniversario da escritora galega máis universal. Este é o primeiro ano que se celebra un 23 de febreiro e non o 24, xa que se descoñecía o día exacto ata agora.
O 22 de febreiro recibimos un contacontos, ESTEBAN de TARABELOS....e que nos veu contar?
Un conto de CANTARES GALLEGOS!
Máis tarde nas aulas, debuxamos o conto de Vidal; chourizos, unha aldea, o río Sar, Vidal, caldo, galiñas, porquiños...porque con estos debuxos Esteban algo está argallando para o noso patio.
CONTINUARÁ...!
ENTROIDO 2022
Enviado por Ana Cabaleiro o Lun, 28/02/2022 - 21:00
E POR FIN CHEGOU O ENTROIDOOOO!!!!
O venres 25 de febreiro festexamos o entroido no noso centro. Despois de toda a semana do Mandadiño, o venres despois do recreo volvemos a xuntarnos todo o alumnado no noso patio e fixemos un pouquiño de festa. Cada curso desfilou e cantamos a canción SON DE BUEU.
Día Internacional da Muller e da nena na ciencia
Enviado por Susi Fernandez o Lun, 21/02/2022 - 17:00O 11 de febreiro, os rapaces e rapazas de terceiro conmemoramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, que se celebra co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademáis para favorecer a igualdade de xénero.
Primeiro, tiveron que realizar unha búsqueda sobre as mulleres galegas científicas. Despóis, puxemos todos os datos en común e por último realizamos un comecocos para poder xogar e aprender.
Quedoulles xenial!
ILLAS ATLÁNTICAS
Enviado por Susi Fernandez o Lun, 07/02/2022 - 16:47O martes 2 de febreiro, Ana, unha monitora do Parque Nacional marítimo-terrestre das ILLAS ATLÁNTICAS, desprazouse ata o noso centro para achegarnos a eses arquipélagos e poder coñecelos mellor.
Comezou presentándonos os catro arquipiélagos do Parque Nacional e os fondos mariños que rodean as illas. Despois, falamos das plantas e dos animais que habitan o Parque e vimos uns vídeos que nos gustaron moito.
Pero o que máis nos chamou a atención foi a caixa coas pegadas que deixan as diferentes especies polo parque, e especialmente unha pel de serpe longuísima: era case tan longa coma Ana! E esa serpe deixouna atrás porque mudara e fíxose aínda máis grande.
Gustounos moito a actividade, e entendemos a importancia de coidar a nósa contorna e en especial ese Parque Nacional onde viven tantas especies de animais e plantas.
Moitas grazas pola visita e por achegarnos a ese paraíso.
O BANCO DA AMIZADE
Enviado por Susi Fernandez o Sáb, 05/02/2022 - 19:58Neste mes de xaneiro, o noso centro compartiu un proxecto de convivencia, inclusión, respeto, amizade, comprensión, soños, valores e amor : O BANCO DA AMIZADE.
Este banco especial atopouse nos diferentes patios para que se sentaran nel os rapaces e rapazas que tivesen algún problema, ou os que quixeran contar algo, ou simplemente necesitaran algo de compañía...
O resto dos rapaces estaban atentos para poder axudar e aportar a súa amizade e o seu cariño aos compañeiros que o necesitaban.
A actividade foi recibida con moito entusiasmo e eses recreos fixéronse moi curtos!
De volta á clase, realizamos unhas actividades por equipos.
DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA
Enviado por Ana Cabaleiro o Xov, 03/02/2022 - 18:24
O pasado venres 28 o alumnado de 3º celebramos O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA, por primeira vez neste curso reunímonos todo o alumnado e profesorado de primaria para cantar todxs xuntxs as cancións escollidas da RUMBA DAS APERTAS de Magín Blanco e IMAGINE de John Lennon, que estivemos cantando durante toda a semana nas aulas. Esta última canción está de aniversario como o noso centro, nin máis ni menos que 50 aniños!!
Tamén elaboramos un mural conxunto entre todas as aulas de primaria, no que cada clase continuou co lema da paz MEDRAMOS XUNTOS E XUNTAS NA PEDRA CANDO... a aula de 3º B escolleu cando COOPERAMOS, e en 3º A, CANDO TRABALLAMOS EN EQUIPO.
Dende a área de ARTS AND CRAFTS quixemos deixar as nosas pegadas nas paredes do corredor, simbolizando o respecto, a amizade, a solidaridade...importantes para vivir nun mundo mellor e en paz.
NADAL 2021
Enviado por Ana Cabaleiro o Mar, 21/12/2021 - 18:27NADAL 2021
Estes derradeiros días estivemos festexando xa o inicio das vacacións de Nadal; decoramos as aulas, os diferentes murais do centro, vimos algunha película, xogamos máis tempo no patio... en resumo, estivemos de relax!
Hoxe por mor do Covid non puidemos facer os habituais obradoiros, porén fixemos uns máis pequenos por niveis. Nas aulas de terceiro empezamos cun obradoiro de plástica no que elaboramos unha postal navideña. Despois fixeron un obradoiro de movemento moi divertido coa profe Gore.
Este é un pequeno resumo destes días!
MOI FELICES FESTAS E BO NADAL A TODXS!
O UNIVERSO
Enviado por Ana Cabaleiro o Lun, 20/12/2021 - 18:07O UNIVERSO
Non adoito repetir un proxecto pero este LIBRO DE LAPELAS sobre o universo, encántame! O NOSO UNIVERSO.
Como cada inicio de proxecto facemos unha sesión anotando todo o que sabemos e o que queremos saber.
Durante meses estivemos investigando a través de lecturas en lingua castelá e lingua galega todos os planetas. Tamén vimos un montón de vídeos sobre cada planeta, anotando as súas características e curiosidades e na biblioteca escoitamos e vimos un pequeno planetario móbil. Por outra banda, na aula de informática en parellas tamén indagamos sobre o planeta que nos tocaba e realizamos un montón de KAHOOTS sobre o universo para ir repasando a modo de xogo todo o que iamos aprendendo.
Da biblioteca do centro collimos un montón de libros para a nosa aula, tamén o alumnado trouxo libros da súa casa. Así compartimos diversas lecturas e aprendemos un montón de curiosidades.
Con cada lectura traballamos o vocabulario máis importante, aprendemos a subliñar aquela información máis relevante para posteriormente facer preguntas. Desta forma aprendemos a seleccionar os datos.
Para plasmar boa parte do que fomos aprendendo con este proxecto elaboramos este libro de lapelas.
Así foi o proceso do ben que o pasamos.
PARABÉNS POLO TRABALLO!!
1º TRIMESTRE SUPERADOOO!! ;)
PROXECTO O CORPO HUMANO
Enviado por Ana Cabaleiro o Ven, 10/12/2021 - 18:03 O CORPO HUMANO
Neste trimestre estivemos traballando o corpo humano. Como sempre tras realizar a asamblea do que sabemos e do que queremos saber, acabamos indagando sobre os distintos contidos do noso corpo. A través de pesquisas individuais e en grupo realizamos diferentes tipos de tarefas na aula. Sempre sendo eles os verdadeiros protagonistas da súa aprendizaxe. Aprender facendo é a mellor maneira de aprender!
Traballaron en equipo para estudar os ósos, os músculos, os sentidos...
Na aula de informática estiveron indagando sobre os distintos aparatos que cada equipo tiña que traballar. Despois na aula poñían en común o que atoparan. Len en diferentes páxinas, seleccionan a informarmación máis relevante, escoitan vídeos, buscan nos libros da aula e da biblioteca e xogan co aprendido. Porque aprender xogando e facendo é sen dúbida o máis motivador!
Este é un pequeno resumo de todo o proceso, mirade que ben o pasamos!
E agora ben a mellor parte, despois de todo o aprendido teñen que expoñer oralmente ao resto dos seus compañeirxs. Así aprendemos todxs de todxs. Este ano por mor da pandemia non podemos ir a expoñer a outras aulas, esperemos que poidamos recuperar a "normalidade" pronto. Sempre era unha activade voluntaria e acababan indo todxs, ata xs máis tímidxs!
Para ser o primeiro proxecto de 3º, teño que dicirvos que sodes UNS E UNHAS CRACKSSS!!!!
PARABÉNS POLO TRABALLO REALIZADO, ESTOU ENCANTADAAAAA XA O SABEDES!!
Tras ensaiar toda a semana, este é o voso resultado:
PARABÉNS!! :)
O TEMPO EN BUEU
Enviado por Susi Fernandez o Mar, 07/12/2021 - 17:25Esta semana tocounos ir todos os días a recoller os datos meteorolóxicos á caseta! Encántanos esta actividade e este ano tivemos sorte porque non houbo temporal. É unha oportunidade para repasar todo o vocabulario do tempo en galego!
Xa estamos desexando que nos volva a tocar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »