O UNIVERSO
O UNIVERSO
Non adoito repetir un proxecto pero este LIBRO DE LAPELAS sobre o universo, encántame! O NOSO UNIVERSO.
Como cada inicio de proxecto facemos unha sesión anotando todo o que sabemos e o que queremos saber.
Durante meses estivemos investigando a través de lecturas en lingua castelá e lingua galega todos os planetas. Tamén vimos un montón de vídeos sobre cada planeta, anotando as súas características e curiosidades e na biblioteca escoitamos e vimos un pequeno planetario móbil. Por outra banda, na aula de informática en parellas tamén indagamos sobre o planeta que nos tocaba e realizamos un montón de KAHOOTS sobre o universo para ir repasando a modo de xogo todo o que iamos aprendendo.
Da biblioteca do centro collimos un montón de libros para a nosa aula, tamén o alumnado trouxo libros da súa casa. Así compartimos diversas lecturas e aprendemos un montón de curiosidades.
Con cada lectura traballamos o vocabulario máis importante, aprendemos a subliñar aquela información máis relevante para posteriormente facer preguntas. Desta forma aprendemos a seleccionar os datos.
Para plasmar boa parte do que fomos aprendendo con este proxecto elaboramos este libro de lapelas.
Así foi o proceso do ben que o pasamos.
PARABÉNS POLO TRABALLO!!
1º TRIMESTRE SUPERADOOO!! ;)