Blogues

O noso magosto

O pasado xoves día 14 tivemos a sorte de volver a desfrutar

dunha das nosas festividades favoritas, O MAGOSTO.

 

Con tal motivo, durante os días previos na aula realizamos

unha serie de comprensións lectoras sobre a tradición do

magosto así como a lectura e recitado de poemas sobre

esta festa. Ademais, na sesión de ARTS realizamos unhas

coroas cunha castaña para poñernos ese día na cabeza.

 

E como ben dí o refraneiro, “polo San Martiño trompos ao

camiño”, motivo polo que antes de desfrutar unhas

riquisimas castañas o xoves tivemos uns obradoiros de

xogos populares entre os que atopamos a carreira de

zancos; salto de corda, carreira de chapas, xogos de

construción,...e o máis importante un gran momento de

diversión cos nosxs compañeirxs de 1º e doutro 2º e todo

isto grazas á asociación CORREDOIRAS.

 

Finalmente, chegaron as castañas, as cales estaban deliciosas

e fixeron que as nosas barrigas estiveran moi contentas!

 

 

Esperamos con ansias a próxima festividade!

 

                  

 

E CHEGOU O SAMAÍN!!!!!

UN SAMAÍN DE MEDO!!!!

E COMO ISTO É UN NON PARAR... CHEGOU O SAMAÍN E ... MENUDA FESTA...!!! Pasamos toda a mañá de OBRADOIROS!!

Comezamos a xornada no BIBLIOCASTELO con “CONTOS PARA NON DURMIR”  que xs compañeirxs de 6º prepararon especialmente para nós!!!!

Despois, subimos á aula de inglés, onde a profe Geli nos agardaba para facer unha cabaza máxica que contiña gominolas!!!

A continuación , gravamos coa profe Rosa Louro varias mensaxes en lingua de signos ao máis puro estilo de ESTHER ESTÉVEZ  e o seu ”DÍGOCHO EU”!!! A ver se imos conseguindo expresarnos cada vez mellor cando falamos en galego. Que...  FALAMOS QUE DÁ MEDO!!!

Como xa apertaba a fame... fixemos unha paradiña para ir a clase e saborear unha riquísima merenda a base de larpeiradas que trouxemos para compartir.

Ao rematar, deixamos todo recollidiño e baixamos a gozar do recreo. Mesmo aínda nos dou tempo a visitar o patio dxs maiores para atoparnos con compañeirxs doutros cursos, botar uns bailes e xogar.

PASÁMOLO DE MEDO!!!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS.

CELEBRAMOS O ANIVERSARIIO DE PAPIRUS!!

CONVERTÉMONOS EN MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES!!!!

O venres da semana pasada celebramos o aniversario de PAPIRUS cxs compis e coas nosas mestras de INFANTIL!!! Foi unha festa fantástica!!!Debiamos exercer de madriñas e padriños lectores e, como na ROMARÍA DE FIN DE CURSO nós seremos XS TITIRITEIRXS DA PEDRA, decidimos que a mellor maneira de facelo sería montando unha obra de teatro de monicreques.

Escollemos o conto dos SACAPENAS, de ANTHONY BROWNE, que nos encanta!!, e puxémonos mans á obra!

Foron días de moito traballo, tiñamos que elaborar un guión para converter a narración nun texto teatral con anotacións e diálogos; debuxar as personaxes para convertelas en monicreques, ensaiar moito, gravar as voces na radio (grazas á profe Lina, que nos axudou moitísimo!!!)...

Pero, sen dúbida, pagou a pena!!! Axs nosxs compis e profes de Infantil gustoulles moito!!

Para rematar regalámoslles cadanseu SACAPENAS para que poidan compartir con elxs as súas preocupacións. Elxs tamén nos sorprenderon; xa que prepararan para nós un agasallo: unha pulseira moi bonita feita con boliñas de cores e un PAPIRUS en miniatura!! FOI UNHA SORPRESA LINDÍSIMA!!

Antes de despedirnos, cantamos xuntxs a canción de PAPIRUS e fixemos unha con el para gardar de recordo.

FOI UN DÍA XENIAL!!!!

Premede na imaxe para ver o vídeo.

 

VIVIMOS O RURAL NA GRANXA-ESCOLA SERANTELLOS

PASAMOS A XORNADA GRANXA-ESCOLA SERANTELLOS

Estas dúas semanas están sendo moi intensas. Imos de festa en festa!!

O martes pasado fomos de excursión todo o día e  pasamos unha xornada magnífica na GRANXA-ESCOLA SERANTELLOS, en CAMBADOS, grazas ao programa da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA chamado  VIVE O RURAL”!!!

Vimos unha chea de animais!:

Toda clase de aves: ocas, patos, galiñas, pavos reais, faisáns, ninfas; mamíferos grandes e pequenos: desde unha vaca ata unhas cobaias!!, porcos, ovellas, cabuxiñas e un poni!!

 Estivemos nunha leira na que había millo, regaláronnos unhas cabaciñas moi curiosas que unha vez secas poden funcionar coma buxainas e mesmo fixemos pan!!!

Foi un día fantástico!!!

Premede na imaxe para ver as fotos!!

 

XA ESTAMOS EN SEGUNDO!!!

XA ESTAMOS EN 2º!!!

Benqueridas familias:

Permitídenos que desde o noso blog vos deamos a benvida a este novo curso cheo de novos e motivadores proxectos!

Este será un ano de consolidación das aprendizaxes iniciadas en 1º e o trampolín de saída para o segundo ciclo.

Aquí vos deixamos a presentación de diapositivas que proxectamos na reunión de familias do 17 de setembro.

MOI FELIZ CURSO A TODXS!!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

 

ARQUIVOS DE VERÁN

Ola, familias!!

Deixámosvos nets enlace unha selección de arquivos en pdf cunha selección de fichas para imprimir.

QUE PASEDES MOI FELIZ VERÁN!!

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/YLfNxxE28NrHEb2

 

DESCUBRIMOS OS MISTERIOS DA METEOROLOXÍA

Este curso aprendemos a traballar no eido da METEOROLOXÍA!

Durante unha semana tomamos nota das temperaturas, a presión atmosférica, a humidade, as precipitacións...

Fixémolo por partida dobre, en dúas épocas diferentes: entre xaneiro e febreiro e entre maio e xuño.

A primeira hora da mañá, antes de subir a clase, iamos á caseta meteorolóxica e tomabamos nota das medicións e, inmediatamente, nos dirixiamos ao PANEL DAS METEOESCOLAS que temos no corredor do BIBLIOCASTELO, para rexistrar a información.

Nas primeiras semanas de febreiro, cando chegou a primeira quenda, puxémonos mans á obra!! E para facelo, foi necesario aprender varios conceptos que para nós eran novos.

·       TEMPERATURAS: 

o   MÁXIMA

o   MÍNIMA

·       PRESIÓN ATMOSFÉRICA

·       HUMIDADE

·       PRECIPITACIÓNS

ENCÁNTANOS ESTA TAREFA!!!

Entre a última semana de maio e a primeira de xuño, repetimos experiencia e volveu suceder algo parecido á ocasión anterior.

A finais de xaneiro e nos primeiros días de febreiro, as temperaturas foron moi altas para a época do ano e non choveu nin unha pinga.

Polo contrario, cando lles tocou axs compañeirxs de 1º B facer as súas medicións, as precipitacións foron moi abundantes; tanto, que houbo algún deses días nos que non puidemos saír a medir porque chovía moitísimo.

Encántanos esta actividade e sérvenos para reflexionar sobre o terrible problema do cambio climático.

Como ademais nos coincidiu coa celebración do DÍA MUNDIAL DA AUGA o día 22 DE MARZO e o DÍA MUNDIAL DO PLANETA, O 22 DE ABRIL, vimos varias curtametraxes na aula, LEMOS O CONTO DA “BALLENA LLENA” e gravamos na radio escolar un fermoso poema que compuxo a profe María Martínez para reflexionar sobre temas como o uso dos plásticos, a contaminación, o consumo de auga, a reciclaxe...

Entre a última semana de maio e a primeira de xuño, levamos a cabo a derradeira quenda deste curso e fixádevos que curioso; outra vez sucedeu que nos últimos días choveu máis que na semana anterior, igual que nas outras dúas ocasións!!

Temos que coidar o planeta e cumprir cos 3 R, reducir o consumo de plásticos, reutilizar e reciclar!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

 

COÑECER BUEU

Non se podía ocorrer mellor forma de pechar o os proxectos de Coñecemento do Medio que cos tesouros desta fermosa terra na que vivimos e da que formamos parte.

Queremos compartir con vós a emoción de coñecer Bueu, as súas paisaxes, a súa Historia, as súas xentes...

Desexamos que vos guste!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN.

 

 

E POR FIN CHEGHOU O DÍA DA EXCURSIÓN!!

Por fin a longa espera chegara ao seu fin e nerviosxs e ilusionadxs subimos ao autobús de Cerqueiro que nos agardaba diante do cole para pasar todo o día de excursión!!

Pola mañá, visitamos o CASTELO DE SOUTOMAIOR e logo, pasamos o resto da xornada no PARQUE FORESTAL DO VIXIADOR, en Candeán, VIGO.

Ás sete e media da tarde regresamos ao cole.

PASÁMOLO PIPA!!!     A VER A ONDE IMOS O ANO QUE VÉN...

PREMEDE NO ENLACE PARA VER O VÍDEO.

 

 

 

 

 

REUNIÓN EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Ola,  familias!!

Como sabemos que algunhas de vós non puidestes asistir á reunión desta tarde, deixámosvos aquí  a presentación que empregamos para falar da excursión de fin de curso.

Se tendes calquera dúbida, por favor,  facédenolo saber.

 PREMEDE NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN

 

 

Distribuir contido