Blogues

UN SAMAÍN DE FESTA RACHADA!!!

UN SAMAÍN DE FESTA RACHADA!!!

Onte pasámolo mellor que de medo!!!

Celebramos un Samaín plurilingüe; en galego, en castelán e en inglés!!

Xa levabamos días facendo manualidades para decorar o recibidor do cole con cabazas e esqueletes olímpicos, ademais das meigas, pantasmas e outros seres arrepiantes que deambulan polas aulas e os corredores...

Pero a sorpresa de onte foi maiúscula cando descubrimos que nos agardaba unha xornada escolar extraordinaria,  UN SAMAÍN DE FESTA RACHADA!!!

Pasamos a mañá de obradoiro en obradoiro!! No Bibliocastelo, XS MOZXS DE 5º E 6º contáronnos uns contos de medo para escachar coa risa; as profe AMI, fíxonos un obradoiro de HALLOWEEN con xogos en inglés, coa profe “MARTES” cantamos, signamos, xogamos e bailamos a canción do Samaín de Uxía Lambona e a Banda Molona e coa profe GELI fixemos unhas marionetas de cartolina con caras de bruxas, vampiros e cabazas chulísimas!!!!

A media mañá, tivemos unha paradiña para merendar nas aulas e para rematar o día, festa rachada con música e baile no patio dxs maioresª!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS AXS ALUMNXS de 5º e 6º POLOS SEUS CONTACONTOS!!!

E A TODAS AS PROFES QUE ORGANIZARON PARA NÓS ESTE DÍA  XENIAL!!!

 FOI UN SAMAÍN ESPECTACULAR!!!

PASÁMOLO DE MEDO!!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS.

CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE PAPIRUS

CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE PAPIRUS

 

O 24 de outubro o noso querido Papirus está de aniversario e, cada ano, organizamos quendas para poder visitalo no seu BIBLIOCASTELOe cantarlle os PARABÉNS.

 

Este curso, como xa estamos en Primaria, tivemos que agardar ata o xoves 26 para poder festexalo. Pero, pagou a pena porque compartimos a festa cxs compis de 3º, que nos tiñan preparada un sorpresa moi linda.

 

Cando chegamos á biblio xa estaban todxs sentadiñxs  a esperar a nosa chegada. Unha vez nos acomodamos, xs profes puxeron na pantalla varios vídeos:

 

o  No primeiro, varias rapazas de 6º, que forman parte do Equipo de Axudantes de Papirus, nos explicaban que este ano o tema central do Proxecto da biblioteca serán As Olimpíadas; pero non unhas calquera, senón, AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS.

 

o  O segundo contaba historia da nosa querida mascota e do seu Bibliocastelo.

 

o  Co terceiro, cantamos xuntxs a canción Papirus.

 

Pero o mellor foi o que sucedeu a continuación! Cada compañeirx de 3º seleccionara un conto para lernos a cadaquén de nós!! As profes mandáronnos sentar por parellas ao longo e ancho da biblio; que, de súpeto se converteu nun xardín  máxico no que plantamos sementes de amizade   con forma de APADRIÑAMENTOS LECTORES!!

 

Despois, fomos ás aulas de 3º onde xuntxs debuxamos un agasallo para Papirus.

 

FOI UNHA EXPERIENCIA PRECIOSA!!

 

MOITÍSIMAS GRAZAS, COMPIS  de 3º!!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

 

 

HOXE FOMOS AO FIC!!

HOXE FOMOS AO FIC!!!

 

Esta mañá foi especial!!

 

A pesar de que a chuvia estivo a piques de estragarnos a festa; Anita, a directora do cole, salvounos do desastre!! Chamou a CERQUEIRO, e un autobús viunos rescatar para que puidésemos chegar a tempo de gozar das pelis que nos estaban agardando no Centro Social do Mar!!!

 

A semana pasada xa traballaramos na clase sobre varias cuestións relacionadas co FIC como:

              .- Explicar que sabiamos do FIC

 

.-Imaxinar que mira o ollo misterioso que aparece no cartel de FIC deste ano.

 

.-Adiviñar de que tratarían as curtametraxes que habiamos ver hoxe.

 

Estes son os fotogramas; a ver que vos parecen a vós!

 

Antes de marchar, fixemos a foto. MIRADE QUE GUAPXS ESTAMOS!!!

 

    

 

Cando saímos do cine, como xa comezaban a despexarse as nubes, puidemos regresar andando.

 

Ao chegar, lavamos as mans, merendamos a baixamos ao recreo.

 

De volta nas aulas, votamos as pelis que máis nos gustaran.

 

 

As tres que máis puntuación acadaron foron:

 

1º.- POLISÓN (a do barco pirata)

 

2º.- A SOPA DE FRANZY

 

3º.-O MEU AMIGO O TIGRE

Encántanos ir ao FIC!!!

 

QUERÉMOSLLES DICIR

 

“MOITAS GRAZAS!!!”

 

A TODAS AS PERSOAS QUE TRABALLAN TANTO

 

PARA PODER ORGANIZALO

 

E, MOI ESPECIALMENTE,

 

Á NOSA QUERIDA  PROFE MARÍA!!!

 

BENVIDXS A PRIMARIA!!

Xa pasou unha semaniña desde que comezamos e non queremos deixar pasar máis tempo sen darvos a benvida de deixarvos colgada a presentación de diapositivas que empregamos na reunión de familias que tivemos o día 7.

 Sentídevos BENVIDXS AO COLE GRANDE!!

 

 

 PARA VER A PRESENTACIÓN DE DIAPOSITIVAS PREMEDE NA IMAXE e CLICADE AS TECLAS "CONTROL"+ "FUNCIÓN" +"F5" .

 

 

 

 

CHARLA SOBRE TEA (TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA)

Hoxe recibimos no noso cole a visita de Imelda. Veu  representando a asociación Superheroes do Morrazo para falarnos sobre o TEA (Trastorno do espectro autista)

Empezou  por falarnos da diferenza entre discapacidade e diversidade funcional. Díxonos que é así como queren ser recoñecidxs porque as súas capacidades son diversas.

Esta diversidade funcional precisa de apoio, axuda e comprensión por parte de familia, profesorado, amigxs e compañeirxs.

Por que se caracterizan as persoas TEA?

·      

Adoitan ter dificultades nas súas relacións sociais.

·      

Teñen intereses restrinxidos

·      

Utilizan patróns repetitivos.

Imelda tamén nos contou que hai falsos mitos ao redor do autismo porque non é verdade que lle guste a soidade, nin que sexan persoas enfermas e moito menos que se comporten con agresividade.

Foi moi interesante entender que as persoas co trastorno autista teñen no seu cerebro todo pero de xeito desordenado, mentres que as persoas neurotípicas as teñen ordenadas en caixóns. Iso explica que sexan máis lentxs e que precisen da nosa axuda.

Despois desta charla considerámonos máis competentes para entender e sobre todo colaborar e  facerlle a vida máis fácil as persoas con TEA.

 

GRAZAS IMELDA!

 

Primeiros pasiños!

Neste curso académico participamos no proxecto “Rapazas Emprendedoras nas TIC”. No primeiro trimestre realizamos diferentes procuras de información na Rede e biblioteca do centro sobre unha ou varias mulleres que fixeron ou fan grandes aportacións á sociedade.

Os murais xunto as maquetas, son os primeiros pasos para a elaboración dos produtos finais para a feira de ciencias.

 

 

MeteoEscolas!

Un ano máis traballamos sobre os fenómenos atmosféricos a través do programa educativo “MeteoEscolas”. Simultaneamente reforzamos aprendizaxes como a recollida de datos, a análise dos resultados e a representación da información a través de diferentes maneiras.

 

Actividades e saídas


O cálculo matemático é sempre unha garantía para o noso día a día. Posibilita calcular prezos, repartos e mesmo fomenta a axilidade mental. En quinto traballamos co método “El Quinzet”, un método antigo pero efectivo e amplamente estudado para mellorar a rapidez no cálculo mental.


No cole tivemos á TVG para entrevistar ao alumnado sobre os bancos da amizade.
Unha iniciativa ben interesante para combater á soidade e previr o acoso.

 

O alumnado de quinto realizou a visita anual ao Festival Internacional de Curtas.

 

A FESTA DO MAGOSTO NA ESCOLA

O xoves 14 celebramos a festa do magosto na escola compartindo diferentes actividades o alumnado de primeiro e segundo: cantamos cantigas populares relacionadas co Magosto, aprendemos adiviñas, realizamos un circuito de xogos tradicionais  e para rematar comemos as castañas asadas todos xuntos no patio facendo unha roda.

Gozamos do veranciño de San Martiño e pasámolo xenial!

MAGOSTO 2024

O pasado xoves, 14 de novembro, celebramos o Magosto no noso cole.

Este ano foi un ano rico en castañas así que comemos nelas ata fartar. pero o mellor de todo foron os xogos tradicionais.

Grazas a asociación CORREDOIRAS por ser tan amables e altruístas e permitiirnos gozar tanto.

 

Distribuir contido