blogue deMacu Rodríguez
O noso magosto
Enviado por Macu Rodríguez o Dom, 17/11/2024 - 20:11O pasado xoves día 14 tivemos a sorte de volver a desfrutar
dunha das nosas festividades favoritas, O MAGOSTO.
Con tal motivo, durante os días previos na aula realizamos
unha serie de comprensións lectoras sobre a tradición do
magosto así como a lectura e recitado de poemas sobre
esta festa. Ademais, na sesión de ARTS realizamos unhas
coroas cunha castaña para poñernos ese día na cabeza.
E como ben dí o refraneiro, “polo San Martiño trompos ao
camiño”, motivo polo que antes de desfrutar unhas
riquisimas castañas o xoves tivemos uns obradoiros de
xogos populares entre os que atopamos a carreira de
zancos; salto de corda, carreira de chapas, xogos de
construción,...e o máis importante un gran momento de
diversión cos nosxs compañeirxs de 1º e doutro 2º e todo
isto grazas á asociación CORREDOIRAS.
Finalmente, chegaron as castañas, as cales estaban deliciosas
e fixeron que as nosas barrigas estiveran moi contentas!
Esperamos con ansias a próxima festividade!
E CHEGOU O SAMAÍN!!!!!
Enviado por Macu Rodríguez o Sáb, 02/11/2024 - 22:02UN SAMAÍN DE MEDO!!!!
E COMO ISTO É UN NON PARAR... CHEGOU O SAMAÍN E ... MENUDA FESTA...!!! Pasamos toda a mañá de OBRADOIROS!!
Comezamos a xornada no BIBLIOCASTELO con “CONTOS PARA NON DURMIR” que xs compañeirxs de 6º prepararon especialmente para nós!!!!
Despois, subimos á aula de inglés, onde a profe Geli nos agardaba para facer unha cabaza máxica que contiña gominolas!!!
A continuación , gravamos coa profe Rosa Louro varias mensaxes en lingua de signos ao máis puro estilo de ESTHER ESTÉVEZ e o seu ”DÍGOCHO EU”!!! A ver se imos conseguindo expresarnos cada vez mellor cando falamos en galego. Que... FALAMOS QUE DÁ MEDO!!!
Como xa apertaba a fame... fixemos unha paradiña para ir a clase e saborear unha riquísima merenda a base de larpeiradas que trouxemos para compartir.
Ao rematar, deixamos todo recollidiño e baixamos a gozar do recreo. Mesmo aínda nos dou tempo a visitar o patio dxs maiores para atoparnos con compañeirxs doutros cursos, botar uns bailes e xogar.
PASÁMOLO DE MEDO!!!!
PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS.
CELEBRAMOS O ANIVERSARIIO DE PAPIRUS!!
Enviado por Macu Rodríguez o Sáb, 02/11/2024 - 15:25CONVERTÉMONOS EN MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES!!!!
O venres da semana pasada celebramos o aniversario de PAPIRUS cxs compis e coas nosas mestras de INFANTIL!!! Foi unha festa fantástica!!!Debiamos exercer de madriñas e padriños lectores e, como na ROMARÍA DE FIN DE CURSO nós seremos XS TITIRITEIRXS DA PEDRA, decidimos que a mellor maneira de facelo sería montando unha obra de teatro de monicreques.
Escollemos o conto dos SACAPENAS, de ANTHONY BROWNE, que nos encanta!!, e puxémonos mans á obra!
Foron días de moito traballo, tiñamos que elaborar un guión para converter a narración nun texto teatral con anotacións e diálogos; debuxar as personaxes para convertelas en monicreques, ensaiar moito, gravar as voces na radio (grazas á profe Lina, que nos axudou moitísimo!!!)...
Pero, sen dúbida, pagou a pena!!! Axs nosxs compis e profes de Infantil gustoulles moito!!
Para rematar regalámoslles cadanseu SACAPENAS para que poidan compartir con elxs as súas preocupacións. Elxs tamén nos sorprenderon; xa que prepararan para nós un agasallo: unha pulseira moi bonita feita con boliñas de cores e un PAPIRUS en miniatura!! FOI UNHA SORPRESA LINDÍSIMA!!
Antes de despedirnos, cantamos xuntxs a canción de PAPIRUS e fixemos unha con el para gardar de recordo.
FOI UN DÍA XENIAL!!!!
Premede na imaxe para ver o vídeo.
VIVIMOS O RURAL NA GRANXA-ESCOLA SERANTELLOS
Enviado por Macu Rodríguez o Ven, 01/11/2024 - 15:57PASAMOS A XORNADA GRANXA-ESCOLA SERANTELLOS
Estas dúas semanas están sendo moi intensas. Imos de festa en festa!!
O martes pasado fomos de excursión todo o día e pasamos unha xornada magnífica na GRANXA-ESCOLA SERANTELLOS, en CAMBADOS, grazas ao programa da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA chamado “VIVE O RURAL”!!!
Vimos unha chea de animais!:
Toda clase de aves: ocas, patos, galiñas, pavos reais, faisáns, ninfas; mamíferos grandes e pequenos: desde unha vaca ata unhas cobaias!!, porcos, ovellas, cabuxiñas e un poni!!
Estivemos nunha leira na que había millo, regaláronnos unhas cabaciñas moi curiosas que unha vez secas poden funcionar coma buxainas e mesmo fixemos pan!!!
Foi un día fantástico!!!
Premede na imaxe para ver as fotos!!
XA ESTAMOS EN SEGUNDO!!!
Enviado por Macu Rodríguez o Dom, 29/09/2024 - 20:02XA ESTAMOS EN 2º!!!
Benqueridas familias:
Permitídenos que desde o noso blog vos deamos a benvida a este novo curso cheo de novos e motivadores proxectos!
Este será un ano de consolidación das aprendizaxes iniciadas en 1º e o trampolín de saída para o segundo ciclo.
Aquí vos deixamos a presentación de diapositivas que proxectamos na reunión de familias do 17 de setembro.
MOI FELIZ CURSO A TODXS!!!
PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO
ARQUIVOS DE VERÁN
Enviado por Macu Rodríguez o Ven, 28/06/2024 - 11:15Ola, familias!!
Deixámosvos nets enlace unha selección de arquivos en pdf cunha selección de fichas para imprimir.
QUE PASEDES MOI FELIZ VERÁN!!
https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/YLfNxxE28NrHEb2
DESCUBRIMOS OS MISTERIOS DA METEOROLOXÍA
Enviado por Macu Rodríguez o Mér, 19/06/2024 - 22:16Este curso aprendemos a traballar no eido da METEOROLOXÍA!
Durante unha semana tomamos nota das temperaturas, a presión atmosférica, a humidade, as precipitacións...
Fixémolo por partida dobre, en dúas épocas diferentes: entre xaneiro e febreiro e entre maio e xuño.
A primeira hora da mañá, antes de subir a clase, iamos á caseta meteorolóxica e tomabamos nota das medicións e, inmediatamente, nos dirixiamos ao PANEL DAS METEOESCOLAS que temos no corredor do BIBLIOCASTELO, para rexistrar a información.
Nas primeiras semanas de febreiro, cando chegou a primeira quenda, puxémonos mans á obra!! E para facelo, foi necesario aprender varios conceptos que para nós eran novos.
· TEMPERATURAS:
o MÁXIMA
o MÍNIMA
· PRESIÓN ATMOSFÉRICA
· HUMIDADE
· PRECIPITACIÓNS
ENCÁNTANOS ESTA TAREFA!!!
Entre a última semana de maio e a primeira de xuño, repetimos experiencia e volveu suceder algo parecido á ocasión anterior.
A finais de xaneiro e nos primeiros días de febreiro, as temperaturas foron moi altas para a época do ano e non choveu nin unha pinga.
Polo contrario, cando lles tocou axs compañeirxs de 1º B facer as súas medicións, as precipitacións foron moi abundantes; tanto, que houbo algún deses días nos que non puidemos saír a medir porque chovía moitísimo.
Encántanos esta actividade e sérvenos para reflexionar sobre o terrible problema do cambio climático.
Como ademais nos coincidiu coa celebración do DÍA MUNDIAL DA AUGA o día 22 DE MARZO e o DÍA MUNDIAL DO PLANETA, O 22 DE ABRIL, vimos varias curtametraxes na aula, LEMOS O CONTO DA “BALLENA LLENA” e gravamos na radio escolar un fermoso poema que compuxo a profe María Martínez para reflexionar sobre temas como o uso dos plásticos, a contaminación, o consumo de auga, a reciclaxe...
Entre a última semana de maio e a primeira de xuño, levamos a cabo a derradeira quenda deste curso e fixádevos que curioso; outra vez sucedeu que nos últimos días choveu máis que na semana anterior, igual que nas outras dúas ocasións!!
Temos que coidar o planeta e cumprir cos 3 R, reducir o consumo de plásticos, reutilizar e reciclar!!
PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO
COÑECER BUEU
Enviado por Macu Rodríguez o Xov, 13/06/2024 - 22:08Non se podía ocorrer mellor forma de pechar o os proxectos de Coñecemento do Medio que cos tesouros desta fermosa terra na que vivimos e da que formamos parte.
Queremos compartir con vós a emoción de coñecer Bueu, as súas paisaxes, a súa Historia, as súas xentes...
Desexamos que vos guste!
PREMEDE NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN.
E POR FIN CHEGHOU O DÍA DA EXCURSIÓN!!
Enviado por Macu Rodríguez o Xov, 13/06/2024 - 22:04Por fin a longa espera chegara ao seu fin e nerviosxs e ilusionadxs subimos ao autobús de Cerqueiro que nos agardaba diante do cole para pasar todo o día de excursión!!
Pola mañá, visitamos o CASTELO DE SOUTOMAIOR e logo, pasamos o resto da xornada no PARQUE FORESTAL DO VIXIADOR, en Candeán, VIGO.
Ás sete e media da tarde regresamos ao cole.
PASÁMOLO PIPA!!! A VER A ONDE IMOS O ANO QUE VÉN...
PREMEDE NO ENLACE PARA VER O VÍDEO.