Blogues
ANACOS DE VIDA
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Sáb, 19/10/2019 - 16:28O equipo de gravación dun novo programa da TVG que empezará a emitirse nos próximos meses "ANACOS DE VIDA" estivo no noso cole.
Por uns días o noso alumnado viuse rodeado de cámaras e focos.
A través de fotos antigas os rapaces/zas foron contando pequenos anacos da historia de Bueu e visitaron varias zonas da localidade.
O venres 4 de outubro o equipo presentouse na escola cun autobús dos anos 50 para filmar esceas de exterior.
Estamos agardando con impaciencia o resultado.
EXPOSICIÓN FILATÉLICA "O MUNDO DOS SELLOS"
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Sáb, 19/10/2019 - 16:04Dende o luns 30 de setembro e ata o xoves 3 de outubro a nosa escola tivo o pracer de contar coa exposición Filatélica "O mundo dos selos", organizada pola Comisión de Xuventude da Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI) e patrocinada por Correos.
A actividade contou con varias propostas:
Unha exposición de 10 paneis con vitrinas nas que se facía un pequeno percorrido polo mundo dos selos, incluindo varios documentos historicos, o primeiro selo do mundo e de España, todos eles orixinais.
Esta parte foi presentada ao alumnado como visita-guiada por Juán Carlos Blanco, monitor do FESOFI.
Por outra banda o alumnado participou nun obradoiro filatélico e de escritura.
O martes 1 de outubro houbo unha presentación oficial coa presenza de representantes de distintos sectores da comunidade educativa: profesorado, concello, anpa e familias e equipos directivos doutros centros do concello.
O FESOFI fixo entrega ao equipo directivo dunha placa conmemorativa e os 3 selos de curso legal editados pola Fábrica de Moeda e Timbre, dous dos cales foron deseñados por Marc Taeger.
O martes 1 e o mércores 2 de outubro houbo xornadas de portas abertas con obradoiros e xogos dirixidos por Juán Carlos Blanco para os rapaces/zas.
A prensa tamén se fíxo eco deste evento
Se queredes saber máis sobre esta interesante actividade aquí vos deixo varios enlaces:
PREMIO OUFF ESCOLA OURENSE
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Sáb, 05/10/2019 - 15:30O noso cole foi un dos centros premiados na décima edición do certame OUFF Escola, que convocan a Concellería de Turismo de Ourense e a Consellería de Cultura no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense. Os "trasnos" recibiron o Premio Blanco Amar ao mellor guión polo seu traballo audiovisual "É o meu aniversario".
O alumnado de 6º de infantil, que realizou este fermoso traballo o curso pasado, achegouse coas súas mestras ao Auditorio de Ourense como finalista para recibir o galardón.
Preme nos seguintes enlaces para saber máis:
LORENZO, UN FURACÁN ATÍPICO QUE SE DIRIXE CARA A EUROPA
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Xov, 26/09/2019 - 16:29Os modelos apuntan a que pasará preto dos Azores, pero aínda é cedo para saber se os seus efectos se notarán en Galicia.
Por agora é moi difícil saber se Lorenzo acabará deixando pegada en Galicia, pero moitos ollos xa están mirando cara ao Atlántico central para ver como se vai desenvolver este fenómeno, convertido en furacán. O que parece máis claro é que se trata dun furacán atípico, que ao contrario da gran maioría destes casos, vai moverse cara ao leste e, en vez de impactar coa costa americana, chegará ás proximidades do litoral europeo. Onde si teñen razóns para estar preocupados é no arquipélago das Azores, xa que a traxectoria de Lorenzo na próxima semana apunta cara a estas illas.
Agora mesmo, tal e como expón o Centro Nacional de Furacáns (NHC) dos Estados Unidos, Lorenzo é xa un “major“, é dicir, acadou a categoría 3 na escala Saffir-Simpson de velocidade de vento, que vai do 1 ao 5. Isto tradúcese en refachos que poden chegar aos 208 quilómetros por hora. Afortunadamente, atópase no medio do Atlántico, sen afectar a terra firme.
Pero as predicións son perigosas, canto menos nos Azores. o NHC expón que, a partir do domingo, Lorenzo comezará a moverse cara ao noreste, nunha liña coincidente co arquipélago portugués, e posteriormente achegarase ao oeste de Irlanda. Con todo, a maioría dos modelos expoñen que, ademais de ir perdendo forza e converterse posiblemente nunha borrasca extratropical, a parte máis potente de Lorenzo non tocará terra. E por agora, con todo, haberá que agardar para saber en que medida afectará a Galicia.
O ciclón Lorenzo atópase arestora no Atlántico tropical. Os prognósticos indican que na vindeira semana, entre o mércores e o xoves, se moverá entre Azores e Irlanda pero aínda é cedo para saber se notaremos os seus efectos sobre Galicia.
Deste xeito, e polas mesmas datas, repítese de novo un panorama xa vivido en 2017 e 2018. Hai dous anos foi Ofelia, tristemente recordado pola súa coincidencia coa gran vaga de incendios do 15 de outubro de 2017, xusto o momento no que os refachos de máis de 100 km/h, unidos ás altas temperaturas e á seca, ademais da actividade incendiaria, calcinaron centos de miles de hectáreas en Galicia e Portugal. O ano pasado foi a quenda de Leslie, que afectou en maior medida a Portugal, pero tamén deixou pegada, convertido en tormenta extratropical, ao longo de España.
UN COMEZO DE CINE CO FIC
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Dom, 15/09/2019 - 11:50Como vimos facendo nos últimos anos, estes primeiros días de curso todo o alumnado do noso centro asiste, por quendas, ao Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.
O FIC ofrécenos, na súa duodécima edición, un completo programa que inclúe a proxección de máis dun cento de curtas e múltiples actividades paralelas.
Os máis pequenos/as do cole asistiron á proxección de 7 curtametraxes de diferentes nacionalidades e seleccionadas especialmente para eles na Sección Irmandade.
O alumnado de 1º, 2º e 3º gozou dunha selección de curtametraxes dentro da Sección Infantil, composta tamén de 7 títulos, con temática e procedencia variada.
Os maiores do coles 4º, 5º e 6º visionaron 6 curtas dentro da Sección Xuvenil, tamén de procedencia e temas variados e axeitados as súas idades.
Ao remate das sesións Infantil e Xuvenil houbo un pequeno coloquio sobre as curtas a cargo do persoal organizador do evento.
Dende o CEIP Plurilingüe A Pedra queremos agradecer a invitación e a fantástica organización coa que nos sorprende cada ano o FIC. Ademáis, destacar a boa selección de curtas proxectadas en todos os niveis.
Agardamos seguir asistindo ás seguintes edicións do Festival.
BENVIDA AO CURSO 2019/20
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Sáb, 14/09/2019 - 11:40Damos a benvida ao noso alumnado e as súas familias a un novo curso escolar e como novidade queremos amosarvos o patio da entrada do cole de primaria:
Foi un traballo artístico obra de Marc Taeger que empezou co deseño do proxecto, no terceiro trimestre do curso pasado.
No mes de xullo e durante varias semanas Marc plasmou no asfalto do noso patio os xogos. Aquí vos deixo algunha imaxe do proceso:
Os máis pequenos xa os estrearon estes días.
OS RESTOS DA PINGA FRÍA CHEGAN A GALICIA ESTE DOMINGO
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Ven, 13/09/2019 - 16:29PINTANDO CONTOS CON MIRÓ
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Mér, 12/06/2019 - 20:59O 22 de maio o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria, tivo a gran sorte de asistir a un contacontos no Bibliocastelo, da man de Esteban de Tarabelos Teatro.
Primeiro lles contou a historia da " A viaxe de Nele" mentras a ía ilustrando. A continuación pediulles que fixeran uns puzles e así aprenderon como pintaba Miró.
Por último, os nenos/as animáronse a probar a técnica do gran pintor, facendo debuxos do conto de Nele que despois Esteban plasmou no muro do exterior da biblioteca.
O noso alumnado pasouno xenial pintando as ilustracións e o resultado quedou impresionante.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89