blogue deAmalia Omil
ANIVERSARIO DE PAPIPUS
Enviado por Amalia Omil o Sáb, 26/10/2024 - 19:55AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES
O 24 de outubro é data maís sinalada no cole. O noso polbiño Papirus está de aniversario e temos que celebralo por todo o alto.
O alumnado de terceiro xa levabamos uns diíñas ensaiando as obras que lle queriamos representar ás nosas afilladas e afillados lectores.
Chegado o día fomos buscalxs ás aulas de infantil "QUE RECORDOS" ! Eran os nenos e nenas das profes Toñi e Teru, que foron as nosa mestras, e ás que lles temos un cariño inmenso.
Todxs xuntiñxs, collidxs da man fomos ao Bibliocastelo. Os pelouriños e os furabolos sentáronse esperando que comezara o teatro.
E nós, emocionadxs, empezamos as nosas obras!
A CASA DA MOSCA CHOSCA
O COELLIÑO BRANCO
Os pelouriños e os furabolos agradeceron a nosa representación e agasalláronnos cunhas tarxetiñas e uns mini Papirus preciosos.
Logo fomos ver o vídeo de presentación do proxecto deste ano que fixeron o alumnado de sexto:
QUE SUBA O PANO!
Finalmente cantámoslle os parabéns a Papirus!
Foi un día moi especial, deses que nos encantaría repetir!
ESTALEIRO DE PURRO
Enviado por Amalia Omil o Xov, 17/10/2024 - 14:47
Hoxe visitamos o estaleiro de Purro.
Alí esperábanos Miriam, que nos contou en que consistía o oficio da carpintaría de ribeira que se realizaba alí.
Falounos de embarcacións tradicionais e de ferramentas. Aprendemos palabras como quilla, babor, estribor, proa, popa ou sarxentos.
Quedounos claro a diferenza entre bote polbeiro, chalana ou dorna. Tamén somos capaces de distinguir entre vela mística, latina ou relinga.
A verdade é que valeu a pena esta saídiña do cole para saber máis sobre a historia da nosa vila. Aproveitamos tamén para facer algunha parada pola vila e sacar algunha foto.
FIC 2024. A ABELLIÑA QUE PERDEU AS ÁS
Enviado por Amalia Omil o Dom, 22/09/2024 - 11:22O MINIFIC, é como cada ano o punto de partida do curso escolar no noso centro.
Pero este ano para o alumnado de terceiro foi especialmente importante porque fomos finalistas do MINIFIC, na categoría de Educación Especial e Primaria, pola curta que fixemos o curso pasado.
“A ABELLIÑA QUE PERDEU AS ÁS”
Así que fomos invitadxs á gala das escolas o sábado 21 de setembro. Acompañáronnos as mestras de segundo Rosa e Marta.
Conseguimos un diploma, un lote de libros, e o máis importante o recoñecemento do público.
A curta gañadora foi SOS Pokemon do CEIP de Ardán. Os nosos parabéns ao alumnado e profesorado porque nos encantou!
Gustaríanos aproveitar esta publicación, para contarvos que esta semana tamén fomos ao FIC, para ver cinco curtas que por certo nos gustaron moito.
Ao volver da clase votamos e a que gañou nas dúas clase foi a curtametraxe PUAG.
O noso agradecemento á organización do festival por convidarnos.
Seguiremos gozando do FIC, coa proposta didáctica, xa dentro das nosas aulas.
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO: AVENTURA DAKART E ACUARIO DO GROVE
Enviado por Amalia Omil o Mér, 29/05/2024 - 18:13O mellor día do curso, fíxose realidade o 28 de maio, cando o alumnado de terceiro e cuarto fomos de excursión a Aventura Dakart en Sanxenxo e ao Acurio do Grove.
No vídeo seguinte tedes un resumo de imaxes e momentos para que poidades comprobar o ben que o pasamos.
Sen dúbida repetiremos!
LIBRO HOMENAXE ÁS MULLERES DEPORTISTAS
Enviado por Amalia Omil o Lun, 27/05/2024 - 19:33Neste libro, elaborado con todo o amor do mundo, quixemos unir o proxecto interdiscipinair deste curso "As Olimpíadas de Papirus" e ademais poñer en valor o deporte realizado por mulleres.
Tratamos de incluír principañmente deportistas galegas pero tamén engadimos mulleres de outras comunidades de España. Hai moita variedade de disciplinas e tivemos moi conta o deporte adaptado
Esperamos que gocedes coñecéndoas tanto coma nós.
LETRAS GALEGAS 2024 "HOMENAXE A LUÍSA VILLALTA"
Enviado por Amalia Omil o Ven, 17/05/2024 - 19:35Este é o mural dedicado a LUÍSA VILLALTA, que preside a entrada do noso cole. Todo o alumnado do cole puxo o seu anaco para que o resultado final fose este.
Mentres a rapazada de infantil decorou as letras, o alumnado de primeiro ciclo reproduCIU citas da escritora coruñesa, o de segundo ciclo deixou constancia de partes importantes da súa biografía e do seu activismo social e o de terceiro ciclo escribiu nos pentagramas algún poema.
Esta é a aportación e cuarto de primaria.
Celebramos a festa das letras galegas este mércores despois do recreo. Primeiro lemos as nosas aportacións no mural.
Finalmente cantamos todxs xuntxs o himno galego.
OBRADOIRO DE ALFOMBRAS COA ASOCIACIÓN CUNCHAS E FLORES DE BUEU
Enviado por Amalia Omil o Lun, 13/05/2024 - 14:45Este luns, 13 de maio, o alumnado de cuarto tivemos a sorte de elaborar alfombras no patio do noso cole grazas á iniciativa da asociación “Cunchas e flores de Bueu”.
Contáronnos a importancia desta tradición en Bueu e que a súa intención e que a rapazada a continuemos. Despois fomos directamente para o patio cuberto porque a meteoroloxía non nos permitiu outra opción. Pasámolo xenial!
Realizamos todas as fases: Primeiro pintamos con xiz os debuxos, despois perfilamos con cunchas e por último enchemos os ocos dos debuxos con cores diversas. Quedounos perfecto!
Somos moitxs os que este ano queremos repetir a experiencia nas rúas de Bueu o próximo 1 de xuño.
PHO3NIX KIDS
Enviado por Amalia Omil o Mér, 08/05/2024 - 18:14Co gallo do noso proxecto de centro, AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS, seguimos realizando actividades relacionadas co deporte.
Este mércores, 8 de maio, o alumnado de primeiro, segundo, terceiro e cuarto gozamos dunha moi divertida e instrutiva..
Encantounos esta visita da Asociación Pho3nix kids, da que Javier Gómez Noya é o seu embaixador. Ten como obxectivo promocionar e fomentar a diversión realizando exercicio físico entre os nenos e as nenas coa práctica do triatlón. Pois obxectivo conseguido con todo o alumnado participante do CEIP PLURILINGÜE A PEDRA, parabéns polo voso traballo
Moitas grazas!
CORRELINGUA 2024
Enviado por Amalia Omil o Mar, 07/05/2024 - 17:56As rúas de Bueu convertéronse nunha auténtica festa, este martes, 7 de maio, ao recibir a visita do alumnado dos colexios de toda a comarca no Correlingua da comarca.
Baixo o lema “Dende aquí ata acolá, galego xa” a rapazada percorreu as rúas para reivindicar o uso da nosa lingua.
Tras a marcha reuníronse na praza Massó para escoitar o manifesto da actriz Isabel Risco e do alumnado do IES Joham Carballeira. Despois de merendar a festa continuou co concerto do grupo infantil A Gramola Gominola.
Os nenos e nenas do CEIP A Pedra de Bueu levaban camiseta branca na que levaban unha palabra relacionada co deporte, relacionando así esta conmemoración co PDI do centro "As Olimpíadasde Papirus"
OBRADOIRO DE MICROPLÁSTICOS PROGRAMA PONTE A ZERO DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Enviado por Amalia Omil o Xov, 02/05/2024 - 19:59Antón xa é un vello coñecido doa alumnado de cuarto. O ano pasado veu ensinarnos quen vivía no composteiro, pero hoxe dounos unha charla interesantísima sobre os microplásticos
Contounos que están no mar, na selva, no corpo humano, nos animais, nas plantas. Explicounos que existen tamén os nanoplásticos, infinitamente máis pequenos e que xa se atopan no aire e chegan aos nosos pulmóns.
Todxs entendiamos que unha vez o plástico se vai desgastando convértese en esa substancias microscópicas pero o que non sabiamos e que moitos deses plásticos xa nacen sendo microscópicas como son os compostos das rodas dos coches, a pintura branca das estradas, as sinais de tráfico, se vos fixades todas teñen en común que brillan de noite. A nosa roupa está composta en gran parte por eses polímeros e cada vez que a lavamos vaise pola rede de sumidoiros e chega ao mar ou aos ríos.
Despois fixemos un obradoiro moi práctico e divertido coa area da praia.
·
Primeiro cos coadores peneirámola e sacamos os plásticos máis grandes.
·
Despois coas lupas atopamos outros máis pequenos.
·
Finalmente utilizamos as lupas binoculares, semellantes aos microscopios e atopamos por fin eses microplásticos que a simple vista eran imposibles de ver.
SABEMOS QUE A ÚNICA SOLUCIÓN E ELIMINAR O USO DE PLÁSTICOS DA NOSA VIDA.
No seguinte vídeo tedes imaxes do obradoiro.